Ainda está quente e xa temos sucesor do paiaso Boris Ieltsin

O amigo Bush danzando:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/dBQbSoT0elM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe é 25 de abril.

Pregunteille á miña compañeira de traballo se sabía qué pasara nun 25 de abril, e non o sabía. Dixenlle que tal día coma hoxe fora a revoluçao dos cravos, tampouco sabía de que lle estaba a falar.

¿Como é posible que unha data tan importante nun país que está a carón do noso non sexa lembrada? Diredes que é porque foi noutro país.

Non concordo, ¿ou non sabedes o que ocorreu nun 4 de xullo ou nun 14 de xullo?

Pensade que esta revolución popular ocorreu un ano antes da morte de Franco, ¿pensades que non influíu no que pasou en España tras da súa morte?

A nosa ignorancia cultural é abraiante, e non que atinxe a Portugal é vergoñenta.

Tiven un profesor na EXB que nos puxo este tema nunha aula de galego nun vello magnetófono. Eu collín o costume de cantar o retrouso polo baixo cando camiñaba só baixo a choiva, non preguntedes o motivo, que non o sei, pero ainda hoxe o fago ás veces.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/PBK7bd3UYow" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non son moi especial á hora de comer. Como prácticamente o que me poñan, non son deses que poñen mil pegas á hora de sentar á mesa.

Na casa dos meus pais fomentábase iso. Non podíamos marchar da mesa até que o prato estivera ‘limpo’.

Con todo non sempre comín tan ben. Eu tiña algúns pratos nunha lista negra, ainda que poucos. E igual que Mafalda, un deles era a sopa.

Pero isto cambiou.

Un día a miña nai enfadouse porque non quixen comer a sopa, e (no que a experiencia demostrou que foi un momento de inspiración) colleu a cunca de sopa e chantouma por riba da cabeza.

Agora gústame moito a sopa sen ten moita pasta, e ainda que segue sen gustarme o consomé, tamén o como cando é preciso.
mafalda.jpg

Por certo, despois de limparme encheron de novo a cunca de sopa e tiven que comela.

Agora igual a denunciaban por maltratar un menor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Copio e colo un correo que me chegou enviado por Leco á miña caixa de correo (e á de mais xente tamén)

castana.jpg
«Os libros son un dos temas que orixinan máis posts e suscitan máis conversas no blogomillo. Por iso, e coincidindo co Día do libro e a un par de semanas do Día das Letras Galegas, queremos facer unha proposta a todas as persoas que navegan pola Rede e len libros en galego…
Propomos crear un grupo de lectores e lectoras de libro galego que se comunique a través de Twitter para trocar información e opinións sobre os libros que estamos a ler.
Para quen aínda non coñeza Twitter, diremos que se trata dunha rede social cuxo obxecto é comunicar aos demais o que estamos a facer. Con defensores e detractores, non deixa de ser un recurso comunicativo, que paga a pena aproveitarmos se temos contidos con que enchelo.
Como Twitter non permite, polo de agora, a creación de grupos, e para poder atopármonos con facilidade entre toda a twitterada, propomos que os tres primeiros caracteres do nome de usuario ou usuaria que escollades sexan “lg_” correspondentes a “lemosgalego”. Así por exemplo, os usuarios das persoas de quen parte a iniciativa somos: lg_leco, lg_ferreiro e lg_pawley. (Se xa es usuario de Twitter podes mudar o nome engadíndolle “lg_” ao comezo ou facer outro rexistro cun nome que comece por “lg_” e dedicar este usuario só a lemosgalego)
Comentamos brevemente os pasos que hai que seguir para unirse ao grupo:
1.-Escoller un libro en galego e comezar a lelo (se aínda non o fixeches).
2.-Rexistrarte en Twitter cun nome de usuario ou usuaria que comece por lg_ (sabemos que está só en inglés mais aínda non existe ningún clon en portugués nin en castelán)
3.-Incluír como primeiro contacto a lg_lemosgalego, ademais de outros da túa elección (como non existe a figura do administrador, é o único modo de nos asegurar que todos os participantes son visíbeis para o resto. )
4.-Comezar a trasmitir opinións, recomendacións, comentarios, glosas… sobre os libros que esteas a ler en galego. O límite por comentario está en 140 caracteres.
5.- Se che apetecer podes incluír no teu blog/web algún dos “badges” que che ofrece Twitter para teres á vista os teus contactos ou os seus comentarios.
Unha vez que te rexistres xa podes usar Twitter a través da web, desde Gtalk, descargando Twitteroo ou Twitterrific, ou desde a barra do Firefox.
Atoparás sempre os contactos actualizados nos nosos blogs. E nuns días habilitaremos un blog do grupo, onde poderás atopar a relación de contactos, as intervencións e terás a posibilidade de deixar comentarios, propostas ou peticións de axuda se precisares. Tamén nos próximos días anunciaremos un Concurso de microrrelatos…
…Seguiremos a informar.
Bks 1000
Leco«

