Eu non entrei onte na cadea.
Nunca protestei porque na miña parroquia houbera unha chea de atropelados.
Nunca fun parte nun proceso penal que durara nove anos.
Nunca fun condeado.
Nunca recibín o apoio expreso dos meus veciños.
Nunca se me denegou a concesión de indulto.
Nunca fun extraido do meu entorno pola lei.
Agardo que non me pase nunca o que lles pasou ós tres do Eixo.
Todos somos os tres do Eixo?
Por sorte para nós, hoxe non. Se cadra mañá non temos tanta sorte.
Non quedes indiferente. Mañá no bar comenta isto. Igual non te parece escandaloso porque non sabes disto outro.
E deixo aquí ben claro que non teño nada contra da policía, entendo que esto é unha excepción, pero o caso é que os tres do eixo están xa na cadea por unha situación (cando menos) confusa e os que agrederon a Mamadou Kane non foron á cadea nin un só día e agora seguen traballando de policías.
O indulto é unha concesión POLÍTICA. Non ten nada que ver ca Lei nin ca Xustiza. Unha vez mais estamos nas súas mans.
Perfumada.

chuzame -













