O Goberno ten que actuar conforme ó que marquen as leis.

O Parlamento fai as leis e deixa que o goberno dirixa o pais conforme a esas mesmas leis.

Os xuices teñen reservado comprobar se a actuación do Goberno (e tamén dos cidadáns) é conforme ás leis e se as leis son conformes á Constitución.

Montesquieu puro e simple. A separación dos poderes é un abc que xa ten mais de douscentos anos.

Os partidos políticos, que dilúen tanto a separación entre Lexislativo e Executivo levan un tempo tentando botar por terra a independencia do Xudicial.

Para un tribunal no que poden meter man directamente os partidos, resulta que é o mais influínte, o Tribunal Constitucional.

Primeiro, os do PP prorrogando de facto a súa maioría negandose a chegar a un acordo sobre unha renovación que non lles favorece. E agora oPSOE respostalles recusando a dous maxistrados que seica falaron de mais.

A todo isto, hai que engadirlle que organos xurisdiccionais nos que os conservadores teñen maioría actúan coma se foran parte dando dictames non solicitados coma se fixeran parte da oposición en troques de ser imparciais.

Estamos nas mans duns partidos políticos que fan as leis, gobernan o pais e nomean ós xuices.

U-la separación de poderes?

Neste camiño, mal vamos.

Lembrémoslles ós políticos a Charles-Louis de Secondat, o Barón de Montesquieu.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vexo na TV que un rapaz bate no metro nunha rapaza. Cando o estou vendo, de xeito instintivo fago o aceno de impedirlle que o siga facendo. Igual que cando Ron Dennis empuxaba cara á pantalla para empuxar por Hamilton.

Cando a imaxe marchou pensei: Non habería ninguén alí para botarlle unha man á rapaza?

Volvín ver as imaxes no xornal e outra vez no telexornal. Había cando menos outra persoa con eles. Non distingo ven, mais semella que é unha mullerUn rapaz (mourullo dixit). Vírase para non ver o que ocorre, ou se cadra para que o rapaz non faga del o seu branco tamén.

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/vH_D5LF8N2k" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Hai uns meses vira unha nova dunha muller que salvara a vida a outra meténdose no medio cando a súa parella estaba agredíndoa.

Non sei o que faría eu no momento, non estou certo. Gustaríame dicir que socorrería á rapaza e impediría que o rapaz seguira dandolle. Non é o que lle gustaría pensar a todo o mundo? Pois sabede que non todo o mundo o fai. Moitas veces ollamos cara outro lado para evitarnos problemas.

Problemas coma os que agora teñen os tres veciños do Eixo voltando a outro tema do que tamén lin hoxe no xornal. Simón agarda que non esmoreza o apoio que tiveron a fin de semana na rua. Eu agardo que deixen de precisar o noso apoio.

Non olledes cara outro lado. Ó carón tedes quen precisa de vós, o valor cidadán fai grandes ás sociedades. Ti és o único que pode facer grande a túa sociedade, ás veces con pequenos e ás veces con grandes xestos.

Engado unha ligazón a esta nova que me fai chegar mourullo e que ainda non vira. Semella que as imaxes fixeron espertar a mais de un, ainda que como tamén reflexiona mourullo, é mais doado ser valente en grupo que só.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Son seguidor da Formula 1 desde hai moitos anos, ainda que non considero á F1 exactamente un deporte, mais ben é un espectáculo. É coma un reality shown no que se compite por equipos.

Supoño que o podo atribuir a que gosto da súa componente tática e de traballo colaborativo. Tamén é certo que cando comecei vendo carreiras, eran mais emocionantes do que adoitan ser dun tempo a esta parte ainda que o estar Fernando Alonso loitando polo título fixo que campionatos e carreiras mais sosas colleran interese.

Con todo, hoxe houbo unha carreira desas que crian afección. En realidade as últimas tres ou catro carreiras foron moi emocionantes e gran parte da culpa a ten Ron Dennis, co seu xeito de dirixir McLaren, e tamén a FIA co seu trato tan particular a Lewis Hamilton. Se temos en conta que isto é un negocio e vemos como aumentou a audiencia en Españas tras das victorias de Fernando Alonso, é comprensible que queiran aumentar a súa audiencia nun mercado maior coma é o británico.

O resultado final foi inmellorable. Gañou o campionato o piloto que mais carreiras gañou e que menos falou e derrotando ó equipo que pior xestionou o seu capital humano. Se ademais temos en conta que McLaren e os seus pilotos aproveitáronse da espionaxe para mellorar os resultados e só castigaron ó equipo razón de mais para falar de xustiza no resultado. É mágoa que Alonso non fixera o seu terceiro campionato consecutivo, porén prefiro este resultado para que leve Ron Dennis no fuciño.

Parabéns Raikonen.

kimi.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

É curioso que sendo botella e garrafa dous sinónimos, engadindo o prefixo ‘-on’ convírtanse en (mais que antónimos) sustitutos.

botellon.jpg
O problema do botellón é única e exclusivamente un problema de orde público e de convivencia. É evidente que a xente que vive onde teñen lugar os botellóns (ou nas zonas de marcha tradicionais por non esquecer o evidente) teñen dereito ó descanso. O do dereito a divertirse ten a súa coña porque lembra o dereito ese que recolle a constitución dos EUA da percura da felicidade.

