Sei que o que segue vai ser bastante ladrillo, así que... o que queira que non siga, ou que lea só os destaques en negrita para enterarse de que falaba hoxe.
Desde que empezou a subir o euribor a xente non para de falar de que afoga cas hipotecas, case decote alguén na televisión queixase das hipotecas e dos bancos. Que se os bancos son uns usureiros, que a súa casa é mais do banco que deles até dentro de 40 anos...
¿Teñen os bancos a culpa da situación da economía en España? ¿en Europa? ¿da situación persoal das persoas hipotecadas?
A media ponderada dos xuros das hipotecas en xaneiro de 2007 era do 4,81% e o euribor 1 ano (referencia para a maior parte das hipotecas con tasa de xuro variable en España, e o que lles custan a os bancos pedir os cartos a outros bancos) era o 4,06%. O diferencial medio (a diferencia entre o euribor e o que lle cobran ós clientes) é o 0,75%.
En novembro 1990 (primeiro mes no que aparecen os dous datos na web do ine) a media das hipotecas era do 16,77% e o euribor estaba no 9,40% o marxe era do 7,37%.
Con todo, nese momento (disto non teño datos obxectivos se alguén as ten agradezo a ligazón ou a corrección) as hipotecas adoitaban ser moito mais breves, daquela eran normais as hipotecas a 15 ou 25 anos, non eran normais mais anos e agora as hipotecas normais comezan nos 25 pero son moito mais habituais as de 30 e hainas de 35, 40 e mesmo 50 anos.
Resumindo moito: Antes as hipotecas tiñan xuros moitísimo mais altos e ademais os bancos proporcionalmente gañaban moitísimos mais cartos. E ainda así a xente pagaba as hipotecas na metade de tempo.
Parte do problema é que moita xente, cando no mes de xuño do 2005 o euribor estaba no 2,10 contratou unha hipoteca de media ó 3,27 e unha suba de 1,50 puntos, cando a hipoteca é a 30 ou mais anos ten un efecto brutal no recibo mensual da hipoteca.
¿Teñen a culpa os bancos da suba dos tipos de interés? Non.
¿Teñen a culpa os bancos de financiar mais do que a xente debía razoablemente contratar? Si, pero os clientes esixían ás entidades que lles financiaran o 100% (incluso os gastos) das vivendas que querían mercar. Alegando se alguén lles preguntara, o seu dereito a unha vivenda digna.
¿Venden os bancos pisos? ¿Poñen os bancos o prezo ás vivendas que financian? ¿interveñen directamente os bancos nese mercado?
Os grandes beneficiados da baixada dos xuros, que debían ser os consumidores, foron os promotores inmobiliarios, empresas constructoras e posuidores de terreos urbanizables. (Por non falar tamén dos posuidores de terreos non urbanizables e dos políticos que llos recalificaron). ¿Canto subiu a vivenda nestes anos?

Os xuros baixos fan medrar a economía (ainda que en España semella que só medrou moito o ladrillo), esa riqueza cria emprego e o emprego fai medrar o consumo. Para que ese consumo non faga medrar de mais a inflación o BCE sube os xuros, o que afoga ós hipotecados, que deixan de consumir e voltamos ó comezo da roda.
Pero no medio os promotores puxeron os pisos á venda ó prezo que quixeron, porque como os bancos financiaban o 100% a xente non tiña necesidade de aportar nada. Se tiveran que poñer unha parte os prezos medrarían menos, porque ca precariedade laboral, os vendedores non atoparían tanta xente con algúns cartos aforrados. A simple lei da oferta e da demanda, habería que subir menos os prezos.
Neste intre podemos falar (tamén de paso) da especulación inmobiliaria masiva. ¿Quen non coñece a alguén que ten os seus aforros para a vellez metidos nunha segunda ou terceira vivenda? Se ademais non a aluga, ademais de subir o prezo, isto aumenta a escaseza de vivenda.
Seguro que vostede negociou ben a súa hipoteca, os diferenciais que se aplican en España son baixos comparados co resto de Europa. Se vostede non da pagado a súa hipoteca, lémbrese do que lle vendeu o piso, do que o construíu, do que lles vendeu o soar no que o construiron. Mesmo pode lembrarse do Banco Central Europeo, pero a única culpa que ten o seu banco foi a de pensar que vostede podía pagar tanto e darlle o préstamo. Porque os bancos son empresas que queren gañar cartos a cambio de darlle un servizo, e seguro que si eles non asumían o risco vostede non tería quen lle prestara os cartos tan baratos. Se non lle gustaba ese banco tiña moitos mais onde elexir ainda que a diferenza arestora non sería moita porque nun prezo medio de 4,81% o 4,06% do euribor é igual para todos e a diferenza estaría nese 0,75% que podería tanto ser un 0,33% coma un 1,25%.
Compare vostede estes marxes co marxe que ten Zara, que lle vende tamén a millóns de persoas, ou a menor escala... ¿sabe vostede canto custa o pan? Mellor non pregunte se non quere encabuxarse. Os bancos non son ONG, pero tampouco son delincuentes.
Outro día falamos de comisións, ou da natureza das caixas de aforros pero iso é outra guerra, e para ladrillo xa chegou.
Se alguén non entende algunha cousa que pregunte, que explicarei o que saiba. E seguro que haberá moitos que non concorden comigo...
chuzame - 

