XA TEÑO O COCHE!

E iso, que non foi sen tempo.

E o teño porque me emperrei, porque os da aseguradora non daban mandado o seguro provisional e cando o mandaron mandárono ca data de mañá e hobo que agardar outros 40 minutos para que o correxiran.

Xa non quedaba ninguén no concesionario excepto o vendedor e mais eu.

Non contei onte que tivemos unha pequena diferenza de última hora por un erro que cometeran e que me custou uns cantos euros de imposto de matriculación a maiores. Non foi moito, só 50 e pico, pero propúxenlles un xeito de compensarme eses cartos e o aceptaron.

Se non o aceptaran non pasaba nada, pero confeso que onte quedei todo fodido por eses cartos.

E agora estou tan contento co meu novo coche!

Esta noite subireino á casa para que non pase frio no garaxe.

Vale, é mentira, pero as primeiras semanas igual o levo a lavar para que estea limpo e todo :lol:

Chuzame! chuzame -

Hoxe, falando con Brigantium, pediume que actualizara o blogue.

Non o invento, é verdade. O que hai que aclarar é que entra no blogue cando está no traballo. Así calquera alternativa convirtese en interesante, mesmo este blogue.

Pero levo uns días lonxe do teclado e adicándome a outras cousas. Básicamente facerlle mais caso á señora Colombo, que reclama moita atención ultimamente, pero tamén ver The Sopranos (xa van fora a 1ª e 2ª tempada, para as 4 seguintes faremos unha pequena pausa mentras non chegue o préstamo e supoño que as veremos as carreiras así que as teñamos no noso poder) e poñerme ó día ca morea de lecturas de banda debuxada que tiña pendentes.

Sen entrar polo miudo (pode que o faga outro día, non o sei) estiven lendo Lady Snowblood (1), Crying freeman(1 a 3), Loveless(1), Gotham Central(1 a 3 Norma e 1 a 5 Planeta veñen sendo 1 a 36 orixinais), El ángel caido (1 a 4), Hulka(2 e 3) estas dúas series amabelmente emprestadas por Zeke, Los profes (examen sorpresa) que me deixou Turuto, Queen & Country confidential, Whiteout e Whiteout Melt.

E ainda me queda por ler a etapa de Alan Moore da cousa do pantano, unha chea de spiderman antigos, Cages, as aventuras de Roco Vargas, e outras cousas varias que teño desde hai tempo na casa prestadas todas por turuto.

Se remato con todo iso ainda podería ler Midnight nation, os últimos números de Ex Machina, Y: El último hombre, e predicador. As series que segue a señora Colombo: Death note, Homúnculus e Dragon Head quedan para mais adiante e 20th Century boys lereino así que acaben de editalo.

Alguén ainda pregúntase por que non escribín moito esta semana?

Por se a algún lle queda curiosidade ainda non teño o coche, pero xa está todo pago (matriculación incluida) e mañán danme as placas.

E para rematar, se algún quere apuntarse, quedei mañá á tarde con dorfun para tomar unha caña. Supoño que non lle importará que convide a todos os que lles apeteza. Deixade unha mensaxe nos comentarios e mándovos un correo de volta cando saiba onde quedamos e así vémonos as caras.

Eu mentras, sigo lendo. :-)

Chuzame! chuzame -

Como xa comentara o venres, hoxe fun renovar o que os portugueses chamaban en tempos bilhete de identidade e eu vin chamar, tamén hai tempo, deinidí (por escrito, non é coña).

Tiña algo de medo de que me penalizaran por ter o DNI caducado xa hai 30 meses, porén o prezo foi o mesmo que para o resto: 6,70€.

Para poder facer a renovación axiña e non perder a mañá de traballo fun á comisaria de Lonzas ás 6:45 (que abre ás 8:00 e foron moi, moi puntuais) xa estaba avisado de que había unha morea de xente e era mellor ir cedo. E cando cheguei non pensedes que fun o primeiro, tiña 10 persoas diante!

Ás oito abriuse a porta e un simpático funcionario repartiu os números. Os primeiros entraron sen número porque os atendían xa directamente, e como había algún que estaba só de acompañante (que bonita é a amizade!) a min déronme o número 4.

