Fai unha reflexión Calidonia sobre o tema de YC e os ASF. Recomendo vivamente a lectura porque da un novo enfoque ó tema.

Porén, non concordo con el.

Onde vivimos? nos EUA que ninguén se coñece ou na Galiza onde todo o mundo coñece a todo o mundo según en que círculos.

Pregunta (descoñezo a resposta) tentou YC que foran apagados os comentarios inxuriosos dirixíndose directamente ós ASF?

Pareceríame mal que alguén dixera por aí que son un burro peideiro, porén tentaría amañalo 'por fora' sen ter que chegar a enviar un avogado.

E repito o que xa dixen onte: "Non vou entrar aquí no fondo do asunto, respeito que ela fixera ca súa vida profesional o mellor lle pareza, porén como persoaxe público debería estar aberta á crítica e mais se, coma neste caso faise desde o humor."

Sobre o peche de Aduaneiros concordo en que un fin de proxecto certificouse coa desculpa da demanda, pero eu aplaudo que fixeran o kamikaze e dirixiran o seu vello barco, maxestuoso ainda que desarbolado contra as pretensións censoras do avogado de YC.

Este avogado, despois do que pasou ca casa real e El Jueves demostrou moi pouca habilidade, e non digo mais porque falar mal dun avogado con tanto animus litigandi pode traer malas consecuencias.

Tal e como está o tema non creo que os aduaneiros dean marcha atrás estando nunha situación 'gañadora' e da igual o que faga YC e o seu avogado, como dixo Pawley meteron a zoca moi, moi fondamente e nunha zona da corte na que non trae nada bo facelo.

Chuzame! chúzame -