Non penso que exista o dereito a divertirse coma tal dereito, porén é evidente que todo o mundo ten dereito a reunirse, porque o dereito de reunión si está recoñecido e mesmo poderían manifestarse ainda que para iso teráin que pedir unha autorización administrativa. Os que tamén están protexidos pola lei son os veciños, porque dubido que o botellón non sobrepase o límite de ruido permitido.

A droga da nosa cultura (porque cada cultura adoita ter unha droga) é o alcohol. Antes a aprendizaxe do seu consumo realizábase na casa e progresivamente introducíase ós rapaces no seu consumo. Agora, coñecendo os perxuizos do seu consumo polos nenos, xa non se permite o seu consumo na nenez e perdeuse a aprendizaxe anterior.

Ademais mudou radicalmente o xeito no que se consume o alcohol. Mentras antes era o mais frecuente o consumo de viños e de licores en moita menor medida acompañando e prolongando ás ceas e comidas, agora consumense licores de alta graduación combinados e en grandes cantidades ainda que tamén moita cervexa e viño transformado en calimocho. Bébese moito e moi rápido co fin de estar bébedo e non ós poucos nun tempo mais prolongado chegando á embriaguez dun xeito mais progresivo.

É a solución prohibir o botellón? Para os veciños si, ou alomenos que lle leven os rapaces lonxe da súa casa. Porque si non houbera rebumbio ás noites ninguén estaría protestando.

Porén a solución non é esa. E tampouco dar ocio alternativo, ainda que estaría ben que os mais novos tiveran alternativas para reunirse sen a presencia pemanente e necesaria do alcohol e así poder divertirse e ligar.

Se cadra a cultura do viño que había nas tabernas e ir tomando pinchos e viños (ou cervexas) coma os nosos maiores sería o camiño de convivencia mais axeitado entre o ocio de uns e o descanso de outros. Cantar na taberna molesta ós veciños pero berra na rua ainda mais.

Evidentemente isto non é cousa de un día, e mentras os empresarios dos bares de copas deberían facer exame de conciencia e decidir, polo ben do seu negocio se non sería mellor baixar o prezo e esquecer o garrafón para ser a alternativa lóxica ó alcohol na rua. Ademais ese si que é un problema de saude pública, porque o alcohol que serven algúns non sei se pasaría os controis sanitarios.
Para rematar. Ainda que o botellón existe en toda Galicia, onde mais problemas semella que cria é na Coruña. É casualidade que na Coruña os pubs teñan a decoración mais cutre normalmente que os de Vigo? Para ir a un sitio cutre a escoitar unha musica sen xeito e pagar un pastizal por beber garrafón, bebo na rua a calidade que eu queira pagarme a un prezo sensiblemente menor e, se é preciso, canto eu (nótase que non vivo nunha zona de copas).

Por certo, son eu só o que de pequeno cando falaba de garrafón pensaba en algo coma isto?

garrafon.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

instruccions.png
Hai uns meses comezou a espallarse o ruxe ruxe de que había unha serie de manga moi boa entre as novidades.

Eu, despois da mala experiencia que tiven agardando polos números de monster téñolle certo medo a comezar unha serie de intriga que estea aberta.

Non puiden aguantar co 20th Century Boys (de Naoki Urasawa igual que Monster) e comeceina este verán, cando ainda faltaba por sair o derradeiro número, porén si que aguantei e non comecei a lectura de Death Note.

Tanto unha coma outra series merqueinas ca desculpa de que tamén lle gustán á señora colombo (e ela xa empezara a ler as dúas) e a casualidade fixo que este mes coincidira nos dous casos a publicación da derradeira entrega.

A semana pasada empecei a ler Death Note e en só cinco días rematei ca lectura da serie.

A idea inicial é boa, un rapaz que recibe un caderno que mata só con escribir un nome nas súas follas. O rapaz, que recibe este caderno decide empregar o caderno para convertir o mundo nun lugar mellor.

A historia convirtese nun interminable enfrontamento entre o rapaz Light Yagami e outra persoaxe denominada L, un superdetective cunha intelixencia prodixiosa.

Por momentos a historia é tan reptitiva que dan gañas de mandar todo a tomar polo cú e a fin faise agardar. Na miña opinión desaproveitan un par de boas oportunidades de rematar a obra perfectamente.

Con todo, recomendo a obra porque engancha moito, con reviravoltas e todo. Cando remate 20th Century Boys xa vos contarei cal é a que prefiro, ainda que polo de agora penso que non terei dúbidas preferindo 20th Century Boys.

Amigo mola mais que Kira.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Grazas Iolanda, a blogomorgue precisaba urxentemente unha musa que lle dera vida novamente.

Ti sabes que ó blogomillo todo vaille a marcha e fixeches todo isto para que tiveramos de que falar. Eu persoalmente levaba un tempo poñéndome pesado cas miñas cousas, agora xa podo dar o coñazo cas cousas dos demais.
Endogamia, meme, reivindicación da liberdade, ataque a un famoso da televisión…

Esto ten todo aquilo do que tanto desfrutamos no blogomillo!

Grazas eternamente, Yiolanda. Quedou claro que ti e non outra és a musa do blogomillo!

yolanda_castano.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp