
Atopo, vendo o blogue de leoeosseus a páxina de Ciudadanos x Porriño do que xa falara hai tempo.
Non atopo nesa páxina ningún programa, agás que van aportar xestión e sentimento. En realidade si, piden que se poña beirarua na estrada que van mellorar entre Cerquido e Budiño. (Non sei se tardarán catro anos en facelo)
Por certo, si que informan de que a súa páxina está feita nun mac, está o logo da mazá en cada páxina. ¿Terá isto algún significado político?

Político non sei, pero significa que son moi cutres, que usan unha plantilla de mac.com e que supoño que o fillo de alguén será maqueiro e lles fixo a páxina.
Os do PP xa non saben qué facer para gañar votos. Últimamente semella que hai un brote de «ciudadanos de…» en todas partes.
Said by Oskiña 17 Abril, 2007 at about 1:13 p.m.