A piques de rematar o 2007, ano de grandes mudanzas profesionais e das mellores novas persoais.
O cambio profesional, moi relevante na miña vida será unha cousa que esquecerei axiña, así que naza moru (que por certo gaña forza o de que vai ser nena).
No aspecto negativo deste ano anotarei a morte do meu padriño.
E deixando aparte estes temas vitais mais trascendentais este foi o ano no que descubrín a billarda, cambie de coche (había que lembralo, claro), coñecín ao Pelacho, establecimos o costume semanal de quedar cos amigos (ainda que fallemos as mais das veces), vivín intensamente viñetas desde o Atlántico, fun a tres festivais sen moverme moito: Festival do Norte, Lolapop e Dolorock, deixei bigode (e quiteino), cambiei o molde do blogue, empadroneime na Coruña (e votei por última vez en Vigo, non sei se votarei alí algún día), fun ver pelis con Pawley no CGAI, restaurei o meu baixo, seguín lendo banda debuxada, fun a XGN, vin a televisión menos ca nunca…
E as cousas que non son tan miñas, aduaneiros pechou despois do asunto de YC, Fanny + Alexander estrearonse ao vivo igual que Proxecto Mourente, ambolosdous acompañados de The Homens, e manos de topo editaron o seu disco como tamén saíu o Manifesto dobarrista, os tres do eixo entraron na cadea, vivimos coma galegos, dimitiu Antón Losada, naceu o chokito (e abriu blogue), Marta e Juan comezaron a súa volta o mundo (e saltaron en paracaidas!), os megaloves atronaron nun piso cos telefones rouges,…
E fixen fotos, fotos, fotos, fixen tantas fotos que paguei unha conta pro en flickr para poder subilas a mans cheas, porque tamén merquei unha cámara nova. Fixen fotos a Proxecto Mourente, a The Homens, Fanny + Alexander, Leo i Arremecaghona, a Tim Sale, a Jeff Smith, a Juanjo Saez e a moitos outros autores de viñetas, mesmo lle fixen fotos a Anxo Quintana, pero sobre todo fíxenlle fotos ós meus amigos, ós novos, ós vellos, á miña familia, á xente que quero.
O ano non acabou aí, hobo unha chea de blogoesmorga, en Compostela e na Coruña e unha chea de momentos compartidos (ou pensades que saquei as fotos nun estudio). Do que eu non falo aquí xa o contan todos os xornais, televisións e radios.
O mellor, sen dúbida saber que vamos ter un fillo, despois toda a xente marabillosa que coñecín este ano, despois o do traballo. Este ano 2007 foi moi bo, o 2008 será mellor e agardo que para ti, que les isto, tamén.
E xa sei que isto había de levar unha chea de ligazóns para estar ‘como dios manda’ e ademais quedanme atrás unha chea de cousas, pero a cea está case lista e a señora colombo reclama a miña axuda.
Que teñas un bo ano 2008. Unha aperta.
Feliz 2008 meu!
Said by Sugar Kane 31 Decembro, 2007 at about 10:19 p.m.
Ghanito «paparazzi».
Feliz año.
Said by zeke 1 Xaneiro, 2008 at about 3:10 p.m.
Moitos beixos e moita felicidade para 2008 da familia pelacha!
Said by Leco 1 Xaneiro, 2008 at about 4:15 p.m.
Igualmente.
Said by paideleo 1 Xaneiro, 2008 at about 10:56 p.m.
Si, 2007 é dos anos que nom esquecerei. Que bom lembrá-lo lendo-te. Desejo-che o melhor para o 2008!
Said by Prosciutto 1 Xaneiro, 2008 at about 11:24 p.m.
Moita felicidade para vós neste 2008!
Said by O Breogán de Gáidil 2 Xaneiro, 2008 at about 1:33 a.m.
En 2008 iremos ver tamén algún filme ao Fórum, xa verá.
Said by Martin Pawley 2 Xaneiro, 2008 at about 11:15 a.m.
Gustoume ler o teu resumo do ano. Lanzarei un desexo para este que xa entrou: que podades vir máis a miúdo ás nosas quedadas dos vernes, (hai que ir buscando un bo lugar sen fumes para que poidan vir o moru e o choquito…;) Bicos e Feliz ano!
Said by Palonsfe 2 Xaneiro, 2008 at about 9:56 p.m.
Feliz aninovo, para ti e toda a familia!
Said by elianinha 3 Xaneiro, 2008 at about 2:01 p.m.
Que sexa bó de verdade. Sorte para todos.
Said by Anxo D 3 Xaneiro, 2008 at about 3:12 p.m.
ogallá sexa así como dis. eu tamén lle teño posto o listón moi alto a 2008
Said by oko 8 Xaneiro, 2008 at about 10:01 p.m.