Antonte, no coche, sintonicei por un tempo Radio Galega Música.
Eu xa sabía de que vai a programación habitual da RGM, por iso non me sorprendeu, pero a señora Colombo non a coñecía e dixo que semellaba o reproductor MP3 dun neno esquizofrénico.
Tentar contentar a todo o mundo normalmente conduce a non contentar a ninguén, e a falla de coherencia na selección musical non debe confundirse ca variedade ou o coidado pola diversidade.
No momento pensei en escribir esto que agora poño aquí, pero pensei tamén que igual a programación cambiara, a fin de contas sabía que Radio Oceánica se emite por esta canle os domingos, e que o mesmo tempo comezara un programa de Rodrigo Romaní. Tamén atopei hai algún tempo fotos doutro programa (que agora sei que é tres peixes voando) que pola xente que o facía prometía alomenos coñecemento do que falaban. E para rematar sabía que cambiaran á RGM estudio 3, dos poucos programas que escoitaba eu na RG de cando en vez antes de que renovaran a programación.
Pero claro, non podía falar sen coñecer o resto da programación…
Abraiado quedei ó descubrir que só hai dous programas mais en toda a programación: Fagot en fuga e Modus vivendi.
A Radio Galega Música só emite dous programas diarios!!!!!
O resto do tempo emiten música en sesión continua, sen interrupcións.
Agora podo dicir xa o que pensaba, porque coñecía a situación mellor do que eu imaxinaba.
¿Como pode estar tan desaproveitado un recurso tan escaso como é o espacio radioléctrico? Nomeadamente mentras se emita en analóxico.
¿Como se xustifica desaproveitar unha canle de radio tendo xente formada e contidos abondo para encher franxas horarias a punta pala?
O modelo non hai que ir lonxe para atopalo. Penso que Radio Nacional de España está inspirada moi directamente na BBC, non sei de onde sacaron a idea de montar Radio 3 pero copiar do que está ben feito non ten que dar vergoña, e mais cando tantas veces copiamos o malo.
En troques de ter unha canle valeira, sen locutores no 80% ou 90% do tempo poderíamos cambiar para a Radio Galega 2 programas como Extrarradio, Aberto por reformas, A boca da noite, diario cultural ou mil ribeiras. Sen pechar a posibilidade de que puidera existir algun informativo.
Ainda quedaría moito espazo para engadir xente con ideas á RG, un pouco mais orientado ós ouvintes ‘tradicionais’ a RG1 e á xente menos vella a RG2. A radio non se escoita coma se ve a televisión, ter unha certa coherencia na programación ten certa importancia para capta a atención da audiencia. Tratandose dunha radio pública o importante non é só ter audiencia, pero si que o é criar contidos de calidade que lle aporten algo ó pais, e unha vez se fan os contidos procurar que cheguen ó maior numero de cidadáns posibles.
Esta proposta de reestructuración da programación pareceme sinxela, coido que aumentaría a audiencia da segunda canle e pode que mesmo da primeira e nonpenso que fora moi cara.
E estou a pensar nas dúas radios locais que eu tiven a sorte de escoitar en Vigo e na Coruña nas que non todo o mundo era bo, nin moito menos, pero si que hai xente interesante. Estou a pensar en Xosé Otero, de Radio ECCA en Vigo, unha enciclopedia humana da música maqueteira en Vigo desde hai 15 ou 20 anos e un locutor con moitísima experiencia, ou en Sak na Cuac FM, que desde hai menos tempo ven facendo un estupendo programa sobre música electrónica: e-music. Ó ghordo de Perfidia, tamén da Cuac FM coñecino antes de escoitar o seu programa, non sei se son obxectivo cando digo que parece bo, pero sei de quen concorda comigo. E supoño que no resto de cidades galegas pode haber mais xente polo estilo. E isto só nos que xa están nas ondas, se queremos atopar mais só teríamos que escoitar entre os podcasteiros galegos.
¿Con quen hai que falar? ¿A quen hai que convencer?
Xa estamos tardando moito.

Umha proposta para umha Radio Galega de duas canles…
Desde Apocalipse do Porcho chega umha proposta que eu assino: A denúncia do desaproveitamento do espaço EM da Radio Galega Música, sem programas e ocupado por música continua sem coerência. Nom é possivel umha nova organizaçom do espaço radiof…
Trackback by chuza.org 22 Maio, 2007 at about 11:11 p.m.
radio kalimero ó poder
Said by franetico 23 Maio, 2007 at about 12:50 a.m.
pois tés todiña a razón, nosoutros en RadioValadouro (un concello de pouco + de 2000 habitantes) e dun xeito totalmente amateur, estamos a sacar 8 programas de producción propia cun total de 10 horas semanais. Imaxinate o que pode facer unha redio con fondos!!!
Said by Suso Rubio 23 Maio, 2007 at about 6:22 p.m.
estou contigo ghanito, pero vai ser que sae máis barato meter música de rechea que pagar a locutores… éche o que hai :/
Said by homedareia 23 Maio, 2007 at about 7:09 p.m.
locutores e técnicos…
Said by homedareia 23 Maio, 2007 at about 7:10 p.m.
¿E logo a Radio Galega (1) non ten publicidade?
Tan doado coma iso para reducir o custo do cambio.
Said by ghanito 23 Maio, 2007 at about 7:28 p.m.
Radio3 saiu de aquí http://www.bbc.co.uk/radio3/
(habería que escribir unha entrada como esta sobre o que están facendo con R3 e en xeral coa radio pública española… triste :/
Said by ifrit 31 Maio, 2007 at about 5:10 p.m.
[...] Despois de que o outro día falara da Radio Galega Música atopei na rede que outra xente está a pedir as mesmas ou semellantes cousas. Evidentemente uns teñen mais posiblilidades de acadar algo que outros e agardo que o eco no Parlamento sexa quen de facer algo. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » mais música, radio e televisión. 3 Xuño, 2007 at about 10:48 p.m.
Agradecerè me envìen el telefono y correo electronico para comunicarme con Marcial en Radio Galega.
Saludos/Oscar Pedreira
Caracas-Venezuela
Said by oscar pedreira 28 Febreiro, 2008 at about 5:06 a.m.