Hoxe tiña pensado escribir de outras cousa, mais no bloglines vin que unha vella semente tiña nova actividade.

Cliquei con ansia para ver que novas maldades tiña que dicir, mais foi un amago. Coma se fora un amago de infarto. Publicárase de novo a primeira entrada. Estarían retocando o molde do blogue? Estaría preparando novos contidos?
Témome que esa inocente persoa morreu. Non sei se lle daría un infarto ou trabaríase na lingua e morrería polo seu propio veleno.

Alguén sabe que foi de Carmucha, a víbora-troll do blogomillo?

carmucha.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mercar coche é un dos gastos mais importantes para calquera, normalmente o segundo mais grande despois da casa (ainda que a alugue).

Por iso, sabendo a competencia que hai entre uns e outros e os obxectivos tan estrictos que teñen que cumprir é case unha obriga visitar multiples concesionarios, tamén varios de cada marca.

Unha vez decidido que queríamos un vanovolume pequeno estiven vendo e probando tres: Ford C-Max, Toyota Corolla Verso e Seat Altea.

Se un tiña un mellor acabado interior outro tiña unha mellor garantía. Se un estaba mais equilibrado entre acabado e garantía pagaban menos polo coche usado.

Para abreviar só contarei que tras dúas ou tres semanas percorrendo concesionarios entre A Coruña, Carballo e Vigo cada día que pasaba sen decidir a miña tensión era maior. Chegaba sempre a casa convencido das bondades de un coche distinto ó do día anterior. Aquilo tiña pinta de se converter nunha maldición semellante á de Sísifo.

Para rematar concentreime en dúas opcións dúas opcións: ou o que saía mais barato ou o que parecía mais fiabel e tiña mellor garantía.

Velaquí a decisión final

ghanitomobil.jpg

Toyota Corolla Verso 2.2 D-4D Sol ca garantía ampliada ós 5 anos. (admito críticas e/ou comentarios, mais a decisión é firme ó 100% :lol: )
Disque os Toyota son os coches mais fiabeis agora mesmo. Confiemos que non sexa eu quen lles teña que levar a contraria.

Por certo, na mítica polémica gasolina/gasoil eu escollo sempre gasoil porque fago gasto abondo como para pagarme a pena.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte, nunha voda tiven por enésima vez unha sensación que a todo o mundo lle chega de cando en vez. ¿Nunca quixéchedes berrar: «Eu xa os coñecía cando ningún de vós os coñecía (malditos advenidizos)!«?

É algo que ocorre con moita frecuencia na música, mais tamén en calquera outro campo da cultura ou da sociedade:

-Despois do Master of Puppets non fixeron mais que caer no marketing.

-Eu xa era fan cando a estrea de Reservoir Dogs.

-Eu merquei a primeira edición de Dark knight returns. (e aconselleille persoalmente que non fixera DK2)

Frases semellantes a estas escoitanse de cando en vez, ainda que os mais de nós non somos tan ousados e todo queda nun intimo sentemento de ultraxe sufrido (ou desfrutado) en silencio.

Eu hai xa anos que racionalizo o sentemento e recoñezo a miña propia imbecilidade. Ademais non é certo que sexan todos uns vendidos porque coñeza o seu traballo o teu veciño o que escoita radio fórmula día e noite. Ou ó mellor si, pero iso non lle quita (necesariamente) calidade á súa obra.

Para rematar terei que facer aquí confesión pública de antigas devocións que fixeron que en algún momento sentirame coma ‘un dos fans de sempre’ (ainda que non fora certo)

En primeiro lugar ó grupo de onte na voda foron os Blues Brothers. Non sei a data certa na que vin a película dos Blues Brothers ca súa marabillosa dobraxe galega, porén levo as patillas longas desde os dezaseis anos e deixeinas longas coma as levaban John Belushi e Dan Aykroyd. Teño fotos dunha viaxe a Inglaterra con esa idade xa cas patillas e cunha camiseta ca lenda «We’re on a mission from God«. Facerse fan dun fenómeno xurdido de hollywood non é o camiño mais directo á exclusividade, mais na idade preinternet podíase vivir nesa fantasía. E ademais daquela non eran tan populares en España coma chegaron ser. Ver as múltiples recreacións que multiples parellas de dous ghichos famosos calquera fixeron na televisión con mais ou menos gracía acabaron de soterralos na miña memoria, saindo só en situacións coma a de onte. Por certo, tiven especial coidado en non ver Blues Brothers 2000.
bb.jpg
Despois dos Blues Brothers fun tamén fan de Eric Clapton e así coma dos Blues Brothers atopara moi poucos LP gravados antes da morte de Jake Blues de Eric Clapton fun mercando ós poucos unha chea de discos. Hoxe non é nada raro saber quen é Eric Clapton, pero despois dos anos 80 era unha persoaxe bastante menos coñecida até que saíu do alcohol e as drogas e o recuperaron para os grandes concertos multitudinarios. Porén, tampouco era moi doado ter moita exclusividade na afección por alguén ó que chamaban deus case vinte anos antes. A este ainda lle merquei o Unplugged que recoñezo que me parece unha boa obra e algún posterior até que cansei de ver como facía sempre o mesmo para seguir gañando cartos. Paréceme ben, pero a min xa non me presta.

