Mañá á tarde comeza a liga na conferencia Noroeste da Liga Nacional de Billarda!

Ás catro da tarde (empeza cedo porque algún mamalón roubou as luces e hai que xogar con luz natural) na Zapateira darémonos cita para xogar á billarda.

Se tes curiosidade por este xogo pero non tes nin idea de como se xoga e non tes material non teñas medo e sube igual. Eu estou no mesmo caso, non sei xogar e tampouco teño billarda nin palán.

Se non tes a menor idea do que estou a falar, no blogue da nosa conferencia tes mais información. E naturalmente no varal o blogue orixinal da LNB a dos nosos veciños da conferencia NorLeste.

Ven e pasa unha tarde de diversión que non esquecerás.

Outro deporte é posibel!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Moitas grazas a todos polos comentarios, parabéns, beizóns, consellos, apertas e bicos.

Xa sabía que había boa xente no blogomillo e tamén en Chuza, agora seguindo as doctrinas biblicas do medrade e multiplicádevos que tan ben suxería Don Manuel haberá un mais.

Non penso que vaia seguir o consello de montarlle un blogue só para moru, que non quero que me roube todo o protagonismo como fixeron os pelachos, leo ou o chokito. Ainda que o normal sería que aparecera como fai opedro ou Xiana Linneéa de cando en vez (mais ca Darío, que non lembro que apareza moito). En realidade non teño un censo completo dos ‘fillos do blogomillo’ (nin falta que fai). Como aquí fago bastante ‘crónica social’ supoño que acabará aprecendo todo o que permita a señora Colombo. Ides ter tempo de cansar, supoño.

E falando de cansar ó persoal… o tema do coche.

O coche mercouse ca decisión xa tomada de aumentar a familia pero ademais intercalouse no tempo. A decisión do coche tomouse antes de saber que moru estaba en camiño, pero xa o sabíamos antes de que nos deran o coche. Parte das veces que falei do coche foi porque cando xa estaba ca idea de escribir sobre moru, a señora colombo non me deixaba e entón quedaba en branco e como xa tiña a idea de escribir algo…

Novamente, grazas a todos.

E agora xa podo confesar que o de ter un fillo foi só para ver se teño tantas visitas coma os pelachos :lol:

(Se me atopan morto na casa esta noite é que a señora Colombo non se decatou que esto do final era coña)

Chuzame! A Facebook A Twitter

A nosa Casa, que non é unha casa real, (mais ben é un piso) pon en coñecemento do Blogomillo todo (e a parte do estranxeiro que dea en pasar por aquí) o seguinte comunicado:

A señora Colombo vai ter un fillo que vai ser meu tamén.

Ainda non sabemos, despois de 12 semanas de crecemento da criatura se vai ser un neno ou unha nena.

Xa temos escollidos nomes tanto para neno coma para nena, porén no entanto faremos coma os proxectos das grandes empresas que poñen un nome provisorio. Xa quixeran as empresas ter proxectos tan marabillosos coma está a ser este noso.

Podedes chamar á nosa criatura moru. Pois morula era ainda cando descubrimos que estaba en camiño (ou era xa blástula?)

Temos xa unha chea de fotos e videos de moru, os videos non os porei na rede porque neles aparece o nome da señora Colombo (e un zoupas coma min non sabe editalo para borralo) o das fotos é posible que mais adiante.

Polo de agora sabede que antonte medía 5,55 cm e xa ten pernas, brazos, corazón e mesmo cerebro.

Se vedes un raro fluido transparente escorregar pola vosa pantalla… son as miñas babas :)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Paseino moi ben nos últimos dez días, non tedes mais que ver o blogue. E non contei aquí todo, paseino estupendamente ca miña muller facendo o de sempre, todas esas cousas cotiás sen importancia.

Estiven en Compostela nun concerto, estiven en Vigo, en Ourense, e tamén fun traballar (isto foi o pior, claro)

Queda clara unha cousa unha vez mais: eu non son un dos tres do Eixo, que levan dez días na cadea.

A ver se é verdade que lle dan o terceiro grao axiña e mellor ainda se lles dan o indulto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estábamos o outro día no fedello falando lourixe, besbelliña e mais eu e preguntámoslle a lourixe se viña ó concerto do venres.

Ela dixo que non, que xa estaba cansa de ter que desprazarse ela sempre desde Lugo e que a ver cando Mahoma ía á montaña.

Nese momento besbe tivo unha saída xenial e respostoulle que seica cando rematen a Cidade da Cultura todos os concertos serán na montaña.

Hoxe na radio escoitei dicir que a ‘redecoración’ do Gaiás vai custarnos 600 millóns de euros (dividide iso entre o número de galegos) levamos botadas unha chea de moedas.

Todo isto para dicirvos que encántame o disco de Fanny + Alexander, pero un tema tenme perturbado e non podo parar de escoitalo. Agora tócalle ós políticos bailar ad eternumn «…e canto mellor será se a túa moeda é grande…» Abondan 600 millóns?

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/H94sadl2AWg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Por certo, na entrevista que onte (na páxina 16) publicaron en de luns a venres de Noel puxeron un anaco dunha foto que lle fixen o outro día :-)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Co moito que gustara do meme das oito cousas, estou encantado de que recaera en min novamente a encarga de cumplir co mesmo, desta volta o que manda o meme é Spaviladiyo, que demostra non ler decote o meu blogue, porque non se enterara de que xa o fixera. :lol:

Se penso no oito o primeiro que me ven á cabez é Con 8 basta aquela serie de finais dos setenta e comezos dos oitenta (vendo esa serie tiven a primeira dor de cabeza que lembro, falando de cabeza) e pensando en facer unha lista de oito items televisivos, recorro, non ó auto odio, senon ó oitoodio

Desta volta vou falar de xente que odio só de vela na televisión:

Pepe Navarro. Disque a Fraga cabíalle o estado na cabeza, deste home, os seus inimigos din que a televisión toda, e de 42″. Chegou a ter a mala ostia mais famosa da televisión en España.

Marina Castaño (de Cela), lembrades que presentou un programa na TVG? eu teño a desgraza de lembralo. Con todo a maior parte dos seus ‘meritos’ non están profesionalmente relacionados ca televisión.

José Ramón Julio Martínez Márquez, esa estrela antisistema tan integrada na SGAE e a TV: ramoncín. (non direi nada mais, que despois demándanme)

Juan Luis Alonso, coñecido na nosa casa coma o electroduende de Salsa Rosa (descubro hoxe, con alegria que salsa rosa non existe xa)

Ana Obregón, creo que non preciso dicir nada.

Nieves Herrero, esa pioneira da carniza. O seu especial no pobo de Alcasser marcou o camiño que hoxe seguen moitos outros.

Ana Rosa Quintana, ter un negro, plaxiar e facelo de Danielle Steele todo xunto, só por iso merece o meu profundo desprezo (que suaviña andaba os días despois de que a colleran e que chea anda agora) Na súa desculpa dicir que moito rimos todos co do erro informático.

Isabel Gemío, pensabamos que estaba enlamada, mais o marrón era merda. Só a súa lenda podería facer crible certa lenda urbana.

Nunha categoría aparte queda, con momentos de grande admiración e de odio intenso Javier Sardá, por iso non o inclúo na lista de oito.

E desta volta non vou mandarllo a ninguén mais, que xa bastante fixen cos oito da primeira vez.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp