Onte non levei a cámara á festa-concerto de e-music porque non sei onde teño as pilas.
Xa non é que as teña sen cargar ou que teñan pouca duración. Xa non sei nin onde as teño.
¿Será desculpa abondo para mercar unha nova cámara? ¿Terei que mercar só as novas baterías e seguir ca mesma cámara que ainda chega para o uso que lle dou?
Por este motivo as únicas fotos que teño están feitas co móbil.
Ainda que fixen moitas fotos, pero algunha ca cámara de Modesto e as mais delas ca de maríademallou.
Precisamente os dous saen nesta fotografía.

Eu saio á esquerda, ó meu lado maríademallou, besbellinha e detrás de nos, Modesto. Ó fondo á dereita case non se pode ver a Calidonia.
Pero para non adiantar acontecementos, a noite tiña previsto comezar en La Mediterranea, sítio no que quedáramos para cear con Nemtele, xa que era un sitio apto para todos os públicos, vexetarianos incluidos. O problema foi que chegamos tarde. Non sei canto de tarde pero moito, o local debe levar pechado xa meses, que non estaba a placa do Concello da porta nin o mobiliario dentro.
Improvisando tiramos cara a un kebab preto de Atocha, xa que Nemtele non aparecera e o resto eramos todos carnívoros. Estábamos daquela ascárida, Modesto, aluguer (que hai tempo pediume que non lle puxera ligazóns), ictios e mais eu. A señora Colombo prometera asistir, pero o xoves esvarou no baño e mancouse (nada grave) e non veu. (a súa lenda continúa).
Descubrimos que o vello truco de ver se hai xente ou non nun local era acertado tamén desta vez. Hai dous kebabs moi preto na mesma rua, e ó que nos encamiñábamos estaba moi cheo de xente, polo que fomos ó outro. Se a camareira fora mais agradable probablemente a xente estaría mais repartida entre os dous. Anotado para a próxima.
Durante a cea descubrimos que hai lugares no mundo (de cuyo nombre no me quiero acordar) no que a concentración de mulleres frikis é infinitamente superior á media. E xa nos deron as doce e tiramos cara ó 14, onde estaba Sak e o resto de colaboradores do programa. Sak cumpliu a promesa e convidoume a unha copa, a camiseta non a gañei.
Saudei a Gustavo Harvey e maríademallou, que estaba con besbellinha e aquí voltamos xa á foto do comezo.
Mais tarde chegou Calidonia, que non é moi habitual de saraos chuceiros, e non o vira desde hai tempo.

Traía barba completa, non coma Modesto, que afeitou o bigode como paso previo a unirse á relixión Amish.

Mais tarde chegou tamén lourixe, unha das últimas incorporacións activas ó fedello e que collera sona cun antigo episodio de abducción. ¡Por fin xa lle vimos a cara!.
E tamén coñecín a Vincent Jalo, que levaba o peto cheo de chapas de sono-tone, e as andaba repartindo como se fora o papá noel. E coñecín a maceirax (imperdoable esquecemento, terei que alegar, coma Dinio , que a noite confúndeme).
O que fallou foi case toda a xente de Perfidia, nomeadamente o Jordo, que prometera pasar (anotado queda, meu rei)
O concerto do colectivo oruga estivo ben, ainda que non sexan o meu estilo recoñezo que teñen un son moi bo. E os dj, a verdade e que non me molestaron nada.
Despois do 14, ás non sei que horas a metade ou mais dos chuceiros tiramos cara o Patachím, e despois de moi pouco tempo eu marchei cara ó puticlú, onde estaba o resto da parroquia. Grazas o meu inmenso coñecemento de Montealto este paseo levoume algo de tempo porque aproveitei para coñecer mais o barrio.
Xa no puticlú un momentiño mais dentro e marchei para casa que prometera estar cedo. Aproveitei, con todo, para facer outra visita turística mais no camiño á Praza de España. (xa anotei nas cousas por facer coñecer mais o barrio para a vindeira vez que veña)
Non é xusto que ainda a estas alturas me recrimines unha abducción da que eu fun allea e da que ti mesmo libraches!
Paseino moi ben en Lacoru o venres, foi un pracer coñecer a tantos guapísimos fedelleiros e chuzeiros! Até outra!
Said by lourixe 18 Marzo, 2007 at about 6:29 p.m.
Alégrome de que tras a espectación creada a festa respondera ás vosas espectativas. Para os que vos fostes de puticlú
dicirvos que pechamos o 14 ás 4:30
Gardado queda o dalgún pérfido e tamén o dos que me dixeron eso de «vémonos no playa»
O da camisola todo se andará, estade atentos a vindeiros programas
Said by Sak 19 Marzo, 2007 at about 8:29 p.m.
Por certo, QUERO FOTOS!!!
Said by Sak 19 Marzo, 2007 at about 8:44 p.m.
fui unha festaza sak. podes estar contento! fui xenial ver a tanta xente
Said by mariademallou 19 Marzo, 2007 at about 9:09 p.m.
[...] Na foto podedes ver a Sak aproveitando a noite na festa de e-music na que tocaron os rapaces de colectivo oruga. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Agasallos de e-music 5 Xuño, 2007 at about 5:09 p.m.