Hipotecas e ladrillos (for dummies)…
Ghanito explica de forma sinxela e amena no seu blog como funcionan as hipotecas e analiza algunha das causas do tema este da vivenda. Moi facil de entender para xente allea ao mundo económico….
Rastro (Trackback) por chuza.org 8 Abril, 2007 at about 10:46 pm
interesante análise, nótase que sabes do que falas

ainda que Cajamadrid penso que si ten metida man no negocio inmobiliario (http://inmuebles.cajamadrid.es/index2vd.htm) , e non me estrañaría que algúna banco ou caixa máis as teña metidas tamén; polo demais, si, o consumidor debería ser máis responsábel dos seus actos, pois como tal ten un poder tan grande ou máis ca co seu voto como cidadán, e como lle dicía o tío a Peter Parker, todo poder supón unha grande responsabilidade.
Said por homedareia 8 Abril, 2007 at about 11:04 pm
Totalmente de acordo en que o mercado da vivenda está así, porque o mercado o quixo. E o mercado somos todos. Pero os bancos non son inocentes; toda gran constructora que se preste, ten detrás a un banco (detrás quere dicir dentro, no seu accionariado, sexa directamente ou a través de calquer embrollo financieiro para iniciados). Os promotores, por pequenos ou grandes que sexan, non promoven arriscando o seu capital sinon con activos financieiros prestados; outra vez a banca. E para rematar, a banca si intervén no mercado adquirindo suelo e vivendas construídas. Sempre lamentarei non ter recortado unha reseña nun xornal, uns anos antes do bum inmobiliario español (do vixente, quero dicir) onde se dicía que un grande banco español (coido que o Santander) firmaba con unha grande constructora (coido que Fadesa) a compra de varios miles de vivendas en distintos lugares. ¿Para que? Eu non falaría de especulación inmobiliaria, sinon de que hai xente que coñece moi ben cómo vai xirar esa roda da que vostede fala… e incluso xogan a controlala un pouquiño.
Said por F. Miguez 10 Abril, 2007 at about 2:17 pm
“Os bancos non son ONG, pero tampouco son delincuentes.”
Isto estaría ben se non fose porque os bancos póñenlle velas aos santos e ao demo. Empréstanlle cartos á xente e andan detrás de moitos “negocios” inmobiliarios, ademais de mover todo canto fío hai en política. E claro que, coa lei na man, non son delincuentes. Son o Capital, ou vén sendo o mesmo? Bah, que máis dá, eles a vivir e eu a pringar. Punto.
(un que non ten hipoteca, que nin a iso chegho)
Said por pelexo 10 Abril, 2007 at about 7:25 pm
http://www.nytimes.com/2007/04/10/business/2007_BUYRENT_GRAPHIC.html?_r=1&oref=slogin
Said por berto 11 Abril, 2007 at about 12:00 pm
Penso que a argumentación e boa, pero a analise é certamente incompleta.O mercado financeiro non se circunscribe exclusivamente ao mercado das hipotecas. As conclusións convencen, pero o sesgo é de escándalo.
Sorprendeme a tua analise e a imaxe que se reflicte dela.
Said por casa 11 Abril, 2007 at about 8:44 pm
Sei que a análise é incompleta, casa, e é certo o que di F. Míguez e tamén apunta homedareia, as inmobiliarias teñen detrás os bancos, pero só quería dar unha pincelada para comentar algo que normalmente omítese, o problema da escravitude financeira é menos das hipotecas e mais do prezo da vivenda.
Se ademais quero falar dos créditos ó consumo entón xa non dou acabado dunha volta.
Said por ghanito 11 Abril, 2007 at about 9:06 pm
Nótase que tiveches un mal día con algún cliente inorante que se queixa a quen non debe, non sí??
Boa lección de xuros.
Said por Anxo D 12 Abril, 2007 at about 3:02 pm
[…] importa trabayar na obra. La xente blanco va a les escueles pa deprender ser babayos. Todo o mundo faz o que lhe dizem, ninguém quer arranjar problemas e ficar sem nada. Tol poder nes manes de xente lo suficientemente […]
Aviso (Pingback) por pinga a pinga y acabes moyáu » é preciso uma revolução violenta mesmo 5 Abril, 2008 at about 2:17 am