Xa comezou, en versión Beta como é habitual, Xeración Web, novo xornal en galego do grupo El Progreso. Despois do acerto (non sei se con exito económico ou non) do seu gratuito en galego LV apostan polo formato dixital para este novo medio.
Paréceme unha nova estupenda para a rede galega que haxa un segundo xornal que poida facer a competencia a Vieiros, porque penso que iso fará que o número de lectores dos dous medre. O que non sei é o que pasará ca publicidade, supoño que ó primeiro tenderá a baixar un chisco en Vieiros se XW ten exito pero a longo prazo, se os lectores de xornais dixitais en galego aumentaran debería haber mais publicidade a repartir.
Velaquí tendes unha captura da paxina de inicio do novo xornal:

Detalles que me gustan xa desde o primeiro día, sen empezar case a ver nada:
o primeiro a licenza, creative commons, igual que vieiros (ou este blogue). Paréceme unha opción estupenda, nomeadamente se queren ser de verdade xeración web.
o segundo, algúns autores de artigos de opinión que se me fan coñecidos, e o espazo esfera libre, no que abren unha porta á participación da comunidade. Tamén podedes dicir que aproveitan o choio da comunidade para encher contidos, pero ese pensamento non é moi 2.0
E o que non me gusta é o nome: Xeración web non me parece bo nome para un xornal, pero é unha cuestión persoal. E non me vai quitar de seguilo
Parabéns pola iniciativa, e moita sorte.
Engado:
Entérome por G Harvey que deixan colar os seus deseños en flash notras páxinas e mesmo dan facilidades para facelo.
O do nome, non te preocupes que se non che gusta cambiámolo polo que ti prefiras! Faltaría máis!
Gracias polos ánimos, xa sabes que sempre serás benvido por alí
E concordo contigo, cantos máis sexamos creando contidos na rede galega, sexa en medios, blogs ou nos postes de ADSL, máis beneficioso será para todos.
Dixo por chexire 11 maio, 2007 sobre 12:24 am
[...] Certamente, axudou a amabilidade que o blogomillo tivo con nós. Ghanito, Zero Vacas, O Duende, Besbella, A Pirámide, Harvey… unha acollida moi cariñosa que non merecemos e que nos dou forza para superar esta primeira fin de semana na que o sono tiña máis ambicións que Bush mirando un mapamundi. Temos que facer mención especial ó post que Manolo Gago nos adicou en Capítulo 0. Gago vén a ser un pai espiritual, un excelente profesor que dende as súas clases inspirou os primeiros pasos desta redacción no turbulento mundo do xornalismo dixital. [...]
Aviso (Pingback) por Éche o que hai 14 maio, 2007 sobre 9:51 am