Ainda houbo tempo para que unha señora obesa e con muleta pasara diante do resto sen coller número nin agardar co resto. Eu non dixen nada, nin sequera o pensei pero ó do meu lado comentou 'para la próxima voy a forrarme de donuts y así ya no tengo que madrugar'. Confeso que si que pensei que a señoriña era unha maleducada (porque o era) e que merecía ser torturada (por colarse) pero calei e mesmo lle ofrecín o meu asento. Vaaale, ofrecinlle o asento antes de saber que pasaría diante do resto, senon ía ofrecerlle o asento polo carallo!

Non esquezo que o outro día comentouse o do certificado de empadroamento. Pensades que os amabeis funcionarios do Ministerio do Interior poden arriscarse a mandar para casa a alguén, despois de dúas horas de espera (parte dela baixo unha lene choiva) por non levar unha merda de papel que eles mesmos poden consultar informáticamente?

A resposta, para todo aquel que teña certa experiencia ca Administración é evidente: ___

Pois non, non mandan á casa á xente por non ter o tal certificado.

Non sei se é debido ó seu natural bondadoso ou ó medo de que xurdan moreas de alporizados (e indocumentados) cidadáns organizados para atacar as comisarias por todo o Estado. O caso é que os que non levabamos o certificado (eu levaba a carta que me enviou a oficina do censo electoral para xustificar o meu novo enderezo, pero non lles valía para nada) fixérononos asinar unha declaración afirmando estar empadroados na nosa casa e autorizandolles a consultar os rexistros pertinentes para confirmalo. Conclusión: NON era preciso o certificado, só estar empadroado. Non me podo fiar de vós, e pensando na profesión de algún... :lol:
Unha vez chegado a miña quenda a cousa foi rápida e tras cinco ou dez minutos confirmando os meus dados, cambiando o enderezo, asinando e dixitalizando foto, sinatura e pegadas dixitais só tiven que agardar outros 5 ou 10 minutos e entregaronme o meu novo DNI-E

deinidi-e.JPG

Despois, xa co DNI no peto fun coller cartos para pagar o meu coche, ingresando en efectivo para gañar un día que o final non vou gañar.

Agora mesmo teño toda a documentación lista e o coche pago ó 100%, taxas do concello de Turquía incluidas (alomenos os cartos xa sairon da miña conta da caixa de aforros) pero disque o coche non o vou ter até o mércores.

Chuzame! chuzame -

Hoxe montei no meu coche. Mesmo arranqueino. Porén non puiden coller a documentación porque non me dixeron até tarde que lles chegara.

Iso si, fíxenlle unha foto co móbil.

ghanitomobil1.jpg
O luns supoño que terei que erguerme cedo para renovar o DNI que o teño algo caducado (desde o 25/1/2005) e disque se non o renovo non me poden matricular o coche.

Preguntas: Alguén sabe se teño que levar certificado de empadroamento? Se non o levo póñenme o enderezo do antigo DNI?
Se non hai problemas ca policia nin con Tráfico conto con ter o coche o martes.

Mantereivos informados :-)

Chuzame! chuzame -

Coñecía os berberechos en distintas presentacións e a miña favorita é sen dúbida en empanada.

Non é estraño, porque a empanada é un dos meus pratos favoritos. Contaba hai un par de días que viaxara a Inglaterra de pequeno, pois cando baixei do avión só pensaba en comer a empanada que fai a miña nai. :-) mmmm

Este ano varios coñecidos meus viaxaron ou van viaxar ó Xapón, e a outro coñecido, de alí de Xapón trouxéronlle algo que nunca imaxinara. Cal se vos ocorre que pode ser o xeito mais raro de tomar croques?

Ocórrenseme poucas que poidan trunfar nalgures e ser mais estrañas.

A quen se lle ocorre facer caramelos de berberechos?

croques.jpg

É unha sensación estrañísima, vaise desfacendo na boca coma se fora unha fariña cun sabor a croque...

Estes xaponeses...

Chuzame! chuzame -

Descubro na Regueifa (e non polo autor) o novo vídeo de nadadora: Tú y cuantos como tú.

Rafa xa fixera hai tempo outro vídeo de nadadora: siempre te alejas en las tardes.

O novo vídeo gústame, porén gústame mais o vello. Igual é porque creo recoñecer a alguén na persoaxe do atleta :D

Non é seu o video que xa puxen de manos de topo, mais aquí sae tocando a batería.

Chuzame! chuzame -