Se cadra ainda lembraredes alquel cheque que fora ó lixo por un 'descuido'.

Pois ben, a historia non rematou alí. O cheque ingresouse como debía pero...

disque os ingleses teñen un olfato privilexiado e deberon cheirar o lixo

britishcheque.png

así que fixeron como que non recoñecían a sinatura do señor John Jones e mandaron de volta o cheque, que xa está entre nós outra vez! parabéns, señor cheque! Tivo boa viaxe?

Xa puido ser boa a viaxe, que custou 180€ polo de agora...

Chuzame! chuzame -

Onte era noticia que van violar unha muller porque o seu home abusou dunha nena de oito anos, e o castigo vai ser que o pai da rapaza viole á muller do violador.

Para entender isto hai que ter en conta que o sistema penal que aplicaron non ten moito que ver co noso (como é evidente) pero igual mais do que poidamos pensar.

Até hai relativamente pouco, en España, o ben xurídico protexido polos delitos de clase sexual como pode ser a violación non era a liberdade sexual da victima (coma agora) se non a súa honra. Por iso antes aquí era imposible que dentro dun matrimonio o home puidera violar á muller, se non estaba protexida a súa liberdade sexual e non perdía a honra...
Supoño que en Pakistan ainda seguirá sendo así.

E por outra banda xa hai moito tempo que nos paise do ámbito xurídico occidental a responsabilidade é individual, pero non sempre foi así, houbo periodos históricos nos que a responsabilidade era familiar (isto era típico por exemplo no dereito xermánico)

Se ademais engadimoslle a posibilidade das familias da víctima de facer xustiza pola súa man de xeito lexítimo se non chegan a un acordo que os satisfaga de outro xeito, xa temos unha explicación da noticia.

É abraiante, é noxento, é inhumano, pero ten unha lóxica civilizada, ainda que vaia contra a lóxica da nosa civilización. Pensade que no tempo dos romanos, se alguén non pagaba as súas débedas o acreedor podía poñerlle a man enriba, vendelo ou despedazalo. E os romanos inventaron a maioría das institucións xuridicas que nós empregamos.

Con todo, que non pareza aquí que son un relativista moral absoluto, o límite (que aquí non se cumple) para min está nos dereitos humanos. Que non son ainda tan universalmente respectados coma ás veces pensamos.

ollos.jpg

Chuzame! chuzame -

Onte descubrín porque este pais está así: porque queremos.

Falaba cun rapaz de vinte e tantos anos que vive en Coristanco e comentamos algo sobre as eleccións, non sei exactamente como derivou o tema, pero falou do resultado electoral no seu concello:

-En Coristanco volveu sair o de sempre, e eu voteino. Non porque me dera nunca nada, ollo. Pero claro é unha persoa ca que se pode falar, porque o outro... Xa viña dicindo na campaña que había que separar os muros das casas das estradas tres metros e claro, ¿como vas facer unha casa con ese home, que non sabes se cha vai tirar despois? Co que temos agora, coma se queres construir no medio da estrada!

Para este rapaz a lei vale unha merda, porque se pensa construir conforme á lei, ¿como van poder derrubar a súa casa? e ademais gústalle que o alcalde prevarique, incumplindo a lei que suponse ten que aplicar en beneficio de todos. Para ter contentos ós veciños, destrúe o ben común en favor dun egoismo minifundista e pailán. O que el quere é que lle dean algo. Algo ó que non teña dereito, suponse

Conclusión: os políticos son tan corruptos coma a sociedade da que saen. Se nós somos corruptos e roubamos cando ninguén mira, ¿como pretendemos que os nosos representantes non fagan o mesmo? e mais se nós mesmos pedímoslles que fagan a vista gorda cando estamos a violar a lei para o noso beneficio.

O primeiro que hai que pedirlle a un político é que sexa honrado, ou alomenos o mais honrado posible e despois que respecte a lei.

Cumplindo iso é cando poderíamos pedirlle visión de futuro, proxecto para a súa comunidade, compromiso, traballo...

Se de verdade cumple con todo iso ninguén podería esixir resultados. Agás a oposición que para iso está ;-)

En troques, ¿que lle pide este homiño, que representa por desgraza a tantos galegos? Que lle dean algo.
O que queren é que os políticos rouben os cartos da nosa carteira e que despois gasten unha parte do roubado en convidarnos a un viño.

Somos así de listos. Temos o que merecemos.

Chuzame! chuzame -

Por se alguén tiña dúbidas, despois do que se viu en Canarias co programa electoral, as eleccións son só un concurso de popularidade entre representantes de empresas.

