Ainda que sobrepaso a idade límite para inscribirme na XGN, animado pola presenza no recinto de cidadáns de idade avanzada animeime a quedar con Modesto hoxe á mañá e ver a romaría. Cando eu chegaba marchaba Quín (seica cando el chegou baixaron o volume da musica por aquilo do benestar dos participantes)

Queda claro ademais que non me custa moito ir a Compostela así que alí aparecín ás once da mañá para escoitar a conferencia de Berto e de Daniel Bañobre a resposta foi masiva, a pesar de non estar incluida no programa oficial. Dos 1500 rapaces inscritos estaban alí 10. En realidade 10 eramos incluindo a Berto e Daniel, un de vieiros que facía fotos, outro mais de Compostela wireless e claro, Modesto e mais eu que somos da Senectude Galicia Net. Pero iso si, sacámoslle moito partido á charla.

Con isto queda claro ó que vai facer a xente ás parties: baixar cousas co p2p a velocidades de vértixe (os mais), xogar on line (menos) e pasar un par de noites fora da casa cos amigos (todos) pero non a escoitar conferencias.
A conferencia de berto mais ou menos xa a coñecía no seu contido, falou da evolución do escritorio aillado á rede mundial, á rede 2.0 e ainda alén a web 2.0. Amosou este gráfico que podedes ver para entender de que carallo falo. Os que nunca oírades falar da web 2.0 probablemente non entendades tampouco de que vai o gráfico, pero tanto ten, só tendes que saber que son comeduras de coco da rede.

Daniel Bañobre falou sobre redes locais, ainda que ó comezo da súa conferencia non atendín moito ó que dicía, que estiven escoitando o Extrarradio ó mesmo tempo, porque mourullo chivoume polo gtalk que estaban a falar do meme das cancións que esta semana percorreu o blogomillo á velocidade do son. Puxeron dúas das cancións que eu escollera e citaron outra pero a ningún dos que nos colleron cancións da escolma nos citaron o nome do blogue. Por iso estiven cunha orella posta na radio, un ollo no fedello e o resto na conferencia. Porque claro, estaba conectado á rede durante a conferencia co meu portatil.

(A foto está sacada nun pasillo, alí había hoxe un feixe de redes wifi abertas, con cobertura total e largo de banda de 5 ou mais Mb.)
Voltando a Daniel Barallobre, cando rematou a súa conferencia, Sak e mais eu estivemos dándolle voltas ó proxecto de Compostela Wireless facéndolle preguntas. Concordando que é unha boa idea montar esa rede wifi local comparto o pesimismo de Sak. Ogallá esteamos equivocados.

Despois da charla Modesto marchou, que tiña compromisos familiares, e Sak levounos pola zona onde estaban os participantes (previa adquisición de acreditación para o min, que non a tiña). Dimos un paseo, saudamos a Andres Milleiro (aka Ballan) e a Manuls e vimos algún modding.






Cando rematamos o pequeno paseo, berto marchou e Sak e mais eu fomos xantar ó tránsitos dos gramáticos.




Xa vedes que ó flan de queixo nin tempo tiven de sacarlle unha foto.
Despois voltamos á XGN e mentras agardabamos a que abriran a porta a xente de Vieiros, que deixara alí o meu portatil, probamos un simulador de golf (que non me gustou, ainda que fixen par) e xogamos ó Scalextric que está infinítamente mellor que cando eu xogaba de neno, agora controlas o coche independentemente da vía na que estea correndo.

E isto foi todo este ano. ¿Para cando unha auténtica Senectude Galiza Net na que poidamos estar os maduritos de pleno dereito?
chuzame - 

Se a fan, apúntome!
Said por Modesto 31 Marzo, 2007 at about 10:32 pm
Eu diría máis para cando unha senectude chuceiro/blogueira net??
Ainda me sabe o rape
Said por Sak 31 Marzo, 2007 at about 10:43 pm
Proposta para unha Senectude Galiza Net…
Desde o simpático blog _Apocalipse do porco_ faise a proposta dunha _Senectude Galiza Net_ para os maduritos de pleno dereito, quen sabe se para “baixar cousas co p2p a velocidades de vértixe (os mais), xogar on line (menos) e pasar un par de noites…
Rastro (Trackback) por chuza.org 31 Marzo, 2007 at about 10:46 pm
estivo moi guai, con xente coma vos é dificil pasar un rato malo…
Said por berto 31 Marzo, 2007 at about 10:56 pm
Vaia, pois eu non me enterei desa charla, cando Andrés envioume un sms estaba a “durmir” na charla de Robótica que había á mesma hora xD.
Said por IaRRoVaWo 31 Marzo, 2007 at about 11:25 pm
Bo día…acabo de erguerme…ah, óla Ghanito! Xa coñecín á Besbe…a Modesto…a Berto…a Ghanito…a Iarrovawo…agora si que terei coidado coa mafia xD
Said por Andrés Milleiro 1 Abril, 2007 at about 4:36 am
A min góstanme moito as fotos dos pratos. Alá onde xantedes levade sempre unha cámara. Moi boa pinta de certo.
Said por Anxo D 1 Abril, 2007 at about 12:42 pm
Pois si que vos cundiu a mañá, e apoio a proposta de Sak.
Said por besbe 1 Abril, 2007 at about 1:05 pm
Segues facendo oposicións para a próxima xantanza dos blogastronomos, eh?
Said por cinemafriki 1 Abril, 2007 at about 2:36 pm
Antología: Xuventude Galiza Net 2007…
A continuación, la recopilación de material de la party Xuventude Galiza Net 2007, susceptible de actualizaciones:
knithx (uno, dos, tres, cuatro, cinco, seis, siete)
Fotos en Flickr y Vídeos en YouTube
20 Minutos
Andrés Milleiro
Código Cero (uno…
Rastro (Trackback) por knithx.net 8 Abril, 2007 at about 2:56 am