Onte, mentras fregaba unha tixola deume por pensar na memoria. O semellante que pode ser a memoria humana e a dos computadores.

Ainda que empreguen mecanismos diferentes para gardar os datos, (que non coñezo con detalle e tampouco me interesa moito agora) as dúas poden ter buracos e corromperse os dados almaceados.

Sen embargo a nosa memoria ten un mecanismo ben curioso: o esquecemento, que non é debido necesariamente a un accidente, é un proceso natural do que os computadores carecen. Gustaríavos poder provocalo cando quixérades?

Seguramente coñeceredes o filme Eternal sunshine of the spotless mind estreada en España coma ¡Olvídate de mi!

Apagaríades da vosa memoria feitos dorosos? Non falo de sentimentos, eu iso non o faría. Falo das sensacións.

Non sería marabillosos esquecer aquela dor no dentista?

Ou mesmo coma terapia para situacións traumáticas, coma se fora un shock pero inducido. Se fora unha muller violada non tería problema en poder esquecer a violación. Ainda que de entrada non sería moi partidario de apagar lembranzas.
Fora destes desbarres, é curioso o que si lembramos.

Hai pouco menos de trinta anos deron permiso para ir ó baño, había que ir por turnos, cada un coa súa fila de mesas. Eu estaba na metade da clase. Corrín. Corrín. Corrín e ó virar, esvarei. Batín cunha mesa. ¿O que? non o lembro, podo supoñer que unha cella, que botei unha chea de sangue. Leváronme ó baño para limpar o sangue (antes o auga tiña mellor prensa que agora, supoño) Entón mirei a miña man, e alí estaba o meu lápis. Cheo de marcas de dentes e pequeniño de afialo. Para que carallo levaba o lápis se estaba indo a mexar?
lapis.jpg
Hai vinteseis anos D. Virgilio, que non era o meu profesor (nin o foi despois) preguntou na miña clase, na que estaba de visita: ¿De donde son los bilbilitanos? Eu respostei sen medo: de Bilbao. E ainda hoxe o lembro. Odio trabucarme. Non é por iso, mais nunca estiven en Calatayud.

Como esas teño outras, igual que todo o mundo, non sei se todos atopan pracenteiro pasar algún tempo lembrando estes pequenos detalles.

Se sodes da miña xeración e gústanvos estes exercicios cun chisco de saudade, podo lembrarvos un ano despois o libro de Fermín Solís El año que vimos nevar que fai parte tamén da miña colección de libros adicados. Atoparedes alí vivencias comúns coma a da volta ciclista. Non sei se os nenos que vexan en Vigo a volta esta semana o lembrarán con tanto cariño coma o facemos nós, que daquela suspenderan as aulas para poder vela!

Chuzame! chuzame -

Acúsame Melo de ser un friqui despois da semana pasada en Viñetas. Pode ser, non direi que non, mais faime graza que el me chame friqui a min. Aí si que non podo concordar con el, que eu teño claro quen é mais friqui dos dous.

Unha das cousas que me gusta (e recoñezo que ten moito de friqui) e ter algún debuxo feito polos autores nos seus libros.

O que nunca tiven foi un caderno con debuxos dos autores, nin unha colección de follas soltas con debuxos.

Que pensades que é mais friqui, os debuxos nos libros ou nun caderno?

Poño aquí a imaxe do debuxo que fixo Ángel de la Calle no meu exemplar de Modotti Una mujer del siglo XX decatádevos de que todo o que non é vermello debuxouno no momento.

Aquí tedes esta imaxe mais grande e tamén algunhas outras imaxes.

Chuzame! chuzame -

Hai tres días chegoume por correo electrónico unha ligazón ó video do fuch fuch. Para o que ainda non o coñeza é un video onde un rapaz bébedo describe unha grota, unha braña, unha cavidade chea de humidade de setenta estalos na que estivo metendo a man toda. Non é apto para ollos sensibeis.

E pensei ¿canto tempo hai que vira xa este video? e lembrei que comentara o video con Gustavo Harvey porque andaba buscando videos galegos no Youtube para polemizar con Manolo Rivas hai case tres meses (ainda que ó final decidiu non utilizalo). Como o circulo non saíu de Galicia non tardou moito tempo en vir de volta.

E pregunteime outra cousa... ¿que pensará a descoñecida protagonista do video? ¿saberá que falan das súas interioridades? ¿sentirase coma Terelu escoitando a Pipi falar dos seus momentos de paixón?