Non compiten para representarnos e decidir coma se decidísemos nós mesmos, son empresas que adquiren unha concesión e prestan o servizo de decidir por nós o que a eles lles parece ben.

Se algo que mercaches non funciona, non quedas coma un parvo sen facer nada até que o rematas e mercas outro novo, protestas para que cho cambien ou o amañen.

Pois con estas empresas que nos tratan coma un mercado e non coma cidadáns hai que facer igual: unirse en asociacións de consumidores (tanto ten que sexan asociacións de veciños, sindicatos ou colectivos de afectados por un verquido) mandar cartas os xornais ou ós propios partidos, manifestarse,...

Pero o paso definitivo (que nos aforraría ademais moitos cartos) é rematar cas campañas electorais, unha proposta mais para a televisión pública: Gran Irmán, escolle o teu candidato.

Servería para parlamentos, concellos e mesmo para unhas eleccións presidenciais.

¿Vas deixar que decida por ti catro anos alguén que non coñeces de nada? ¿e non coñeces os concursantes de Gran Hermano? Podería haber ó tempo ou de xeito consecutivo unha campaña local e as primarias das xerais, unha autonómicas e unhas europeas.
¿non vos gustaría ver a Feijoo acabado de espertar? ¿E a Quín recortando a barba? ¿quen terá mais man na cociña poselectoral, Javier Losada ou Abel Caballero? ¿que pasará ca melena de Corina se dura mais de un mes na casa: sen tinxir, tera raices escuras ou brancas?
Fronte o cutre Guadalix de la Sierra, nós poderíamos montar un plató no Courel.
O que non vexo moito é a Lola Villarino presentando ainda que se podía facer un xeito á Mercedes Milá...

gran_irman.jpg

A proba da primeira semana é: ¡O Pacto poselectoral!

Podedes propoñer probas para vindeiras semanas, pero ollo, o que sexa descuberto recibindo comisións será expulsado da casa.

Nota: Para manter unha certa igualdade, o señor Antón Losada deberá ser excluido da competición, pídolle desculpas ós seus centos de miles de fans.

Chuzame! chuzame -

A señora Colombo di que a xente deRenault saíu gañando desde que non poden facer anuncios con Fernando Alonso.

Eu non sei se venderán tantos coches, mais abofé que este anuncio paréceme mellor que os que facían con Fernando Alonso.


As rocas en reproducción son moi boas, e o Richard Clayderman unha achega estupenda ó freak star system (moita música de ascensor levo escoitada esta semana recorrendo consultas).

Sirva esto como conmemoración do día do orgullo friki, se chegan ós frikis á publicidade a guerra está case gañada.

E esa manía de acumular celebracións fai que hoxe sexa tamén o día da toalha e do orgulho lusista e reintegrado, non acudirei á festa pese a estar convidado, mais lembrareinos ó sair da ducha (agardo que non lles amole que os lembre mentras estou espido)

Chuzame! chuzame -

Copio e colo este comunicado terrorista en dous actos chegado á miña caixa de correo por partes:
O dúo estático de Anarcountry e Murder Blues MEGALOVES ten o pracer de convidalo ao seu vindeiro concerto.

Mañá Venres 25 de Maio, no Embora Café, rudo club da rúa Tras San Fiz, na praza de Abastos.

A eso das 22:00.

Como teloneiro estarán The Amazing THE TWO HALFS, que é un nacho só.

Agárdanse varias aparicións estelares!

E despois, unha sesión de Soul, Garage, Punk, YeYé, Boogaloo, R&B e demáis música que precisa urxentemente un afeitado.

Cos diyeises CACAMILO e DJ PEZUNHITAS (su seguro servidor).

Beberemos cócteis de cores alucinantes. E estrearemos o Megalove, con toda seguridade.

Xa saben, Embora Café, 25 de Maio, 22H.

Facéndolle a competencia á festa da Juventud que o Partido Popular organiza na Sala Capitol.

De que lado estás???

megaloves.jpg

O Servizo de Intelixencia Megalove (SIM) advirtenos que eses susios anti-españois e pro-tugueses da Gentalha do Pichel teñen unha festa organizada ese mesmo día á noite. Os Megaloves estamos superafavor da compatibilidade entre os dous eventos, e así volo comunicamos nesta segunda rolda de spam. Igual somos menos que eles, e menos galegos, vale. Pero vestimos mellor e nunca tivemos problemas coa policía.

Atentamente,
Snob Megalove.

Non habería mais que dicir, esta xente ten mais perigo do que poidades sequera soñar, nun piso son mortais, non quero imaxinalos nun local aberto ó publico.

Vós mesmos.

Chuzame! chuzame -