Chuzame! A Facebook A Twitter

É incrible o poder dos lobbys.

Nos mais dos casos non nos decatamos do que fan e temos que sufrir as consecuencias das súas manipulacións sen poder protestar. No caso do lobby dos dereitos de autor teñén que loitar contra a opinión de tanta xente que non lles queda outra que ser evidentes.

¿Que é a creación? ¿Pagan dereitos de autor os creadores á xente da que beben? ¿Nacen os creadores da cabeza de Zeus sen ter influencia da creación preexistente a eles?

¿Para que naceu o dereito á ‘propiedade’ intelectual?

A propiedade intelectual non é unha propiedade. Chámase así pero é unha ficción xurídica, porque a propiedade só pode existir sobre obxectos materiais. É un dereito que se creou para que os autores non morreran de fame e puideran enriquecer á sociedade cas súas obras.

Ollo, creouse en beneficio da sociedade, para darlle un pago ós autores, non para que se enriqueceran privando á sociedade do desfrute das súas obras.
Cando atacan ó público falando de piratería cando se refiren ó intercambio de arquivos sen ánimo de lucro xa son ruíns, pero agora conquerindo que as bibliotecas teñan que pagar un canon…

¿Alguén pode entender isto?

¿Cada vez que colla un libro prestado voulle mandar cartos a Alejandro Sanz e a David Bisbal?

O canon é un cobro que se ten que facer dun xeito moi restrinxido, porque é totalmente indiscriminado e pode ser inxusto, non ten sentido que eu pague un canon por un CD no que gravo as miñas fotos e que repartan ese canon en función dunhas vendas que eles estiman como queren.

¿Para quen traballa o Parlamento?

Hoxe é o día do libro, non ao préstamo de pago. Xa sei que esto quedou algo embarullado, pero esta xente cabréame moito.
sencanon.jpg

A imaxe modifiqueina partindo de esta.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O sábado á noite mentras a señora Colombo estaba nunha despedida de solteira, eu quedei con Sak, Besbellinha e Juanjo para ir ó Playa ó concerto de señor Chinarro.

noplaya1.jpg

Que non é este, ainda que lle collera o nome.
chinarro.jpg
Do concerto só direi que o son foi tan penoso como é costume no Playa e as letras, que tanta importancia teñen no traballo de Señor Chinarro non se entendían un carallo.

noplaya3.JPG
Supoño que a xente que as sabía de memoria podía ir seguíndoas co que se adiviñaba delas. Non era o meu caso. Tendo isto en conta, o concerto non estivo mal, cumpliu co que eu agardaba.

noplaya2.JPG
Coñecín alí no Playa a Zerovacas, ainda que non falamos moito, se cadra nunha vindeira ocasión.

noplaya4.jpg
Ó sair fomos ó Milk que me gustou. Moito tivo que ver a música ca que nos recibiron, que me predispuxo moi a favor do local.

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/6NdAUnnU9Ac" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O mais mellorable da noite é a calidade do alcohol na noite coruñesa, o pouco que bebín non xustifica o efecto que me produciu ó día seguinte.

O que si que estivo ben foi a hamburguesa (e media) que lle metimos ó corpo á metade da noite.

sak.JPG
¿para cando outra?

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp