Abráiame as cousas que fan os políticos. En realidade non son abraiantes os políticos, o abraiante é a sociedade enteira na que nos tocou vivir.

Señor Clos, despedido.
¿Que como que despedido? Pois si, despedido.
Señor Clos, vostede traballa para min. Para min e para uns cantos millóns de persoas mais. Vostede non traballa para as compañías de telecomunicacións, e o seu traballo, entre outras cousas, é dirixir o mercado das telecomunicacións ¿Non é?
Como en España as cousas son menos serias que… (non se me ocorre algo tan pouco serio como para que vostede se faga unha idea)
Vostede di que as chamadas a móbiles son mais baixas en España que en Europa… ¿E?. Ninguén pedía que as baixaran mais. Pero claro, QUE SE POÑAN DE ACORDO OS TRES PARA SUBIR O MESMO DÍA Á MESMA HORA, A MESMA CANTIDADE pareceunos raro. Desculpe señor subordinado.
Por iso o quero despedir, porque non cumple cas súas tarefas con lealdade, porque defende a alguén que da a impresión de que conspira contra nos. Digo que da a impresión porque se tivera probas xa iría ós tribunais, só teño indicios. As que lle pagan o soldo non son as empresas de telecomunicacións (creo) así que defenda ós consumidores. Ou á competencia, se quere poñerse vostede macroeconómico, ho.
Se quere compararnos con Europa dígame que prezo ten alí a conexión á banda larga e que porcentaxe da poboación ten acceso a ela. Si, Galicia tamén está dentro das súas competencias. ¡Vaites! Si, xa me decatara de que vostede o esquecera.
Señor Clos, é vostede un impresentable, pero non o podo despedir, por iso lle pido que dimita.
Non vale de nada, pero quedo mais tranquilo.
Grazas.
Tamén lle podemos facer mobbing no traballo, até que pille unha baixa por depresión
Said by zerovacas 22 Febreiro, 2007 at about 10:53 p.m.
Pois anda que o presi da SEPI…
Said by mendinho 23 Febreiro, 2007 at about 12:12 p.m.
Ghanito, gustoume moito o argumento. Gusto da protesta e a caña ós políticos. Ben feito e ben dito.
Said by AnxoD 23 Febreiro, 2007 at about 3:42 p.m.
Molaría a posibilidade dun impeachment
Said by mendinho 23 Febreiro, 2007 at about 7:56 p.m.
Eu digo o mesmo que Mendinho: molaría que existise un procedimento polo que se puidese solicitar o despido de un cargo político, claro que os partidos tamén o usarían para o seu «tócalle o carallo» diario.
Said by F. Miguez 26 Febreiro, 2007 at about 5:47 p.m.
[...] Disque van investigar ás operadoras de telefonía móbil orange, movistar e vodafone por pactar a suba dos seus prezos. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Pactando 15 Outubro, 2007 at about 8:29 p.m.
[...] falara no seu día da pouca vergoña que tiña o goberno defendendo ás compañias fronte os intereses dos [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Os politicos chamando aos cidadáns delincuentes 2 Decembro, 2008 at about 5:28 p.m.
[...] aos votantes e non aos lobbys que lles fan gobernar contra eses votantes. E chove sobre mollado unha vez mais. Escrito en Cultura, Rede por ghanito | Ligazón permanente | Sen [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Manifesto ‘En defensa dos dereitos fundamentais en Internet’ 3 Decembro, 2009 at about 9:15 p.m.