A miña relación con esta obra foi moi revirada. Tentei por dúas veces ler esta banda debuxada sen que lle atopara moito interese. Porén a boa consideración na que teño o gusto da xente que dicía que era xenial fixo que tentara darlle unha terceira volta.

Non diría que me gusta se non fora tal, simplemente calaría. Pero o caso é que gustoume moito.
Como dixo a revista Time: tan dramático coma o Señor dos Aneis pero moito mais divertido. Maxia, dragóns, princesas, …monstrorratas. Jeff Smith di que a idea básica da obra sería Bugs Bunny dando un húnido bico na boca a Aragorn.
Penso que o que me botou para atrás as veces anteriores foi que non chegara ó comezo da trama de aventuras que ten a obra e quedara só na parte divertida. Lin as mil trescentas e pico páxinas en tres días, primeiro na reedición coloreada que está a editar Astiberri, cando rematei o xa editado seguín coa edición de Dude de hai uns anos no branco e negro orixinal. Esta edición non chegou a completarse, polo que seguín ca edición nun tomo en inglés até chegar ó final.
Fixo que sospeitara que a obra estaba ben o feito de que Turuto tivera todo este material duplicando e mesmo triplicando por partes.
Se queredes saber mais sobre esta obra deixo a ligazón á wikipedia (pero está chea de spoilers, quedades avisados.)
A edición a cor non é superior á orixinal en negro e branco pero ten un resultado moi bo, as cores están moi ben escollidas e non estragan o resultado, o colorista comenta algo do proceso no seu blogue. Podedes baixar aquí o primeiro capítulo completo da web de Astiberri.
Se pensades darlle unha oportunidade aproveitade agora, que Jef Smith vai estar na Coruña en agosto. Avisados quedades.
Na foto Jeff Smith debuxando a derradeira páxina de Bone o 10 de maio do 2004.
Para o que lle interese o tema, na páxina oficial de bone contan tamén algo da historia da obra e de como comezou como unha autoedición por Jeff Smith e foi espallandose grazas ós comentarios na rede.
Enton e certo iso de :
«A terceira va a vencida».Abraiante.
Said by zeke 31 Xullo, 2007 at about 12:54 p.m.
Non che teño paxoleira idea de ingles asi que esprarei a que astiberri remate cos tomos…unha magoa que dude non dese rematado a historía e desaparecese, erache unha boa editoral Un saudo
Said by An 31 Xullo, 2007 at about 1:19 p.m.
Onte á noite chegou unha visita desde a páxina de administración de boneville.com (que por certo está feita con WordPress) supoño que para ver quen falaba deles aquí.
Said by ghanito 2 Agosto, 2007 at about 8:44 a.m.
[...] algo de BD E se queredes outro consello, xa rematou a edición a cor por Astiberri de Bone, un agasallo perfecto para nenos ou maiores. Ainda que mellor repito o de sempre, ide por unha [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Y: o derradeiro home 20 Abril, 2009 at about 11:30 p.m.
[...] con Festina Lente o mesmo que con Bone. As insistentes recomendacións de xente á que lle teño moita lei conseguiron que lle dera tres [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Festina Lente 10 Agosto, 2010 at about 3:20 a.m.
[...] 2010 Narrativa,Opinións_lectores/as,Xerais nos blogs Pasoume con Festina Lente o mesmo que con Bone. As insistentes recomendacións de xente á que lle teño moita lei conseguiron que lle dera tres [...]
Pingback by «Festina lente» de Marcos Calveiro recomendada por Ghanito | Xerais 13 Agosto, 2010 at about 9:57 a.m.