Hoxe chamei por teléfono ó meu distribuidor e fixen un encargo:

O último de:

Death note

Y el último hombre

Usagi Yojimbo

Predicador

Ex machina

os números 3 e 4 de sleeper

o número 1 de Dragon Head

Contrato con Dios

Watchmen (non debo prestar cousas sen anotar quen as leva nunca mais, xa tiven que mercar as novas edicións de el regreso del señor de la noche e de Watchmen a xenerosidade vese recompensada por camiños insospeitados)

Top ten

¿como é posible que non me gardaran un número de BD Banda?

Pagueino todo pola rede (non preguntedes canto) e chegará á miña casa traida por unha filla adoptiva.

Menos mal que o saló é só unha vez ó ano, pero ainda teño que ir á tenda que isto merqueino case de memoria...

Chuzame! chuzame -

Onte voltei cear no Shouri, o xaponés do centro comercial do porto, non vou dicir mais do que xa dixen alí do centro comercial. Unha vez é abondo.

Desta volta levei a cámara porque xa sabía que ía ver un espectáculo e ademais cociñou para nós o cociñeiro malabarista.

Así que hoxe (novamente) isto ven sendo un fotolog.

Tempura (unha parte, a outra xa desaparecera)

Tampouco lle fixen fotos ó sushi, se cadra o mais típico do menu que tomamos.

Este é o polo, e á esquerda un pincho de cogumelos.

Algún sabe se o foie é típico xaponés?

O momento acrobático colleume de sorpresa, o cociñeiro estaba a facer unha tortilla, e candoi me decatei empezou a cortala mandándoa ó prato onde tiña o arroz (xusto dereito a min)

Podedes ver, co prato xa rematado de cociñar unha vez pasado todo xunto pola prancha, que non tivo moita puntería. Ollade os restos de ovo na mesa. Tamén había no chan e na miña roupa.

Aquí o solombo

E nesta foto flambeando un xelado de te verde envolto en algo que semellaba unha filloa (non o probei). Segundo me dixo alguén que tiña mais experiencia, se non hai xeado de te verde na carta non é un xaponés.

Recomendo ós que vaian que reserven antes para sentarse ó redor da prancha, a experiencia mellora ó cento por cento.

Se queren un comentario de alguén que sabe do que fala poden ollar o que colineta comentou cando estivo alí.

Chuzame! chuzame -

Esta alfaia de linguaxe popular chegara ó meu poder hai tempo via bluetooth, e hoxe probando o mesmo dispositivo na miña Ubuntu paseino ó PC e agora o poño aquí para o vos o desfrute.
Lamento a mala calidade do son, pero o documento paga a pena.

Chuzame! chuzame -

A señora Colombo tivo a habilidade de deixar caer as chaves no ascensor e que se lle meteran no oco, caindo ó fondo. Botade unha ollada o buraco. Non semella doado, ¿non si?
punteria.jpg

-que un ghicho veña o sábado á mañá para recuperar as chaves antes da vindeira revisión do aparello: 25€

-meterme ca señora Colombo por deixalas caer polo oco: non ten prezo

Conste que a señora Colombo di que é moi normal, que o mesmo lle pasara hai tempo ó seu pai.

Eu digo que é cousa de familia, ¿alguen mais coñece outro caso?

Chuzame! chuzame -

Falando recentemente con sak púxolle nome a un concepto que eu xa tiña claro. Non sei se o nomeou el ou simplemente oíuno: reintegratas new age.

Tradicionalmente, os reintegracionistas eran un colectivo no que moitos dos seus membros acreditaban estar en posesión dunha verdade absoluta. Este dogmatismo seu impedíalles aceptar que outros puideran pensar dun xeito diferente. A actitude fronte os isolacionistas destes típicos reintegracionistas belixerantes era dun ataque permanente.
Non vou negar que hai tamén algúns isolacionistas belixerantes. A estes dous colectivos 'tradicionais' débese en gran parte o nacemento da lei de berto.

A belixeracia excesiva no tema tiña un resultado contrario ó desexado, o interlocutor non reintegracionista ó sentirse atacado polo xeito de expresar a mensaxe, non estaba predisposto a aceptar os argumentos que o outro lle presentaba. O diálogo deixa de ser dialogo e convírtese en ataque, perdendo a súa eficacia cara ó proselitismo.

Recentemente aparecen mais habitualmente o colectivo que nomea esta reflexión, os reintegratas new age ou reintegratas amabeis.

Esta xente, sen deixar o seu compromiso ca lingua e sen renunciar ás súas conviccións reintegracionistas conviven decote cos isolinos sen facer de cada conversa unha loita. Teño trato con dous ou tres persoas que considero que están nesta liña e unha característica que teñen en común é que tratan o tema con humor.

Un exemplo desta 'nova' actitude é tamén unha ferramenta que eu emprego decote ainda que está aloxada no PGL: o e-Estraviz. O e-Estraviz é un dicionario de galego portugués, porén admite as buscas en normativa galego portuguesa ou ILG-RAG. Simplemente con este xesto acadan que poida ter mais do dobre de usuarios.

Evidentemente, esta ferramenta ou esta 'nova' actitude non vai facer que os isolinos caiamos do cabalo de súpeto e descubramos as bondades do reintegracionismo. Con todo, penso que é mais doado que ocorra na situación actual.

E por iso agora somos mais os isolinos preguiceiros. Xente que poderíamos ser reintegratas. Mesmo recoñecemos a realidade dos argumentos utilitaristas, que lle valen os reintegratas para defender o galegos portugués igual que lle vale ós nacionalistas españois para atacalo: o número de falantes (centos de millóns na lusofonía). Mais xente que non ten gañas de aprender unha ortogarfía nova para poder escribir en galegop reintegrado, galego internacional, galego-portugués ou como o queirades chamar.

Se no 1981, cando saíu a primeira normativa ILG-RAG fora semellante ó padrón lisboeta, hoxe os nenos educados en galego saberían escribir tamén en Portugués, lingua de pleno dereito da UE. Agora a situación é muito mais complicada para cambiar totalmente a norma escrita. Se cadra o problema ven de misturar política e lingua, reintegracionismo e independentismo (esquecendo a Ferrín :D) pero os sudamericanos non son españois e falan castelán. ¿Temos que ser nós portugueses para falar a mesma lingua? ¿E para escribir coma eles ainda que sexa unha lingua distinta? ¿Está o galego mais preto do castelán para que empreguemos a mesma ortografía?

Citando, coma tantas veces ós aduaneiros:

E non, non vou cambiar de norma, seguirei ca actual, eu debo ser o exemplo perfecto do isolino preguiceiro.

Chuzame! chuzame -

maquetascuac.jpg

Pois iso, este sábado á noite na mardi gran evento maqueteiro.

O prezo é de risa, e a música... non teño idea, ¡non o vou negar! :P

¡E que mal se le o cartaz este, hai que miralo dúas veces para entender o que pon!

Chuzame! chuzame -