O xoves fun á Fnac para a presentación da guía do ceo editada por lepourquoipas? e había bastante xente. Alí estaba Pawley co resto dos autores do libro.

Merquei o libro e non puiden deixar de aprezar que o seu formato, cas follas cosidas cunha espiral favorece, ademais de usala no monte, poder fotocopiala con comodidade. Será que estas xentes confórmanse con cobrar o canon?
Na Fnac estaba tamén leco co pelacho.

O libro en si penso que pode ser útil polos bos consellos para neófitos e a chea de desculpas para sair no ano 2008 a ver o ceo. Unha publicación que agrado teña sorte nas vendas e consolide a iniciativa nos vindeiros anos.
Boas festas !.
Said by paideleo 24 Decembro, 2007 at about 12:49 a.m.
Unha guía do ceo? Encántame que se vaian cubrindo estes ocos da produción en galego.
P.D: estamos a convocar unha blogoesmorga para o día 11 de xaneiro, e como no teño o teu correo convídote vía blog. Podes dicirlle á señora Colombo que se una e así comprobamos que realmente existe :p Bicos vermellos e feliz nadal.
Said by A Raíña Vermella 25 Decembro, 2007 at about 1:49 p.m.