Este é outro novo intento de cambio de molde.

Encántame a súa sinxeleza!

Esta vez o problema é cos comentarios (e algunha cousa mais) porén non desboto ainda voltar a este molde, que me gustou moito. A ver se son quen de modificalocomo me fai falla. Xa vos contarei

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte chegou xa a miña nova cámara.

g7naman.jpg
Encántame, pero dame que vou ter que aprender a tirar fotos.

A anterior que tiña era totalemte automática e non daba case posibilidades, esta da mais das que eu son quen de aproveitar polo de agora.

g7nasmans.jpg

Xa irei contando que tal vai o conto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O lúns paseando polos cantóns, de volta do meu paso ó lado escuro, pasei polo centro On de Caixa Galicia e descubrín que hoxe había un recital de Lucía Aldao (é inevitabel que poña a ligazón á wikipedia :lol: ) e María Lado, como nunca as escoitara e oira falar moi ben da súa arte ao vivo decidín ir velas se podía.

Hoxe, coincidiu ademais a publicación na Regueifa do Berlin de María axudada por Fanny e Alexander, do que xa oira un pequeno avance hai uns días. Moi bo.

Con todo, non agardaba o que vin esta tarde.

Primeiro a parte do esceario. Hai que agradecer a Caixa Galicia que preste os seus locais para estes actos, porén aí remata todo. A pouca sensibilidade da presentadora, presentando o acto en castelán nun acto que se desenvolvíu integramente en galego foi unha anécdota sen importancia, porque moito pior foi o pouco cariño que se lle notou á organización cara ó evento.

Houbo unha manchea de problemas técnicos de todo tipo que estou case certo de que se terían solventado cun mínimo de preparación ou cun empregado da fundación na sala durante o acto. O que se anunciaba na súa web coma un mix de poesía-imaxe-música cumpliuse só en parte, durante o comezo, na parte que ocupou o poeta Suso Pensado, que por certo nos programas que imprimiran e eu collín na rúa non aparecía. Dame que a improvisación e os fallos deben apuntarse no debe do que organizou o evento, non dos artistas. Supoño que cando ven alguén ‘importante‘ a dar unha conferencia hai alguén alí para que todo funcione e non teñen que andar os conferenciantes manexando todo.

O público, que enchía totalmente o local, e ainda había cadeiras postas a mais tiña unha media de idade que debía andar polos 50 anos e maioritariamente feminino, e debíamos sumar unhas 50 persoas incluindo poetas e musas.

Deixando a parte a distracción (innecesaria para min) dos aparellos que non foron coma debían, o recital, nomeadamente na parte final, foi impresionante. Disque foi atípico para o que adoita facer María, pero a min gustoume moito, igual que a parte de Lucía. A Suso Pensado notábaselle o menor costume de recitar en público polo que a súa posta en escea non estaba á altura das dúas compañeiras de espectáculo que tivo hoxe, sin que sexa falar mal del, porque elas están a un nível altísimo.

Quedei con gañas de mais, haberá que estar atento.

Fixen algunhas fotos, porén non quixen usar o flash (só unha vez) e a maioría non sairon ben. Disque hoxe saíu para aquí a miña cámara nova, para a próxima terei unha chea de fotos decentes que non saian borrosas.

recital-on.jpg

A que saíu ben foi unha foto que saquei antes do acto, que non sei eu para que serve esta tapa…

centro-on.jpg

Supoño que será de luxo, e igual por iso o baño estaba pechado con chave :P

Chuzame! A Facebook A Twitter

¿Por que Hugh Hefner pasa o día en bata?

hughhefner.jpg

¿Alguén o pode explicar?

¿E onde merca esas batas con ombreiras?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sempre me fai graza cando os políticos queren deixar fora da política os grandes temas da política.

Deixemos o terrorismo fora da contenda política!

Deixemos o urbanismo fora da contenda política! 

Deixemos os  incendios fora da contenda política!

deputados.jpg
Deixemos a estes inútiles fora da contenda política!

Poñede a alguén que queira facer política e non pelexarse polo poder coma se foran clans mafiosos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O que ven buscando ultimamente a xente que aterra aquí desde os buscadores é isto. Ollade ás que marquei con puntos vermellos!

verbas.png

Para o que busca a ‘pelicula porno de la presentadora de aqui hay tomate‘ penso que non vas ter sorte, meu rei.

Ó das ‘esquelas bonitas‘ ¿a que andas, rapazolo?

Ó da ‘belly expansion‘ o segredo está no churrasco, seica.

Grazas a todos polas visitas e seguide buscando ¡a ver se hai sorte!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp