O venres ás oito, coma un reloxo, chegamos a señora colombo mais eu ó lolapop. Da gusto ver como os cartos dos concellos ás veces serven tamén para que a xente poida ver música menos comercial da que fan as orquestras, e iso non quita para que no programa de festas tamén haxa sitio para Pimpinela (ten que haber de todo, supoño) Diversión pop para toda a familia, ben sabido é que non só de popis viven as festas patronais.

Como non había ninguén diante do esceario cando chegamos fun alí para preguntarlle a Alejandro, que xa saía cando comezaba o asunto. Debeu oir a conversa a xente ou se cadra foi que os viu sair moi decididos a todos, o caso é que parte da pouca xente que estaba alí tan cedo acheouse para escoitar a portrait.

Ten delito que ainda non escoitara nunca a Portrait, supoño que sempre coincidiu que eu estaba na outra punta de Galicia cando tocaban. Alejandro, prometo que procurarei repetir canto antes. Gustoume o seu concerto porque teñen un son moi agradabel e responderon bastante ben á frialdade e escaseza do público pola súa condición de teloneiros. Para cando tocaron xa estaba alí media ‘familia’: Dani, Patri, Aser, Irene, Erica, Rober, David, Jayat e Patri (a sufridora na casa) só faltaba por chegar o outro Dani.

Subíu tocar un tema con eles Rafa, o batería de manos de topo (que compartira o seu primeiro grupo hai anos co baixista de Portrait)

Despois viñeron fantasma#3. E xa entón chegaran ascarida, Ifrit e zerovacas que é o que está a sacar aquí a foto. Non conectei moito ca súa historia, supoño que tería que darlle unha segunda volta para ver se lles collo o rollo.

Os seguintes en subir foron igloo. Xa os vira na FNAC, e xa daquela gustáranme a pesar da frialdade á que convida aquel esceario. Nese momento había mais xente no público, ainda que quedaba xente por chegar.


A xente de igloo tivo o bo detalle de adiantar a súa actuación, porque Gonzalo de nadadora tivo problemas para chegar desde Madrid e retrasouse de mais.

Non estiven moi atento á súa actuación, se cadra había demasiado pouco que os vira xa e tampouco son tan fan. Para o momento que tocaron eles xa chegara todo o público.

Maga estiveron moi ben, e como estivera escoitando o seu disco durante a semana mesmo coñecía varios dos seus temas.

Para rematar, os rapaces de Dorian, que igual que na Mardi Grass volveron deixarme descolocado.

Xa non lembraba o rollo-denuncia de algunha das súas letras. Danlle un aire cutre-adolescente que empeora os seus temas. A actitude no esceario do seu cantante de popstar naïf non me acaba de encaixar, e a teclista tenme pinta de moi simpática. Aproveitei para sacarlle as fotos que non fun quen de sacar no seu outro concerto.

Outra cousa que me chamou moito a atención do grupo xa na Mardi e daquela non comentara foi que o batería leva unha batería electronica. Agora xa o podemos dicir: os oitenta voltaron con toda a súa forza.
E xa marchamos, que ó día seguinte agardábanos o dolorock en Meis… Seguindo co «summercase festival das dolores»

Irei subindo Xa subín fotos do lolapop ó flickr así que poida e mañá contareivos que tal o dolorock o7
Cada día me gusta menos tu blog. Al principio era fresco e intesante. Ahora es una reunión de coleguitas un tanto frikis y un poquillo pijillos (todo esto sin animo de molestar a nadie). Quizás es lo que andas buscando….no lo se
Yo desde luego lo tengo claro… me gustaba antes.
Said by Uno 27 Agosto, 2007 at about 12:04 p.m.
[...] Se podo repetirei o ano que ven neste ‘festival de dous días dos dolores’, ainda que se teño que escoller gustáronme mais os grupos do dolorock ca os do lolapop. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Dolorock 2007: waterproof 27 Agosto, 2007 at about 7:09 p.m.