O sábado fun a Pontevedra ó cultur.gal.
cultur-gal.jpg

Houbo cousas que me gustaron e outras que non.

O que mais me decepcionou, igual debido á hora a que fun, sábado a mañá, foi a moi pouca xente que alí había de visita. Pregunteille a alguén nun dos postos se fora igual toda a semana e contoume que non houbera moita xente. Hoxe leo en Vieiros que tivo 10.000 visitantes. Non foi esa a impresión que eu saquei, mais alédome de fora unha impresión errada, con todo hai moito recorrido para un aumento de visitantes.

panorama.jpg
E pola contra, o que mais me gustou foi atopar alí unha chea de nenos escoitando como lles contaban un conto.

nenos.jpg

Aproveitei para mercar o home inédito, que estaba Meixide asinando exemplares, ainda que como había tan pouca xente, poucos asinou. de feito, se fago casó ó que me escribiu, fun o segundo descoñecido ó que lle adicou o libro. Como xa lle dixen a el, a ver se así o leo, porque en PDF baixeino, pero a miña preguiza dominoume. ¿Ou foi a procastinación?

O mellor da mañá, con moita diferenza, foi atopar ós pais dos pelachos, que foran con Pawley á feira.
paispelachos.jpg
Atopeinos cando eu xa marchaba e voltei dentro con eles escoitando un intre o Extrarradio. Foi unha sorte porque puiden ver a entrevista con Susana Rei, á que non coñecía, autora da curta Cousas de Kulechov e que pareceume moi interesante. Mágoa que non me coincidira a súa proxección, igual que tampouco puiden quedar para ver á tarde How soon is now? outra producción á que lle teño gañas. Se non se me poñen a tiro en breve haberá que empregar outros medios para poder velas.
susanarei.jpg

E para rematar esta foto dun colchón pendurado na parede, nada que ver co colchón de Laureano Oubiña.
Descoñezo a autoría da frase, se alguén pode ilustrarme agradézollo.
colchon.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter