Hoxe depois de ler este comentario de Opaco e reler outros dous comentarios anteriores boteille unha ollada no alexa ás estatísticas da web de la voz de Galicia.

É impresión miña ou está a perder visitas desde hai meses? Dame a impresión de que hai xa un ano que se invertiu a tendencia de crecemento que levaba.

Aquí tedes a gráfica dos últimos tres anos. Que opinades vós?

voz-3-anos.jpg

Con todo ainda está moi, moi lonxe de medios coma o Faro de Vigo, que xoga na liga de vieiros, Chuza ou a Blogaliza.

todos3anos.jpg

Poderíamos dicir que o Prestige tivo que ver ca audiencia que ainda hoxe manten a páxina da Voz? Se ten algo que ver con iso, é evidente que o Faro non aproveitou para nada o momento.

faroevoz.jpg

Conste que esta non é nin pretende ser unha análise rigorosa, evidentemente.

Chuzame! A Facebook A Twitter