varios.jpg

Unha das cousas que se comentaron o outro día no Vecchio foi a posibilidade de artellar un directorio de blogues feitos na Coruña que recollera a semente de todos, independentemente da súa lingua. Eu en concreto falei disto con Carmen, a administradora da Unión de Bloggers Hispanos (semellante á blogaliza pero en castelán) cando xa estabamos marchando os dous. Non sei ainda as características que vai ter exactamente, ou se estara aberto tamén a coruñeses que vivan fora da cidade. ¡Que me ía dicir a min que participaría nunha iniciativa púramente coruñesa!

Agora, no blogue de Frank están a discutir sobre o nome para o agregador. Dos que se comentaron, a min gústame cascarilleiros. É diferente, como di marcus, e estando en galego está aceptado con naturalidade polos falantes en castelán.

Unha pregunta: Se o agregador vai recoller blogues en galego e mais en castelán… ¿que lingua empregará? ¿galego? ¿castelán? ¿bilingüismo harmónico?

Chuzame! A Facebook A Twitter