Esta visto que en España, os intentos de impedir a liberdade de expresión pola vía xudicial están saindo coma o carallo.
Despois da artistada de nonseiquen na casa real que acendeu un (soterrado?) clima de rexeitamento á monarquía temos o requerimento do avogado de YC para que os aduaneiros sem fronteiras retiren un deseño e os seus correspondentes comentarios.
Nos EUA estas cousas fanse polo civil e van moi ben. A xente actúa por medo ós perxuizos económicos. No noso sistema xudicial está claro que se non sacas cartos vai ser difícil que teñas que pagar unha indemnización elevada e para ir á cadea por unhas inxurias nunha paxina da rede non sei o que terías que facer.
Conclusión: señores letrados mándolles este cease and desist para que deixen de facer o ridículo. Ese tipo de maniobras legais aquí normalmente fan mais ruido do que facía o que vostedes pretenden evitar. Eu persoalmente non vira eses desafortunados comentarios de tan mal gusto nos que comparan a YC cun animal e a acusan de padecer un mal funcionamento dixestivo.
Con todo recoñezo que a min algo de medo si que me meten e cedería ós seus requerimentos. Por iso xa teño coidado de non chamar burro peideiro a ninguén. Nunca o fixen e penso que nunca o farei. VSQN (vai ser que non)
Eu acabo de enterarme e aínda non acredito. Paréceme surrealista que poida acontecer algo así, neste ou en calquera país. Mamaiña!!!
Said by Mario 17 Outubro, 2007 at about 7:54 a.m.
A verdade que xa me esperaba polemica entorno a Yolanda C., unha persoa con carisma goste ou non ,pero que veria doutra forma.
Estou bastante de acordo co escrito aqui,e dende logo tantos uns como outros non son uns santos,os comentarios que habia no blog de Aduaneiros parecian de linchamento publico,non me estrana que Yolanda C.se alporizase, porque non creo que a ninguen lle goste que o chamen «burra peideira».Por outro lado,a propia critica de Aduaneiros pareceume do mais ocurrente,orixinal e con bastante razon de seu.
Saude!!
Said by Doraemon 17 Outubro, 2007 at about 9:58 a.m.
[...] supón, todo o meu apoio aos Aduaneiros. Escrito en:aduaneiros,Blogomillo,Galiza,iolanda castaño No hay comentarios . Entradas relacionadas: El problema de Chuza!El secreto del “blogomillo”Ava GardnerNunca Máis [...]
Pingback by Pechan Aduaneiros Sem Fronteiras | Andrés Milleiro 17 Outubro, 2007 at about 1:39 p.m.
[...] Actualización (17-10; 16:30h.): La Opinión de A Coruna Bitácoras punto.com Agal-GZ Xornal Andrés Milleiro Ana Bande A Dorfunteca Apocalipse do porco Choutos Marcus Opaco Si home si Unha leituga en apuros Xornal Aberto Paraxe do incordio O ruído dos días Praza do Rei Islas Cies blog Entrecomics Jorge Dioni [...]
Pingback by Pechan Aduaneiros!! « Blas García 17 Outubro, 2007 at about 4:06 p.m.
[...] do porco (dous, tres e [...]
Pingback by O mundo desde un chimpín » TU QUOQUE IOLANDA? (OU POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN IV) 25 Maio, 2009 at about 10:27 p.m.