É incrible o poder dos lobbys.
Nos mais dos casos non nos decatamos do que fan e temos que sufrir as consecuencias das súas manipulacións sen poder protestar. No caso do lobby dos dereitos de autor teñén que loitar contra a opinión de tanta xente que non lles queda outra que ser evidentes.
¿Que é a creación? ¿Pagan dereitos de autor os creadores á xente da que beben? ¿Nacen os creadores da cabeza de Zeus sen ter influencia da creación preexistente a eles?
¿Para que naceu o dereito á 'propiedade' intelectual?
A propiedade intelectual non é unha propiedade. Chámase así pero é unha ficción xurídica, porque a propiedade só pode existir sobre obxectos materiais. É un dereito que se creou para que os autores non morreran de fame e puideran enriquecer á sociedade cas súas obras.
Ollo, creouse en beneficio da sociedade, para darlle un pago ós autores, non para que se enriqueceran privando á sociedade do desfrute das súas obras.
Cando atacan ó público falando de piratería cando se refiren ó intercambio de arquivos sen ánimo de lucro xa son ruíns, pero agora conquerindo que as bibliotecas teñan que pagar un canon...
¿Alguén pode entender isto?
¿Cada vez que colla un libro prestado voulle mandar cartos a Alejandro Sanz e a David Bisbal?
O canon é un cobro que se ten que facer dun xeito moi restrinxido, porque é totalmente indiscriminado e pode ser inxusto, non ten sentido que eu pague un canon por un CD no que gravo as miñas fotos e que repartan ese canon en función dunhas vendas que eles estiman como queren.
¿Para quen traballa o Parlamento?
Hoxe é o día do libro, non ao préstamo de pago. Xa sei que esto quedou algo embarullado, pero esta xente cabréame moito.

A imaxe modifiqueina partindo de esta.
chuzame - 

Disque ó usuario non lle vai repercutir o canon das bibliotecas, que o van pagar as administracións… O que non din é que o diñeiro non é deles, senon dos contribuintes…
LLO NO LEO LIBROS!!! KE NO UTILISEN MI DINERO PARA ESO!!!!
Said por cinemafriki 23 Abril, 2007 at about 8:43 pm
…E xa non só iso, senón que eses cartos do canon que vai ter que aforar o estado vanse deixar de invertir en libros…É unha vergonza! Comparto totalmente a túa indignación!
Said por jan 23 Abril, 2007 at about 10:13 pm
imposible non estar dacordo. Bastante lin sobre as explicacions dese canon e moito lembrei dos anos 90 na Arxentina. E asi quedamos…
Said por torredebabel 24 Abril, 2007 at about 12:55 am
Para cándo unha macro manifestación??
Said por Anxo D 24 Abril, 2007 at about 1:57 pm
completamente de acordo. Ainda que o lector non pague directamente, isto perxudica ás propias bibliotecas, sobre todo as pequenas (as de barrio ou as de vila) que quedarán sen líquido para adquirir novas obras, ou directamente pecharán.
Non confundamos a autores con autores. Eu son autor e non vin un peso da SGAE. Esa é unha asociación privada de mangantes con ánimo de moito, pero moito, lucro. Unha cousa é impedir plaxios e protexer dereitos, e outra andar expoliando bibliotecas, bares, orquestras de verán e peluquerías (a última)…
(Pequeno apuntamento: en galego non se di “empréstimo”? de todos xeitos mángolle a imaxe para publicala no meu blo. Agardo que non me cobres canon ;D)
Said por Mr Tichborne 24 Abril, 2007 at about 7:41 pm
[…] E concordo con eles, coma xa dixera hai tempo que considero o erro introducir un canon nas bibliotecas. […]
Aviso (Pingback) por Apocalipse do porco » Día das bibliotecas 24 Outubro, 2007 at about 8:04 pm