A total falta de humor da poetisa Yolanda Castaño Pereira obrigou a Bertez e Panchez a pechar aduaneiros segundo se pode ver no comunicado que copio e colo
Descoñezo os comentarios que a xente verquiu co gallo do deseño dos aduaneiros. Para os que non tiveran a sorte de velo no seu día era unha 'Mariquita Pérez' ca cara e o corpo de Yolanda Castaño e unha das vestementas era unha toga de senador romano cun coitelo cheo de sangue. O título Tu Quoque Iolanda? fai referencia á traizón de Bruto e ó cambio de actitude de Yolanda Castaño cara a Isaac Díaz Pardo, porque despois de telo apoiado públicamente aceptara un cargo na Galería Sargadelos da Coruña.
Non vou entrar aquí no fondo do asunto, respeito que ela fixera ca súa vida profesional o mellor lle pareza, porén como persoaxe público debería estar aberta á crítica e mais se, coma neste caso faise desde o humor. Nomeadamente se quen o fai é alguén que ten demostrado un nível de calidade e de retranca coma son os aduaneiros. Marchou a Va-Ca, marchan agora os aduaneiros despois de moito tempo esmorecendo.
O mais probable é que a reclamación teña que ver cos comentarios. É gracioso que a imaxe de aduaneiros non se poida ver na cache de google e os comentarios si.
Queridos amigos, de hoxe en diante Yolanda Castaño, a poetisa deixa de ser ben recibida en esta casa. A ela vai darlle igual pero a min préstame.
Penso que a palabra axeitada para o que fai esta muller é ridículo que só ten oito letras as mesmas que parvada. Blogomillo non é válida, que ten dez letras (unha de mais) e ainda non aparece no dicionario de referencia.
Supoño que terei que cambiar de canle e onde ás veces ainda dicía aduaneiros terei que dicir sempre ber.to. Haberá que ver o tomate ca desculpa da solidariedade?
Engadido: A imaxe de YC tomada do Galicia Confidencial

Sublime! (coma é ela)
Engadido 2 o flash orixinal (copiado de as túas balas) podedes xogar con el
chuzame - 


[…] Imaxe obtida de Apocalipse do porco […]
Aviso (Pingback) por Intifada ghaiteira » Sobre o peche de Aduaneiros 17 Outubro, 2007 at about 11:04 am
[…] supón, todo o meu apoio aos Aduaneiros. Escrito en:aduaneiros,Blogomillo,Galiza,iolanda castaño No hay comentarios . Entradas relacionadas: El problema de Chuza!El secreto del “blogomillo”Ava GardnerNunca Máis […]
Aviso (Pingback) por Pechan Aduaneiros Sem Fronteiras | Andrés Milleiro 17 Outubro, 2007 at about 1:38 pm
[…] Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar. […]
Aviso (Pingback) por Mariano Grueiro » Blog Archive » Yolanda Castaño ….. ¿por que non me defendiches ante Fraga no 2004? 17 Outubro, 2007 at about 10:01 pm
Eu andiven un pouco descolgada, e hoxe, cando vou botar unha ollada, atópome na páxina de aduaneiros co comunicado…
vin dar aquí buscando información sobre o tema. grazas por as imaxes e o resto…
vaia merda…¿non?
Said por Zeltia 7 Novembro, 2007 at about 12:00 am
esta rapaza xa non sabe como publicitarse.
ben seguro que chegará a rica.
estou por apostar que se lle pagaran por aparecer en aduaneiros con fotos verdadeiras poderíamos ter un xogo no que se cambiara de bragas e sostén, e non este… este…esta merda!
Said por quentecomaela 26 Novembro, 2007 at about 7:48 pm