Hoxe cúmplense dous anos desde que escribín o primeiro post nun blogue chamado apocalipse do porco.
Hoxe non toca endogamia, toca embiguismo. Quedades avisados.
Non teño estatísticas de visitas no blogue de opera, as primeiras que teño son dos cinco meses que pasei no blogspot. Ainda hoxe chega algunha xente.

Estas son as estatísticas do blogue na Blogaliza, xa levo nesta casa mais de ano e medio.

Ollade na gráfica as caidas do servedor en agosto de 2006 e 2007
Os usuarios únicos desde o comezo, empalmando as dúas estatísticas foron uns 44.700 que fixeron 74484 visualización de páxinas. Tenme intrigado por que o counterize, o contador interno que ten a Blogaliza conta moitísimas mais visitas: Desde mediados de xullo de este ano 25939 visitas desde IP únicas e 85460 visualizacións totais. En realidade, todas as estatísticas non significan nada, moitas das visitas chegan detrás de ligazóns a fotos da serie Heroes ou do meu bigode. Outros grandes exitos foron as musas do blogomillo e o porno na galega.
Moito mais orgulloso estou das ligazóns coas que me agasallan xentes que teñen outros blogues. Non son un blogueiro que provoque moitos comentarios nos lectores, porén gustaríame conseguir que chegaran mais, porque os desfruto moito, pero non vou ter fillos decote, así que non vai ser doado.
lembrades estas imaxes?



Estou satisfeito do que me descubrin co blogue nestes dous anos. Nomeadamente da xente que coñecín grazas a el, mais non só iso, tamén descubrín cousas sobre min.
Sen ir mais lonxe, o blogue foi un reto para miña constancia e nunca crín que duraría tanto, e agardo que non remate ainda.
Grazas por estar aí, se vós non estivérades, eu tampouco.
chúzame -
mola máis a revelación en marróns
Parabéns e beizóns!!!
Said por homedareia 10 decembro, 2007 at about 12:00 am
…agora que hai que matar os porcos a bicos… non queda máis que felicitar esta apocalipse…
Said por dorfun 10 decembro, 2007 at about 12:04 am
O bló ‘Apocalipse do porco’ cumpre dous anos…
O bló do chuzeiro Ghanito cumpre dous anos. Dous anos de frenética actividade (o seu bló xera a metade dos _posts_ da blogaliza) nos que mercou un coche e fixo un fillo, mais por riba de todo falou de banda deseñada, concertos e todo o que lle pasa…
Rastro (Trackback) por chuza.org 10 decembro, 2007 at about 12:34 am
Parabéns por estes dous anos tan fecundos!.
Said por paideleo 10 decembro, 2007 at about 1:09 am
DENDE OS ESCOMBROS DE CONFUSIÓNS DE GROZNI, PARABÉNS E FORZA DESBOCADA PARA CONSEGUIR MOITOS MÁIS TIRÓNS DE ORELLAS!!
Said por ZIMMER103 10 decembro, 2007 at about 10:31 am
Parabéns. Grazas tamén por facernos lembrar os teus ghits, que foran caralludos
Said por Marcus 10 decembro, 2007 at about 11:21 am
Parabéns, Ghanito!
Sempre apreciei a variedade de assuntos e o bom humor deste blog, para além da extraordinária imagem que serve de identificação ao Apocalipse.
um abraço
Said por pepe 10 decembro, 2007 at about 1:15 pm
que non comentemos non quere dicir que non visitemos este blogue (bueno, quizais debería dicilo en singular!)
gracias por seguir escribindo!
Said por oko 10 decembro, 2007 at about 3:38 pm
agardamos que o futuro membro da familia ghanitez que siga deixando tempo para bloguear. Parabéns
Said por opaco 10 decembro, 2007 at about 4:21 pm
Felicidades por el blog por el niño por el coche…
¿Que sera lo siguiente?
Te estas pasando tio.:-)
Pd/Felicidades arghh no puedo parar.
Said por zeke 10 decembro, 2007 at about 4:39 pm
Parabéns destoutra lectora oculta
Sempre é un pracer lelo.
Bicos
Said por emereci 10 decembro, 2007 at about 5:26 pm
Parabéns! Que dous anos é moito máis do que parece. E graciñas por amosar as “vergonzas” de apocalipse: verdade revelada!
Said por Sak 10 decembro, 2007 at about 5:40 pm
noraboa por este aniversario. como agasallo (:D) acabo de engadirte á miña selecta lista de ligazóns (agradeceríase areciprocidade, of course).
levo tempo seguíndote pero nunca me “deixara ver”. aproveito logho para darche a noraboa polo rapás e polo debuxo da revelación do porco. dáme tanta peniña…
Said por ruben 10 decembro, 2007 at about 5:54 pm
Grazas a todos, os lectores e os comentaristas.
Estas cousas son as que mais desfruto de ter un blogue
Said por ghanito 10 decembro, 2007 at about 7:10 pm
Agora, a polo trienio!
Said por mourullo 10 decembro, 2007 at about 11:26 pm
parabéns pelos dois anos! Vim de longe e cheguei aqui não por qualquer apelo “porno” ou “musa” mas pelo nome do blog. Causou-me surpresa. Apocalipse já é a surpresa final, segundo a igreja. Do porco não imagino o que possa ser. Além do mais, sou vegetariana convicta…
Unha aperta!
Said por maray 11 decembro, 2007 at about 12:01 am
O do counterizer é un misterio, eu creo que conta as chamadas das imaxes en Google Images e semellantes…
O mellor dos blós son o churrasco e o licor café
(compartidos, of course) 
Said por ifrit 11 decembro, 2007 at about 4:00 am
[musica infantil on] Parabéns a você, parabéns a você [musica infantil off]
Said por xm carreira 11 decembro, 2007 at about 10:34 am
Pois felices, merecidos e ben documentados parabéns. É un segredo, pero moitos e moitas pirámides consultamos este blog mesmo antes de vestirnos de funcionarios o que ao mellor para ti non é ningún mérito pero para nós xa pode caer a xunta toda que si non estamos vestidos non constamos en ningún lado.
Said por apiramide 11 decembro, 2007 at about 10:49 am
Aproveito a ocasión/
para ceibar unha canción:
“Yo adivino el parpadeo
de las luces que a lo lejos
van marcando mi retorno…
Son las mismas que alumbraron
con sus pálidos reflejos
hondas horas de dolor…
Y aunque no quise el regreso,
siempre se vuelve al primer amor…
La vieja calle donde el eco dijo
tuya es su vida, tuyo es su querer,
bajo el burlón mirar de las estrellas
que con indiferencia hoy me ven volver…
Volver…
con la frente marchita,
las nieves del tiempo platearon mi sien…
Sentir…
que es un soplo la vida,
que 2(0) años no es nada,
que febril la mirada,
errante en las sombras,
te busca y te nombra.
Vivir…
con el alma aferrada
a un dulce recuerdo
que lloro otra vez…
Tengo miedo del encuentro
con el pasado que vuelve
a enfrentarse con mi vida…
Tengo miedo de las noches
que pobladas de recuerdos
encadenan mi soñar…
Pero el viajero que huye
tarde o temprano detiene su andar…
Y aunque el olvido, que todo destruye,
haya matado mi vieja ilusión,
guardo escondida una esperanza humilde
que es toda la fortuna de mi corazón”.
Said por sHs 12 decembro, 2007 at about 6:53 pm
Noraboa e sorte, amigo Apoca.
Said por arume dos piñeiros 12 decembro, 2007 at about 7:45 pm