Moitas grazas a todos polos comentarios, parabéns, beizóns, consellos, apertas e bicos.
Xa sabía que había boa xente no blogomillo e tamén en Chuza, agora seguindo as doctrinas biblicas do medrade e multiplicádevos que tan ben suxería Don Manuel haberá un mais.
Non penso que vaia seguir o consello de montarlle un blogue só para moru, que non quero que me roube todo o protagonismo como fixeron os pelachos, leo ou o chokito. Ainda que o normal sería que aparecera como fai opedro ou Xiana Linneéa de cando en vez (mais ca Darío, que non lembro que apareza moito). En realidade non teño un censo completo dos 'fillos do blogomillo' (nin falta que fai). Como aquí fago bastante 'crónica social' supoño que acabará aprecendo todo o que permita a señora Colombo. Ides ter tempo de cansar, supoño.
E falando de cansar ó persoal... o tema do coche.
O coche mercouse ca decisión xa tomada de aumentar a familia pero ademais intercalouse no tempo. A decisión do coche tomouse antes de saber que moru estaba en camiño, pero xa o sabíamos antes de que nos deran o coche. Parte das veces que falei do coche foi porque cando xa estaba ca idea de escribir sobre moru, a señora colombo non me deixaba e entón quedaba en branco e como xa tiña a idea de escribir algo...
Novamente, grazas a todos.
E agora xa podo confesar que o de ter un fillo foi só para ver se teño tantas visitas coma os pelachos
(Se me atopan morto na casa esta noite é que a señora Colombo non se decatou que esto do final era coña)
chúzame -
como nom me prestaba selo comentario tropecientos prefiro facerlle chegar os meus parabens neste novo poste
agardando que os famosos cambios de humor das futuras nais nom rematen en traxedia despidome desexandolle que nom se deshidrate polas perdidas babiles.
Said por ak 17 novembro, 2007 at about 3:24 pm
Eu tamén me sumo aos parabéns neste novo post. Espero tamén que non se deshidrate coas perdas babeiras. Noraboa!!
Said por peke 17 novembro, 2007 at about 8:08 pm
OHHHHHHH!!!!!!! Parabéns totais!!!!!
Aquí despístase unha unha semana e muda todo o ecosistema!!!!
Xa verás que non hai cousa mellor no mundo (para os que o vemos así, claro)!!!!!!
Said por Alfredo Ferreiro 19 novembro, 2007 at about 12:11 am
O comentario anterior é meu tamén, pero como me andara o Alfredo trifughando no ordenador saiu camuflado
Said por Leco 19 novembro, 2007 at about 12:13 am