Seguindo ca semana CUAC, despois da promoción de onte á festa do venres, hoxe fixen unha visita á propia radio, que nunca estivera alí ainda. Só vira gravar aquel programa de e-music no centro On.

Fun convidado pola xente de Perfidia, que onte mesmo botou a andar a súa aventura tamén na rede, xa podedes descargar un novo podcast en galego, as gravacións do programa perfidia xa están en podomatic.

Antes do programa tivemos que facer unha breve parada na pérgola, para non ter sede durante o programa. Aquí os culpables da desfeita poñendo cara de bos.

previa.jpg

Da igual que non lle vexades as caras, non enganaban a ninguén.

Chegamos cando ainda estaba Sak facendo e-music, un programa 'como Dios manda'. Despois úniuse a eles, como é costume no seu 'cuarto escuro'.

cuartoescuro.jpg

Podedes botar unha ollada, ó fondo, á calidade do aislamento acústico. Que saudade dos tempos de tocar en Cabral nun cuarto forrado de caixas de ovos polas catro paredes.

Pero a electrónica foi unha ilusión (ainda que neste caso, co hey boy, hey girl dos chemical brothers todos deran o seu visto bo) chegou a hora do R'n'R.

demo.jpg

O traxe do locutor non sei se é obrigado ou casual, pero o rapaz podía presentar un telexornal. Só pola pinta, así que falara ninguén se deixaría enganar.

E mais nada xa vedes onde gravan tanto perfidia coma e-music, só queda que baixedes os dous podcast e probedes. A algún de vos mesmo podería gustarlle. ¿Podedes imaxinar que iso sucedera? ¡E de balde!

josecouso.jpg

¡Vémonos o venres!

Chuzame! chúzame -