A única película rodada en 35mm en Paraguay en trinta anos… menudo xeito de presentar unha película, todo un xeito de animar ó público.

A película é moi triste, e un chisco menos trepidante que Piratas do Caribe. Tamén ten algún efecto especial menos. Disque os americanos van facer unha versión, pero igual cambian o final e meten oitocentos actores e trescentas localizacións, pero mantendo o espírito da obra intacto.
Coñas aparte, non é o tipo de filme que adoito escoller para ver na casa, porén recoñezo que as sensacións que a autora pretende criar chegan nídias, empregando unha total economía de recursos. E ó final, nin te decatas de que siguen sendo planos secuencia interminabeis e invariabeis.
Hoxe, un día despois, estiven contándolle á miña compañeira de traballo o argumento da película e si, recoñezo que a película esixe esforzo do espectador, é calquera cousa menos cine de evasión, e mentras a estás vendo danche gañas de cambiar de canle e ver outra película (até que lembras estar no cine
). Se cadra, o exercicio de ver dous vellos agardando, polo fillo, pola choiva, pola noite, pola morte deixa un pouso amargo, pero tamén a cervexa é amarga. O cine de evasión é coma a coca-cola, vale para nenos ou adultos, pero non pode ser o único que se beba, e acabamos desfrutando da cervexa ou do viño cando medramos e perdemos o medo a outros sabores menos doces.
Se cadra unha educación para a arte faría que calquera, eu mesmo, desfrutara mais desta obra. Con todo, só se precisa un chisco de sensibilidade e de paciencia para poder desfrutala. E iso non me quitou de desfrutar esta mesma fin de semana co cine de John Carpenter en sesión dobre. O gafapastismo nace cando a arte ou a estética pasan de pracer a ética, non arrenego do ben que o paso vendo cine de consumo, de serie B ou mesmo de serie Z, só estou aberto a novas (e diferentes) propostas, por moito que me teña que esforzar e ainda que ás veces sucumba ó sono atrasado no intento.
Se non hai curiosidade (de calquera tipo) que nos leve a sair do rego podémonos converter nos protagonistas da hamaca paraguaya, pero fronte á hamaca temos unha televisión e un cine nos que cada día hai menos opcións.

Hoxe estiven no epicentro do mal e consumei o meu paso e o da señora Colombo ó lado escuro.
Atendeume un atento funcionario, facerlle unha foto.

Estivo encantado de que pasáramos ó lado escuro. Eu fun mais tradicional no da sinatura, asinei con sangue.

Pois nada, en tres días entrégannos o pasaporte turco. Xa o sabedes.
Hai uns días La Opinión anunciaba que co gallo da noite de san Xoán os usuarios mais frikis do portal gallego Chuza.org Chuza-wiki convocaran ós seus conxéneres a unha festa nas ruas e bares da Coruña, na que estaba prevista cear e despois desprazarse á casa de Corcoba para cantarlle unha serenata baixo a súa fiestra. A cita A Coruña arde que te cagas foi onte.
Cumpliuse en parte o programa, pero era doado, porque de tan pequeno que era facíase en dúas patadas. Pero vaiamos por partes.
Quedamos no lugar e á hora acostumados, a estación de tren ás dez e cuarto. De camiño para alí atravesei o barrio da Sagrada Familia e observei tópicos que eu pensaba que xa desapareceran. Cruceime con alomenos tres grupos de xente que asaban sardiñas na rua, pero o curioso era que escoitaran música semellante á de Camela en casetes, se ademais conto que unha nai chamaba á súa filla Gisela berrando a imaxe está case completa. Quedei pampo, hai outra Coruña e está nesta.
Cando cheguei á estación estaban xa ascarida e Sak, e ós poucos de que eu chegara apareceu mourullo por un lado e ifrit por outro, xa estabamos listos para agardar tomando unhas cañas por Snob e Modesto que perderan o tren por quedar sen billetes.
Unha vez chegaron tiramos cara a rua da barrera. De camiño pasamos por un dos epicentros da marcha na Coruña, o Opencor de Juan Florez. Se eu fora El Corte Inglés plantexaríame poñer uns altavoces cara ó exterior e poñer unha barra alí fora.
Como era un chisco tarde xa para cear e beber antes de ir cantar ó señor Corcoba, e aproveitando que estabamos perto da súa casa, adiantamos a nosa visita a ese momento.
A verdade é que tal coma nos pintaron na Opinión semellabamos uns vándalos, e nada mais lonxe da realidade. Só estivemos dandolle apoio moral, berrando uns minutos ¡alcalde, alcalde! e a unha hora mais que prudente. E non tivo o detalle de asomar e saudar. Se votara na Coruña mais de un dos que alí estabamos, o resultado das eleccións sería ben distinto, eses 2600 votos medrarían espectacularmente até os 2605 (5 votos arriba ou abaixo
)

