Pero non musica Express, música para poñer durante o acto. E o acto é o acto sexual, claro. Como dixo alguén música para ERDF ou mais directamente, música para foder. Esta é unha cadea que comezou maria de mallou despois dunha xornada ociosa (eu diría case psicotrópica) con harvey e que chega a min da man de besbellinha. Ainda que adianto que planificar é mala cousa para según que e ¿quen vai sair da cama para poñer música? Con todo, aí van.
En primeiro lugar recurrirei a un clásico. Tan clásico é Marvin Gaye que a besbelliña tamén escolleu un tema seu, pero eu prefiro Sexual healing, a curación sexual que entrou de neno na miña vida poñendo fondo a tardes de xogos. Non foi até mais maior que descubrín que xogos si, pero de outra caste.
Tamén paréceme moi boa a versión que do tema fai Ben Harper.
Outro clásico do tema é o señor Prince, do seu LP lovesexy escollería Alphabet Street
Se o tema está moi, moi quente e xa estás ‘de humor’, nada mellor que un bo blues lento coma este I’m in the mood de John Lee Hooker
Moito mais contundente pode ser unha noite con Led Zeppelin e o seu Black dog.
e se vos vai ese rollo poderiades seguir tamén con whole lotta love.
E a derradeira non vai ser unha escolla miña, baséase en feitos reais ainda que non vou dicir quen é o protagonista (que despois sábese todo) só direi que eu non fun.
Este amigo estaba cunha rapaza unha noite, pero tan pouco interés estaba poñendo que comezou a aburrirse de contado, inmediatamente, ó momento, ‘no acto’.
Para entreterse comezou a acompasar os seus movementos co que nese mesmo intre estaban poñendo na radio. O tema non era outro que este
Tamén xa foi mala sorte.
E ainda que isto das cadeas estea mal visto eu nunca participara en ningunha, así que teño desculpa se a continuo. E para non seguir con afeccionados pásolle a bola a cinco profesionais do tema:
usuaria, madialeva, fodendo, as miñas mulleres e gaudeatrix.
hahaha… unha escolla flipante. o mellor, sen dúbida, por sorprendente, mecano !
espero por máis. isto con máis xente si que é divertido!!!!
Said by mariademallou 28 Marzo, 2007 at about 8:15 p.m.
todo este meme é para facer subir as accións de youtube? vou facer campaña para que non se fagan post con videos… a crear contidos próprios ho!!
Said by homedareia 28 Marzo, 2007 at about 9:03 p.m.
o mellor para ERDF é alicia keys! sen dúbida!
e seguro que todo dios pensará que é para matarme, pero a min tamén me mola para ERDF unha de Alejandro Sanz, «Cuando nadie me ve»! Non me matedes, pero esa canción é ideal para o acto!
Said by xorna 28 Marzo, 2007 at about 10:34 p.m.
Quedei atontada
Said by besbe 28 Marzo, 2007 at about 11:25 p.m.
[...] March 29th, 2007 Acepto encantada, claro, pero coas miñas condicións. Eu porei 5 cancións coas que lembro ter fodido, non teñen por que ser grandes cancións que acompañen o acto, non son recomendacións, son as que foron. [...]
Pingback by BSO « Fodendo 29 Marzo, 2007 at about 1:45 a.m.
Evidentemente a música forma parte da seducção… Veremos se seguem o jogo laranxa, o palheiro, a Selva de Esmelle, quentidades industriais e mulherde30
Said by gaudeatrix 29 Marzo, 2007 at about 4:07 a.m.
Moi boa, meu. Máis destas, por favor.
Said by Anxo D 29 Marzo, 2007 at about 2:53 p.m.
[...] Non sei se estarei acertado, peroestas poderían ser cinco cancións para foder. 1.- Galleon – so i begin Gústame este video, e non só pola canción. Non me importaba ir pasándole a roupa á rapaza. [...]
Pingback by as miñas mulleres 29 Marzo, 2007 at about 8:06 p.m.
Coincidimos en Marvin, video incluído, pero polo resto tamén suscribo a escolla. E Ben Harper é outro dos grandes mitos erótico-musicais. Por voz e por presenza seductora. Moi boa:)
Said by Raíña Vermella 30 Marzo, 2007 at about 12:44 p.m.
[...] neste meme había que por música no acto… pois ben, a miña última elección, despois de meditalo moito, é esta. non che vou narrar un conto. para esta canción non… esta canción non é para foder, é para facer o amor. hai un abismo entre unha cousa e a outra. é algo que aínda non tiven o pracer de vivir, non me avergonza recoñecelo. podía describir como imaxino que será… pero éme imposible. non quero soñalo… quero vivilo. e sei que estiven moi moi preto. [...]
Pingback by PÉS ESPIDOS 19 Abril, 2007 at about 12:12 p.m.