Este é un aviso para vigueses expatriados na Coruña ou unha recomendación para coruñeses.

Hai xa algún tempo que abriu na Coruña a Chicotrattoría.

chicotrattoria.jpg
A chicotrattoría é unha franquicia xurdida dunha pizzería viguesa chamada Chicote.

Abriron na rua Brasil en Vigo cando eu era neno, moi preto da casa dos meus pais. Levo comendo alí pizzas mais de vinte anos. Como o negocio foi ben abriron un segundo Chicote na rua Simón Bolivar. Mais adiante crearon as chicotrattorías, que xa non están dirixidas directamente polos socios (ainda que non sabería dicir se o negocio é deles ou só venden a materia prima e o know how). Unha en Pontevedra, outra en Vigo e agora na Coruña.

Se vos gustan as pizzas ó estilo arxentino este é o voso lugar, e se ainda non as coñecedes, deberíades probalas. Na rua Concepción Arenal en catro camiños, fronte á Estrella Galicia.

chicotrattoriaacoruna.jpg
Deixovos unha foto dun dos segredos do seu exito: as súas tortas de estilo caseiro arxentino.

sobremesas.jpg
Como curiosidade direivos que a miña aboa facía moitas sobremesas das que venden en Chicote porque unha irmá mandáballe receitas que publicaba unha revista 'feminina' arxentina chamada para ti revista que vexo que ven de cumplir 85 anos.

Por certo, se a ningún lle estrañou ningunha ligazón das que puxen foi porque non as abríu  :D

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google