Estaba lendo esta entrada no blogue de Enrique Dans, e despois púxenme a facer buscas no google.
Primeiro o meu nome e primeiro apelido xuntos, 99 resultados, incluindo referencias a un xastre que fixo testamento en 1589 en Compostela.
Despois ghanito, 92.500 resultados, incluindo unha críptica referencia en Vieiros ó champú de Ghanito.
Teño un champú co meu nome e eu sen sabelo. ¿Ou sería un artigo sobre as bondades do champú que eu uso?

Non tendes que seguir a ligazón, xa vos conto eu que o erro é na primeira letra, o conto chámase champú de Chanito, de Chano Piñeiro.
Téñolles lavado o cerebro en Vieiros, Modesto apúntame que téñollo lavado co meu champú, co champú de Ghanito.
proba a buscarte no http://kartoo.com/
veras que divertido…
Said by goretoxo 11 Maio, 2007 at about 8:55 a.m.
Hai tempo, xuntei a vanidade precisa para acometer a busca (non che son moi fan de min mesmo), e o resultado foi lamentable. Entre outras cousas, porque o meu nome completo, ten a dimensión de exotismo do de Jose García (sin selo, of course). E quen raio coñece a triunfadores de nome tan mediocre?
http://www.fotolog.com/perfidiafm (aproveitando)
Said by O GHORDO 11 Maio, 2007 at about 9:31 a.m.