Si, un concerto nun piso.
Cando recibín a nova do concerto ó que fun este venres fíxoseme raro que o enderezo fora un 1º andar. Pensei que igual era algunha asociación ou algo así. Pero non, era un piso franco, o que comunmente coñécese coma piso de universitarios. Ideal para todo tipo de atentados anarcomusicais.
O público era abondo tendo en conta o lugar do evento. E entre a xuventude, como enviados do blogomillo estabamos besbellinha e mais eu, para dar fe do evento.
A xente sabía que alí estaban, ¡os Megaloves!
¡Esas estrelas do R'n'R!
Emocionante concerto, breve pero intenso, non defraudaron a parroquia. Pero a parroquia era maiormente do Grove e agardaba polos Telephones Rouges
Tanto que até chegaron a caer nunha tolería colectiva incluindo lanzamento de grelos
Cando os dous grupos remataron, as Patty Diphusas, tal e coma fora anunciado, fixeron a súa performance, consistente entre outras cousas en escribir na parede do baño (se o dono do piso está a ler isto, que probe con alcohol) E deixaron algunha proba do seu coñecemento de vellos temas pop das Spice Girls, Miguel Bosé, e outros clásicos petardos.
E pouco mais houbo, ainda que quedaba por chegar o acoso das fans ó cantante dos Megaloves
¿Pero quen podería culpalas? ¿Non é desexable este home?
Despois disto non sei que pasou porque eu marchei para casa ca señora colombo, pero seica as estrelas sairon de marcha co seu devoto público. Os veciños agardan que o concerto non se repita. Eu agardo que si.
chúzame - 

Ola! estupendo header. E ¡Miúda festa!
Saúdos ;0)
Robert
Said por Robert 16 abril, 2007 at about 1:33 am
Eu paseino de pinga e hoxe no traballo xa me preguntaron que que era o que facía nese piso que fans e membros dos Telephones Rouges son coñecidos dunha compañeira de choio. Pola miña parte adiqueime a facerlle propaganda aos Megaloves e of course, Snob desexable mil…preciosa foto
Said por besbe 16 abril, 2007 at about 12:52 pm
que fuerte!!! acabo de encaixar moitas pezas do meu crebacabezas nocturno gracias a este post!!!
que soubera do concerto!!!
Said por oko 16 abril, 2007 at about 1:08 pm
Pinta bien, desde luego. Usted sí que sabe!
Said por Ra 16 abril, 2007 at about 6:28 pm
Gústame que impresionara o dos grelos, xa que foi unha idea espontánea que pensei unhas horas antes do concerto. En serio moitas gracias polo recoñecemento ós Telephones Rouges, que musicalmente fáltannos bastantes detalles pero con ese público todo vai ir cara adiante, ou iso espero. Agora agordo polos vídeos, que aínda non os vin, non aguanto máis. Comentáronme que xa se colgan esta fin de semana no myspace, que sexa verdade!
Said por Matías 19 abril, 2007 at about 2:19 pm