Non sei se coñecedes outros famosos videos do youtube, a saga da metalera vs emo tamén coñecida como o video do pagafantas. Aí si que sae nos videos a cara da rapaza (e non só a cara, un deles pide confirmación de idade superior a 18 anos e xa ten mais de 1500 comentarios e de 800.000 visualizacións)

Tempo despois a rapaza fixo videos explicándose. (a verdade é que lle fixeron unha putada gordísima publicando eses videos) Ca explicación case o empeorou mais, aquí tedes o primeiro dos seus videos de resposta.

Se queredes seguir vendo como se explica tedes a continuación aquí e mais aquí.

Se a propietaria da grota quere seguir no anonimato (o que lle recomendo vivamente) podería encargarlle a un profesional que fixera o video de resposta no seu nome. E ¿quen mellor que Andressolo? (case que estrela galega do Youtube, con 135 suscriptores) Recomendo o consumo dos seus videos en pequenas doses, existe o risco de caer nun estado de surrealismo permanente.

Deixovos co video de presentación da fronte de libertaçom do grelo. Be grelo my friend!

Chuzame! chuzame -

Guiándome por Ifrit non cheguei a Mosteiro até as nove e media. Ainda que o comezo da segunda xornada do que podería ser un summercase festival á galega era ás oito os concertos non comezaban até as 9:30.

Por iso a choiva e mais eu chegamos puntuais ó concerto dos virginals. Supoño que a xente estaba mais avisada ca min de que os concertos comezaban tarde, porque nese momento non había nin cen persoas. Nese momento, as dúas pantallas de vídeo ó carón do esceario pareceronme de mais. Non imaxinaba a dexente que chegaría mais tarde.

Os virginals eran o grupo mais rockeiro da noite, sen deixar de ser bastante pop tamén e non están mal, ainda que me pasou con eles o mesmo que cos sunday drivers (que vexo no seu myspace que recoñecen coma influencia) non me divertiron moito, agás a versión de like a virgin. Se cadra non tiña eu o día.

Direi no seu favor, que o resto de grupos gustáronme moito, e se cadra iso influíu na opinión que formei sobre eles.

E un modesto consello para o batería do grupo: Se o público é de cen persoas ou menos, non berran pedindo bises nin se amorea diante do esceario NON lle tires as baquetas. Non é preciso facer ese gasto de material. Supoño que non será unha superstición persoal, se o é calo a boca.

Despois de tomar media ducia de churros con chocolate saquei unha foto a un espectador que estivo nos dous concertos (ainda que no dolorock os grupos non o mencionaron nin el bailou tanto, igual non quixo ser outra vez unha estrella).

estrela.jpg

O dos churros, por certo nun posto deses ambulantes era do pouco que lembraba que eran as festas de Mosteiro. Iso e o lugar, o campo da feira de Mosteiro.

Despois dos churros con chocolate chegaron 6PM, collo aquí prestada a definición que deles fai Sak: elegantes. Sendo tan só dous, tocan unha chea de instrumentos, que por veces fai que parezan dous homes orquestra, e ó tempo teñen un son moi minimalista cuns arranxos moi delicados, de detalle. Gústame que un dos instrumentos ós que non renuncien sexa a batería, (na que van alternando) ainda que leven parte dos sons no portatil. Xa sabía eu que seguir sen ver a estes rapaces en directo era un erro (ainda que fora un erro contra a miña vontade)

Ainda que chovía un chisco durante o concerto de 6PM, (mais que as tres pingas que caeron ó comezo dos virginals) cando chegaron os Lori Meyers, e aproveitando que xa estabamos debaixo da carpa do bar aproveitamos e quedamos alí a cuberto vendo o concerto de lonxe. (Tamén estaban alí Alejandro, David, Jayat e compaña, Patri e Dani chegaron mais tarde) Paguei non sei canto hai anos por ver ós Rolling en Balaidos desde bastante mais lonxe.

Contra o final escampou e achegámosnos ó esceario, e non só para ver a camisola de elf power que tiña todo intrigado a Ifrit. Atopámonos alí cun amigo de Snob que marchou nada mais acabar nos Lori Meyers Ó Grove que disque por alí andaba xa o Snob. A nós ainda nos quedaba moita noite de concerto. Ós Lori Meyers tampouco os vira nunca ao vivo e ainda que non foron tampouco os meus favoritos, repetirei así que teña oportunidade.

The Gift tunearon o esceario para demostrar que son un grupo totalmente consolidado e de masas en Portugal, semellaba que podían sair ó esceario uns U2 algo mais cutres.

Coma ocorre sempre nestes casos os músicos eran moi bos e Sonia Tavares gostaba moito de si e pasou o concerto posando (e eu sacándolle fotos claro).

Como detalle, ó final do concerto Nuno Gonçalves tocou o theremin, pero tampouco fixo nada do outro mundo con el. Iso si, coreografía fixo abondo.