ec.jpg
E xa non vou seguir facendo confesións, se queredes facelas vós podedes, e así lercheamos o resto. Pola habitualidade de este sentimento entre os parroquianos do ‘indie’ agradeceranse dobremente ese tipo de confesións. Asúmídeo con naturalidade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xa está todo dito co título.

Se queres cambiar de coche e non tes moi clara marca e modelo podes pasar un traballo do demo. O de que custa moito refirese ós cartos, pero tamén ó traballo que da.

Se non sabes o coche que queres, e ainda que o teñas, debes pensar para que queres o coche e pensar se o que vas mercar é o mais axeitado ás túas necesidades: Non merques un monovolume para andar polo monte, un pequeno utilitario para percorrer Europa (sempre que o orzamento o permita claro) e nunca, nunca, nunca merques un todoterreo se o mais lonxe que vas estar da cidade é no hipermercado do extrarradio.

bicho.jpg
Se xa tes un coche actualmente debes preguntarte se é xa o momento de cambialo. Facéndome seriamente esta pregunta decidin non cambiar o meu nos tres últimos anos.

E cando teñas claro (ou alomenos intúas) o tipo de coche que precisas e que o queres mercar xa debes fixar un orzamento no que moverte. Esto ten moita mais importancia se o financias, porque se te conceden o préstamo é mais difícil poñer límites que se tes uns cartos aforrados que non van dar mais de si e xa se limitan sós.

No meu caso, decidín que ando abondo na estrada (entre 1.500 e 2.000 km/mes mínimo) como para retirar xa o meu coche despois de 7 anos e medio de marabillosos servicios. A tempo ainda de servirme para recuperar parte do gasto feito no seu día (un 20% aproximadamente)

E debatindo o tema coa señora colombo decidimos que queríamos un vanovolume, porque a señora colombo di que as berlinas son para señores vellos e eu quería mais maleteiro do que tiñamos (ás veces cheo até os topes).

Como isto esta sendo moi longo deixo aquí o tema e seguirei noutro momento ca entrega entitulada: Raiders of the lost car, Ghanito e o concesionario maldito.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non vexo outra explicación para esta nova.

Que país que non sufra un estado de fame permanente entre a súa poboación prefire almorzar que botar un foghete antes de erguerse?

Hai desculpa?

Así está o pais, supoño. Haberá que aceptalo.

Alguén quere café?

cafe.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

A última serie chegada á casa é Dexter. Ollade o comezo.

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/0Si6YLWRS9A" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Só vimos os dous primeiros episodios, e abondan para dicir que a serie esta moi ben. Gustamos moito dela tanto a señora colombo coma eu.

Pero…

Hai un problema.

Coma en tantas ocasións, os productos que chegan desde os EUA levan un veleno agochado no seu interior.

O veleno que hai en Dexter é semellante ó que pode haber, por exemplo na serie de filmes de Harry Callahan.

O fin xustifica os medios?

Está xustificada a pena de morte?

Dexter é moi simpático, guapo e listo, porén é un asasino. Tanto ten o mal que nos caian as súas vítimas, é un asasino. O risco que corremos é acabar aplicandolle frases com aquela (penso que atribuida a ese premio Nobel da Paz, Henry Kissinger) «é un fillo de puta, mais é o noso fillo de puta»

dexter.jpg

Naturalmente, tomar a debida distancia moral non me vai impedir desfrutar desta serie. Agardo ter criterio abondo para non imitalo despois, por riquiño que me pareza Dexter.

Ou algún de vós imitou a ese home tan encantador e carismático que é Hannibal Lecter? (E tomar as costeletas sanguentas non me vale como resposta afirmativa)

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp