A xente de Vieiros decidiu darlle unha volta á súa imaxe. É certo que, como algún comentou, vai na liña de outros xornais dixitais, que tamén lavaron a cara non hai moito.
betavieiros.jpg

Comparando Vieiros con elmundo.es, lider dos xornais dixitais en castelán) vemos que o estilo é moito mais limpo, moito mais semellante a elpais.com, que supoño eu que sería fonte de inspiración dos deseñadores.

O novo Vieiros manten moitos dos seus elementos de identidade e engade novos elementos que haberá que ver o que dan de si, como poden ser os videos, ainda non acesibeis na beta. Unha das cousas que destacaría (polo que me toca) é a nova ubicación do espazo adicado ó Blogomillo na súa páxina, moito mais destacado que na súa situación anterior. Ademais, entre os tres exemplos estáticos que puxeron, ademais de brétemas e dpaso puxeron unha entrada deste blogue. Supoño que se deberá a algúns dos coñecidos que teño nas tripas de vieiros, pero non por iso deixa de ser agradable.

Outro tema, de moita mais importancia é o da publicidade. Sen moito traballo suprimin desta captura o 75% da publicidade que había na páxina. Moito mais difícil sería en elmundo ou elpais, pero incluso en lavozdegalicia.es o nível de publicidade é superior. Este detalle fala de audiencias, é un indicador moito mellor que calquera contador de visitas que poidamos poñer. E non vou falar do tipo de publicidade que hai nun e noutro sitio, que daría para falar moito.

Xa son moitos anos con Vieiros como páxina de inicio do meu navegador, ainda que agora comparta espazo con outras, nomeadamente co Chuza. E seguira moito mais se seguen facendo as cousas ben.

Engadido: Calidonia fai unha análise mais polo miudo e fai unha proposta alternativa tomando como base o novo deseño.

Chuzame! chúzame -