Onte Extrarradio fíxose a cinco minutos da miña casa, pasei por alí para saudar a Pawley pero ainda non chegara e marchei. Non puiden quedar porque a señora Colombo mais eu estivemos na voda duns amigos no Grove.

Está ben isto das vodas ó mediodía, se empezas á festa ás 3 da tarde non hai problema en que a música remate ás 11 e media. E falando da música, os noivos abriron o baile con Lela.
O picadisco era dj_flashback e fixo que todo o mundo estivera moi animado (nunca oira que nunha voda puxeran A Roda) moita Rafaela carra (predilección dos noivos) e musica disco dos 70, exitos españois dos 80 e música petarda en xeral. Tamén houbo algún tema de Coti, paulina Rubio, Julieta Venegas, etc. (concesión á actualidade), Como una ola de Rocio Jurado e tamén un momento de reivindicación política radical: Marinero de luces de Isabel Pantoja. O dj ademais de poñer musica tamén montou espectáculo bailando temas coma o YMCA e mesmo saíu bailar ca noiva ó medio da pista.

Os que casaron teñen fama de ser moi festeiros, nomeadamente o noivo. Podedes velo nesta fotografía.

Non traballa de stripper, a nota de 5 euros que lle penduraron no pantalón non é algo que lle pase decote.
As once e media tivemos que baixar á discoteca do hotel, e houbo unha forte criba, só quedaron unhas cen ou cento cincuenta persoas (sempre contei moi mal a ollo, pásame coma ós de TeleMadrid) Nese momento aproveitei para acompañar á señora Colombo de retirada, que tiña os pes desfeitos e cambiar de roupa antes de voltar. Non sabía , ó poñer a camiseta da ferramenta, que o dominio dos Aduaneiros pasar a mellor vida.

E iso foi mais ou menos todo, pagou moito a pena, o alcohol de calidade e inxerido ós poucos permitiu que o pasara ben, non tivera resaca e non perdera o coñecemento.
Por certo, super-a-favor das vodas peatonais. Penso que xa contara que eu fun casar en ascensor, non en coche.
chúzame -
Fai unha achega á conversa, sff.