Onte en Riazor a señora Colombo e mais eu estivemos vendo a Triangulo de Amor Bizarro e a Deluxe.

Os espectáculos de uns e outros son ben diferentes, igual que o seu estilo de música.

Moito mais sinxelo na súa posta en escea o de TAB, mesmo poderíamos dicir que son ainda un grupo mais de clube que de grandes escearios. Gustáronme, e ademais xa os vira ao vivo en Vilagarcía polo que coñecía o seu estilo en concerto.

tab.jpg

tab4v.jpg

Os que nunca vira eran Deluxe, pero faláranme ben do seu directo, e confirmárono. Moi bo son e ademais daba a impresión de que o estaban a pasar ben, e iso trasmítese dando un bo rollo importante.

O vestiario era bonito, disque o acababan de pintar para o concerto (segundo vira a señora colombo na Voz)

deluxe.jpg

lonxe.jpg

Sendo musicalmente bos, eu permítome lembrarlle a Xoel que ainda que o estivera a pasar ben na casa o seu estilo músical non é coma para ir de guitar hero como fixo onte nun momento do concerto. Igual foi cousa miña, que son un raro, porque a xente estaba encantada.

guitarhero.jpg

Ainda non rematara Deluxe cando decidimos marchar porque ese ventiño lene que se desfruta na Coruña zoaba pola parte na que estabamos e a señora Colombo traballaba hoxe.

É o bo dos concerto de balde, marchas e tanto ten. Os Dover para outra. Ou non, tanto ten.

Por certo, este rapaz terá algún problema nos ollos ou serán tendencia as gafas de protección?

trendy.jpg

Se alguén o sabe, que me saque de dúbidas, sff.

Chuzame! A Facebook A Twitter