Mentras estabamos no tema achegouse un paisano preguntando que estábamos vendoe informoulles ó resto que eu lles sacara unha foto (por se estaban cegos e non se decataran do flash, supoño).
Fixen mal en dicirlle que había alguén tentando saltar do edificio, ainda que para o caso que fixo…
Seguindo a ruta, ó pé do obelisco recibimos con ledicia a Martin Pawley que guiounos con sabedoría cara o mesón da Barrera, na rua do mesmo nome

E despois de cubrir as necesidades alimenticias fomos cara ó Bathory. Alí ó lado atopamos a arduina que ía cara á súa casa a traballar algo e se retiraba. No Bathory tiven oportunidade de amosar habilidades descoñecidas. O bocoi de cervexa acabouse, a rapaza da barra non o sabía cambiar e eu quería catro litros de cervexa. A necesidade obriga e tiven que ofrecerme para cambialo eu mesmo (evidentemente apetecíame moito cambialo, claro).
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/v_pf9KA5iFY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Descubrín que seguen existindo os cintos con balas ¡e hai xente que ainda os leva! Non teño foto porque non quixen poñer en perigo a miña vida alí dentro. Estivemos cantando Jesucristo García e falando de Obús e Barón Rojo, da axeitada pronunciación de motörhead e de musica e baladas heavy até rematar as cervexas, momento no que collimos o camiño do desquite.
Alí Sak marchou un tempo á praia e pawley despediuse por esa noite de nós, (despois mandou unha mensaxe dicindo que chegara ó final dun festorro africano na praia. Para todo hai que saber
).
No desquite, baile e alcohol acompañados polo pincha do pata que disque non abría onte.

Snob naceu para sair na foto, cada día convénzome mais.
Ainda no desquite estabamos cando chegou de volta Sak e trouxo con el a besbellinha, xusto a tempo para a foto de grupo na Peluquería Maribel, que por certo, non é esta.

E no 14, cun nivel altísimo, rematou o percorrido.


Pouco mais hai que contar. Pateada inmensa de volta á casa coas paradas de taxis cheas de xente. Queda por saber se besbellinha podería entrar na súa casa despois de perder as chaves e a carteira na praia, pero supoño que iso terá que contalo ela mesma.
Para a próxima haberá que levar algo aprendido entre todos se lle queremos cantar a Corcoba outra volta e ¡a ver se non tarda moito!
Chégame esta mensaxe de Amnistía Internacional á miña caixa de correo.
Ainda pasei choio para traducir o texto da imaxe co GIMP!
Hai catro días, falando de blogues e cine, Pawley dicía que no blogomilo falábase mais de Banda Debuxada que de cine, e eu opinaba ó reves.
Onte falando con el, fíxome ver que eu estaba trabucado.
É certo que hai moi poucos blogues no blogomillo que falen moito de cine: o seu, cinema friki e pouco mais. E en Galicia, en castelán algún mais que xa el cita no seu blogue.
Sen facer unha lista completa, no blogomillo fala de banda debuxada (exclusivamente) que eu saiba un ollo de vidro do que xa teño falado, eu comento algo do que leo ás veces, marcus tamén e hai autores coma ictioscopio (que tamén fai podcast) ou Kiko Da Silva, e colectivos coma o de BD Banda ou polaqia.
En castelán hai unha chea de blogues, coma o do xastriño (que volve estar activo) por dar un só exemplo e unha chea de autores, moitos entre a relación de autores da AGPI teñen o seu blogue.
Penso que este desequilibrio entre Banda e cine non é só propio de Galicia. Pode que aquí estea especialmente pouco representado, pero o da Banda en castelán débese, se cadra ó pouco representada que estaba até hai ben pouco nos medios tradicionais e o oco que atoparon na rede. Hai que ter en conta que un dos críticos mais recoñecidos en España, se non o mais influínte é Álvaro Pons, o autor do blogue La Cárcel de Papel ó que ligan segundo Technorati outros 465 blogues.
Se quixeramos facer unha teoría poderíamos dicir que a Banda Debuxada antes era territorio de frikis, os mesmos que fedellaban na rede, e por iso hai tantos blogues sobre o tema. ¿Alguén ten outra?