Hoxe tiven que remexer no lixo para recuperar algo moi valioso.
Baixei, e seguindo a gran tradición da xente sen fogar recuperei a miña bolsa ben chea de lixo. Despois foi todo sinxelo. Que tempos aqueles de ser neno e emporcarse todo sen carga na conciencia.
O valioso obxecto foi recuperado sen danos e sen perder o seu valor (que é muito).

A quen se lle conte…
non serían unhas chaves, non?
Said by homedareia 7 Maio, 2007 at about 11:56 p.m.
Para que nom o conte mui gorto tem que ser XD
Said by odemo 8 Maio, 2007 at about 9:46 a.m.
Se non foi un sobre ben gordo con cartos, ten que ser o anel de casado, antes de que a Sra. Colombo note a liña branca no dedo correspondente.
Non hai como non estar casado.
Said by AnxoD 8 Maio, 2007 at about 1:43 p.m.
Pódese dicir, ho. Un cheque de algo mais de 18.000 euros
Said by ghanito 8 Maio, 2007 at about 2:55 p.m.
díganos que era ao portador… xD
Said by opaco 8 Maio, 2007 at about 11:26 p.m.
boh! vil metal!
Said by homedareia 9 Maio, 2007 at about 1:25 a.m.
Opaco, se fora ó portador non o podería atopar, estaría en urxencias cun infarto.
HDA, neste caso, vil papel.
Said by ghanito 9 Maio, 2007 at about 5:45 a.m.
Neste caso o de «riquiño» íache ao pelo
Said by besbe 9 Maio, 2007 at about 1:13 p.m.
Coido que de perde-lo anel estarías xa teso e sen pulso. Qué son 18.000 euros comparado cunha certificación de amor eterno???? De todo-los xeitos, noraboa por atopalo, que para algo sempre valen.
Said by AnxoD 9 Maio, 2007 at about 1:46 p.m.
Ben riquiño son, besbe, que pouca bronca lle botei á persoa que perdeu o cheque.
)
En realidade boteille mais bronca un día que perdeu unhas chaves (non sei eu quen sería
Said by ghanito 9 Maio, 2007 at about 4:53 p.m.
[...] Se cadra ainda lembraredes alquel cheque que fora ó lixo por un ‘descuido’. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » O cheque viaxeiro 31 Maio, 2007 at about 6:51 p.m.