Hoxe traballei todo o día e non vin televisión escoitei pouco a radio e non lin nada na rede, por iso non sei o que a xente anda opinando de estas tres cousiñas que así de xeito breve quero comentar (ou estoupo).
O do BNG ca ministra.
Si é a do plan Galicia de mierda... E que?
A estaban reprobando porque dixera aquilo? Porque suspendera a aplicación do Plan Galicia?
Lembro o que pensei cando o do Prestige. Se o barco vertera chapapote na costa catalana o goberno estaba alí nun día.
E agora querían reprobar á ministra (que seica o fai coma o cu desde que a nomearon) porque o fixo mal en Cataluña. Pois que lles dean polo cu. Pareceme estupendo que o BNG tirara partido para Galicia apoiando á ministra. Ía cambiar algo agora se a chimpara Zapatero? Abofé que non. É un argumento electoral para o BNG? Facelo ben sempre é un argumento electoral. Ogalla tivera problemas para decidir o voto sempre porque todos o fixeran ben sempre, morrería de pracer.
O das estatísticas madrileñas.
Calquera pode conseguir que as estatísticas digan algo que lle interesa. Está de puta madre que a Comunidade de Madrid aporte moito ó conxunto do Estado. Canto levamos o resto fornecendo de infrastucturas á capital do Reino? Cantas empresas cos seus centros productivos espallados por todo o Estado (xa non falo só de Galicia) teñemn a súa sé en Madrid e tributar alí (incrementando ese saldo negativo dos pobriños madrileños)?
Non tributamos todos os cidadáns de xeito individual? Igual ter unha renda mais alta ca media resulta que pagan mais impuestos e como alí teñen as infrastucturas cubertas agora nos toca ó resto.
Os cataláns levan unha chea de tempo recibindo cartos a eito, pero coma o seu é chorar por un lado e apretar os collóns do goberno de turno por outro vailles ben.
E os cataláns non son os mellores. Quedan terceiros despois dos Vascos, que co seu concerto viven nun paraiso tributario, cobrando gastando e repartindo o que lles peta.
Con todo, os mellores son os navarros. Conseguiron, ninguén sabe como, unha autonomía previa á propia constitución pola vía dos foros históricos, unha lei derogada da que sacaron mais partidos que todos os demais parvos do título VIII. Teñen as mesmas ou mais competencias fiscais que os vascos, pero coma eles están calados a ninguén lle parece (empezando polo PP gobernando alí con outro nome tantos anos e que tanto berra cando os cataláns piden algo que nin chega ó mesmo nivel)
Tonto o último.
E remato co do novo horario do Banco Popular
Alegrarse de que os bancos abran ás tardes porque xa que cobran, que dean o servizo non é intelixente.
O que cobra é a entidade, non os seus traballadores, e se a banca perde o horario continuo, o resto de sectores que o teñen irán perdendoo detrás. Para a patronal de banca moito mellor, porque xa ten ó personal facendo horas extras que non remunera e agora fará uns turnos que non respetará e terá a parte do seu persoal traballando doce horas diarias. Empezaron nos comercios abrindo os domingos, agora segue a banca abrindo até os sábados ás mañás e tardes, que se prepare todos os que marchan a casa os venres á tarde, o ritmo non pode parar. Ogallá estea equivocado.
Creo que hoxe abondou. Outro día mais.
chuzame -