Onte en Vinilo estiven vendo o concerto dos rapaces de nadadora.

Teño unha relación rara con este grupo, coñézoos case desde que comezaron por amizades comúns e os vin medrar desde a lonxanía. Ó comezo non me convencía o seu estilo pero eles sempre tiveron moi claro o tipo de música que querían facer. Entre que eu fun abríndome mais ó tipo de música que fan eles e que foron medrando cos anos agora podo dicir que é un grupo que me gusta ainda que siga sin ser o meu grupo favorito.

A súa formación en directo de onte, ca batería reducida a caixa e pratos, Gonzalo cunha acustica de doce cordas e apoiados polo violín de Sara funcionou perfectamente. Desfruteino.
nadadora.jpg

nadadoracatro.jpg
Co que non concordo moito é ca mania que hai de chamarlles a estes sets case sen batería acústicos cando levan baixo e guitarra eléctricos e tamén teclado. Non é só cousa de nadadora, é xeralizado. Non lle poderían chamar lixeiro ou algo así? Igual queda menos hortera o de acústico, pódeno deixar. :lol:

gonedu.jpg
En Vinilo atopei a Sugarkane cun amigo, algo que agardaba porque vira no lastfm que se apuntara ó evento. A ver se este ano coincidimos mais no Grove, ainda que andemos por camiños nocturnos diverxentes :P

sugarkaneeamigo.jpg
Por certo xusto ó meu lado había un rapaz que tiña tamén unha G7 ainda que el non fixo fotos coma un tolo coma fixen eu. Curiosamente o rapaz, que era de fora (pediume que non lle falara en galego, que non o entendía) mercara a cámara na mesma tenda online ca min.

Chuzame! A Facebook A Twitter