E para rematar, a que para min foi a maior sorpresa do concerto. Non vira a Mendetz en Vilagarcía porque daquela chegara co tempo xusto para ver ós triangulo de amor bizarro, e coma eu sempre ando na berza trabucábame e pensaba que eran Travolta. Se algún coñece ós dous grupos pode imaxinar a boa sorpresa que levei.

Parecéronme moi simpáticos, gustoume a súa música e por se non era abondo, o guitarrista convidou ós que non tiveran o seu disco a mercalo ou a descargalo da rede.

Con todo, o que mais me impresionou foi o seu baixista, unha besta tocando. Ese home seguro que está no grupo polo ben que toca e non pola súa imaxe. Ademais fai cousas co baixo que amin en tempos non me deixaban, nomeadamente mete o wah wah nun par de temas e quedáballe de puta madre. Xa son fan.

Se podo repetirei o ano que ven neste 'festival de dous días dos dolores', ainda que se teño que escoller gustáronme mais os grupos do dolorock ca os do lolapop.

Se queredes ver mais fotos, teño estas e outras no flickr.

Chuzame! chuzame -

O venres ás oito, coma un reloxo, chegamos a señora colombo mais eu ó lolapop. Da gusto ver como os cartos dos concellos ás veces serven tamén para que a xente poida ver música menos comercial da que fan as orquestras, e iso non quita para que no programa de festas tamén haxa sitio para Pimpinela (ten que haber de todo, supoño) Diversión pop para toda a familia, ben sabido é que non só de popis viven as festas patronais.

Como non había ninguén diante do esceario cando chegamos fun alí para preguntarlle a Alejandro, que xa saía cando comezaba o asunto. Debeu oir a conversa a xente ou se cadra foi que os viu sair moi decididos a todos, o caso é que parte da pouca xente que estaba alí tan cedo acheouse para escoitar a portrait.

Ten delito que ainda non escoitara nunca a Portrait, supoño que sempre coincidiu que eu estaba na outra punta de Galicia cando tocaban. Alejandro, prometo que procurarei repetir canto antes. Gustoume o seu concerto porque teñen un son moi agradabel e responderon bastante ben á frialdade e escaseza do público pola súa condición de teloneiros. Para cando tocaron xa estaba alí media 'familia': Dani, Patri, Aser, Irene, Erica, Rober, David, Jayat e Patri (a sufridora na casa) só faltaba por chegar o outro Dani.

Subíu tocar un tema con eles Rafa, o batería de manos de topo (que compartira o seu primeiro grupo hai anos co baixista de Portrait)

Despois viñeron fantasma#3. E xa entón chegaran ascarida, Ifrit e zerovacas que é o que está a sacar aquí a foto. Non conectei moito ca súa historia, supoño que tería que darlle unha segunda volta para ver se lles collo o rollo.

Os seguintes en subir foron igloo. Xa os vira na FNAC, e xa daquela gustáranme a pesar da frialdade á que convida aquel esceario. Nese momento había mais xente no público, ainda que quedaba xente por chegar.

A xente de igloo tivo o bo detalle de adiantar a súa actuación, porque Gonzalo de nadadora tivo problemas para chegar desde Madrid e retrasouse de mais.

Non estiven moi atento á súa actuación, se cadra había demasiado pouco que os vira xa e tampouco son tan fan. Para o momento que tocaron eles xa chegara todo o público.

Maga estiveron moi ben, e como estivera escoitando o seu disco durante a semana mesmo coñecía varios dos seus temas. :-)

Para rematar, os rapaces de Dorian, que igual que na Mardi Grass volveron deixarme descolocado.

Xa non lembraba o rollo-denuncia de algunha das súas letras. Danlle un aire cutre-adolescente que empeora os seus temas. A actitude no esceario do seu cantante de popstar naïf non me acaba de encaixar, e a teclista tenme pinta de moi simpática. Aproveitei para sacarlle as fotos que non fun quen de sacar no seu outro concerto.

Outra cousa que me chamou moito a atención do grupo xa na Mardi e daquela non comentara foi que o batería leva unha batería electronica. Agora xa o podemos dicir: os oitenta voltaron con toda a súa forza.

E xa marchamos, que ó día seguinte agardábanos o dolorock en Meis... Seguindo co "summercase festival das dolores"

Irei subindo Xa subín fotos do lolapop ó flickr así que poida e mañá contareivos que tal o dolorock o7

Chuzame! chuzame -

Non esquezan que mañán é a noite do Lolapop en Ponte Caldelas.

Durman ben esta noite e vaian descansados para estar alí xa ás 8.

lolapop1.jpg

Por se non lembran o mapa que puxen hai uns días...

Vémonos alí :-)

E o sábado... Dolorock en Meis

Non dou feito e xa rematan as vacacións!

Chuzame! chuzame -