Onte puiden achegarme ó Vecchio para coñecer outros blogueiros que viven na Coruña (e un par deles de Compostela) ca caracterÃstica de que todos escribÃan en castelán.
Era un grupo moi, moi curioso, bastante diferente do que conforma o blogomillo. Non saberÃa explicar exactamente onde estaba a diferencia, alén da evidente da lingua, porén dirÃa que a maior parte deles poderÃa pasar desapercibido nunha reunión do blogomillo. Non todos claro, e non só Chela por idade ainda que nunha xantanza do blogomillo viñera muralla co seu home, que podÃan ser da mesma quinta.
Dos que se apuntaran apareceron: Chela, Teresa, Rosa, Enrique, Meig, LordMax e a súa musa (que disque vai ven de abrir blogue logo), Nacho, Carmen(que veu ca súa filla), lamastelle, Juanjo, pjorge, NeKRoMaNT, (cos tres últimos nin sequera falei por estar sentados lonxe e marchar eu cedo) e Frank, que convocara a reunión no seu blogue. Non quedei co nome do rapaz que non escribe (ainda) o seu blogue e veu como lector ¿serÃa Alejandro?.
É mágoa non ter falado con Juanjo (do que me falou tan ben mais tarde ascarida), co Pjorge (dos poucos ós que lle coñecÃa o blogue antes de onte) e con NeKRoMaNT (a súa moza Meig caeume simpática). Porén supoño que haberá nova ocasión de coincidir, porque a hora e media escasa que estiven con eles foi agradable e deixoume con gañas de mais.
Como ninguén se negou a sair nas fotos e mesmo se gravou un video para blogstv e veu un fotógrofo de El Ideal Gallego vou poñer as fotos da xente sen apagarlle as caras. Eu tentei agocharme para non sair moito (non o conseguÃn de todo seica
)




chúzame -
Hola Ghanito, a mÃn tamén súpome a pouco, e sinto non ter falado con outros blogueiros. Hay que buscar unha boa conexión entre os blogs do blogomillo e os “outros” que estamos na Coruña, alo menos para coñecernos millor e non ir cegos a estas reunións.
Foi un pracer.
Said por Carmen 1 xullo, 2007 at about 9:14 pm
Pois si Ghanito, ou habia alguén coa tua mesma nova cámara ou Chela (que por certo coñezo, “que pequeño te es el mundo”) fÃxo un retrato teu en condicións
Said por Suevo 1 xullo, 2007 at about 9:24 pm
Realmente la pasamos muy bien y debemos repetir, la idea de Carmen de unirnos todos me parece muy buena. Saludos.
Said por rosa 1 xullo, 2007 at about 9:42 pm
[Maldade] Muita “La Coruña” (sic) miro nas ligaçons
Said por odemo 1 xullo, 2007 at about 9:54 pm
A verdade e que estivo ben a cousa… De todo se aprende, e estar con xente tan dispar enriquece moito!!
E ben seguro que de aquà en diante os vosos blogs teñen moito que ensinarme!!
ObrigadaAaa!!
Said por Meig 1 xullo, 2007 at about 10:14 pm
Foi unha xuntanza blogueira moi interesante. Haberá que repetila nun futuro próximo por aquelo de non perder contacto e comba. Unha aperta.
Said por Nacho 1 xullo, 2007 at about 11:53 pm
Estivo estupendo coñecervos a todos, para facer vasos comunicantes entre os diversos mundos que hai neste. HaberÃa que repetir, si.
Said por ghanito 2 xullo, 2007 at about 5:54 am
[...] los que vinieron: Chela, Teresa la ejecutiva agresiva NeKRoMaNT juanjo lamastelle pjorge Nacho de la Fuente Carmen rosa enrique castro Ghanito LordMaX meig daniel yo [...]
Aviso (Pingback) por Planetfrank » Blog Archive » cafe & blogs de coruña: un exito 2 xullo, 2007 at about 8:57 am
Sen dubida foi un placer coñecerte a ti e tamén ao resto dos blogueiros e blogueiras que estabamos. Tense que repetir.
Unha aperta dende Santiago de Compostela.
Said por EblogTV 2 xullo, 2007 at about 6:55 pm
Que é o que vejo! Mas se nas fotos aparece Enriquito Castro? Conhecido censurador de opinions no seu blogue, sempre e quando falem dos brilhantes projetos do PSOE para com a universidade! (Mentiras, mercantilizaçom, etc… Fixérom com a LOU o mesmo que com o da OTAN)
Um saudo para tod@s.
NOM À MERCANTILIZAÇOM DA UNIVERSIDADE!
€€€$
Said por Kotxo 3 xullo, 2007 at about 2:44 am
[...] Unha das cousas que se comentaron o outro dÃa no Vecchio foi a posibilidade de artellar un directorio de blogues feitos na Coruña que recollera a semente de todos, independentemente da súa lingua. Eu en concreto falei disto con Carmen, a administradora da Unión de Bloggers Hispanos (semellante á blogaliza pero en castelán) cando xa estabamos marchando os dous. Non sei ainda as caracterÃsticas que vai ter exactamente, ou se estara aberto tamén a coruñeses que vivan fora da cidade. ¡Que me Ãa dicir a min que participarÃa nunha iniciativa púramente coruñesa! [...]
Aviso (Pingback) por Apocalipse do porco » Directorio de blogues coruñeses 3 xullo, 2007 at about 7:16 pm
[...] :: La Huella Digital: Nos leemos… Los blogueros charlamos en Coruña | Unión de Bloggers Hispanos Apocalipse do porco » café e blogues no Vecchio LordMaX Blog » Bloguear en La Coruña… Planetfrank » Blog Archive » cafe & blogs de coruña: un exito Cosas de Rosa: Blogs y cafes Ejecutivagresiva » El comienzo… [...]
Aviso (Pingback) por Bitacoreros en Coruña 3 xullo, 2007 at about 8:12 pm