Chegou o día e estivo case todo o mundo na Nasa.
A ocasión ben o merecía, era á fin o primeiro concerto de Projecto Mourente e ademais abría o concerto Los Ruines ós que non coñecía pero me deixaron moi boa impresión, o son mais roqueiro da noite sen ser demasiado duros

e despois deles, como os autodefiniu Martiño o seu cantante, The Homens foron "os putos teloneiros do puto Projecto Mourente".

O son foi virando mais pop con The Homens, que contaron ca axuda de Carlos Valcárcel (Projecto Mourente) ó teclado para o final do seu concerto.

E á fin saíu a escea Projecto Mourente,
acompañado para a ocasión pola súa DJ Yolanda e por Roi e Martiño de The Homens. Non sei quen denominou ó combo Projecto Homens, pero non era mal nome.

O delirio colectivo fixo que reclamáramos a presenza de Projecto Mourente en Eurovisión, non sei eu se terá nivel abondo Eurovisión para a música que fai este home.

E con todo, o mellor non é só a súa música, no esceario da a impresión de ser un ghicho moi riquiño.
Non penso eu que haxa moita xente cun debut tan apoteósico coma o seu onte na Nasa.
Cando remataron os temas que arranxara para tocar co acompañamento de guitarra e baixo marchou e voltou para facer o que el chamou Karaoke e seguiu botando temas do seu disco que podedes baixar de balde na Regueifa. Tamén tocou o corpo xeitoso de Andrés do Barro que versionou para o disco de homenaxe argallado polo Regueifeiro (os días non dan pasado para a súa publicación, vai ser un momentaso!) Só faltou que tocara baixo os eucaliptos.
No publico estaba moita xente do blogomillo: Modesto, ascarida, fer, xornalistinha, ifrit, Sak, besbellinha, zerovacas, Vincent Jalo, Gustavo Harvey, Calidonia, Kate, Luis en tránsito, Sabelaogrobe, e supoño que habería mais blogueiros que eu descoñezo.
A que non estivo, seguindo o seu costume, foi a señora Colombo, que con entrada mercada, habitación reservada, e case maleta feita non puido vir por motivos laborais. Dou a miña palabra que, pese o que digan algúns non a inventei, que existe de verdade
Se teñen ocasión de ver ó Projecto Mourente ao vivo, non fagan coma a señora Colombo, non a perdan.
chúzame - 

Eurovisión en galego! Pois non estaría mal.
Así a bote pronto vexo entre o público á Pícara de Allegue e ao Artipractor… Seguro que había máis blogueiros por cm cadrado ca nunha xantanza.
Un saúdo
Said por O Breogán 17 maio, 2007 at about 7:08 pm
Vaites! mágoa que ninguén mos apresentara
Vai ser certo o que comentábamos: unha bomba na NASA onte deixaba reducido á metade o Blogomillo
Said por ghanito 17 maio, 2007 at about 8:10 pm
Os putos teloneiros do puto Projecto Mourente estiveron de la ostia, as novas cancións molan. Pero Mourente saíuse, quen diría que onte foi a súa primeira aparición en escea, porque tiña un estilaso!
Canto blogueiro diormío! Vai haber que quitarse
Said por kate 17 maio, 2007 at about 8:47 pm
Que ocasión perdida de eliminar a competencia! XD XD XD
Said por lourixe 17 maio, 2007 at about 9:51 pm
[...] Como Ghanito xa o fai marabillosamente aquí e aquí, non teño moito máis que comentar do de onte á noite, só facer achegas audiovisuais. Velaquí o vídeo do debut de Projecto Mourente: [...]
Aviso (Pingback) por ModestoWeb » Noite Mourente 17 maio, 2007 at about 10:11 pm
Dende a Illa Esmeralda quero mandar a miña felicitacion mais sincera para Carlos Valcarcel ( Projecto Mourente ) na sua apresentacion ante o publico galego.
Esperando que sexa o comenzo do seu exito tan merecido, segundo a critica especializada de Galicia.
Aledame ver dende a lexania esa union entre musicos da miña terra (Los Ruines- The Homens ).
Unha forte aperta para todos .
Edilberto…2007.
Said por Edilberto Alonso 18 maio, 2007 at about 1:00 am
[...] por algums lugares coma estes atoparedes fotos e videos [...]
Aviso (Pingback) por AK-77 » Arquivo do blogue » AKRITIKAR—>ROCK IN COSTA 18 maio, 2007 at about 1:42 am
Nenooo
que ben o pasamos ….. siiiiiiiiiiii
robo fotos ,-) , Podo ?
Unha aperta grande
Said por Luis_en_transito 18 maio, 2007 at about 7:45 pm
Está ben o de Mourenthe homens… a verdade é que foi unha experiencia incrible, os irmáns Valcárcel son o máximo. Coma dicía o amigo Harvey, son os nosos Kennedy! Mourente Presidente!!
(agora que me fixo, na antepenúltima foto, Carlos ten un aquel xestual co Jesus do Gran Lebowski, facendo o baile cos Gipsy Kings de fondo…)
Bête de scène!!
Said por Logoferoz 18 maio, 2007 at about 8:19 pm