Despois de moito tempo dándolle voltas, onte decidín mercar unha Canon G7 para sustituir á miña vella Fuji A303, que xa se me quedaba un chisco curtiña de posibilidades.

Hoxe estiven vendo prezos na rede e despois din un paseo polas tendas da Coruña, por 50 e pico euros menos que nunha tenda merco a cámara na rede, e por 50 e pico mais que no Corte Inglés merco ademais unha batería de reserva e unha tarxeta de memoria en condicións (8Gb farán tremer a mais de unha das miñas víctimas habituais :lol: ).

canong7.jpgg7back.jpg

O aire retro e a robustez que aparenta (co seu exterior metálico), o zoom 6x óptico, os 10 megapixels, os axustes manuais, o visor óptico, o seu pequeno moderado tamaño, ten prácticamente todo o que lle pedía á nova cámara, algunhas cousas mesmo de mais, agás o prezo claro, prefería que non se me desmandara tanto.

Estou encantado de que á fin me decidira, agora a ver se chega axiña e aprendo a facer fotografías como-dios-manda.

¡Avisados quedades!

Chuzame! A Facebook A Twitter