Desde hai un tempo o blogue vai e ven un dia si e outro non.

Desculpade polas molestias, é debido a un proceso de cambio no servedor tentando mellorar e que esta a ter indesexables efectos secundarios.

O erro que está ocorrendo é que se desconfigura o molde ou 'theme' do blogue.

Se coñecedes o xeito de poñervos en contacto comigo (sen ser nos comentarios, claro) e vedes o blogue desactivado facede o favor de avisarme, porque teño xeito de amañalo se o erro e ese.

Grazas e desculpade polas molestias.

Deixovos a imaxe de erro do twitter que a vin o outro día e gustoume. Ata para facelo mal hai clases :lol:

please_fix.png

Chuzame! chuzame -

Non, non, non vou ter un espazo na nosa terra diario na rede. Nin moito menos na edición en papel. Nin sequera lembran que teño un blogue para ofrecerme unha pequena colaboración.

Se digo a verdade, nin se lembran de min.

E logo o título era só para que lérades o resto? Podía ser, mais non.

O caso, é que hoxe estaba lendo o blogue da Regueifa e atopo que A Nosa Terra adicoulle un espazo ó boom do pop galego. O artigo é este que puxo na rede o Regueifeiro.

A vós igual non vos soan, porén eu recoñecín unha das fotos que Janite fixo dos Homens, ó que sigo teño identificado pola similitude dos nosos nomes e porque moitos dos grupos que aparecen nas súas fotografías gustanme.

A outra foto pareceume tamén moi familiar. Comprobeino e velaquí a tedes, directamente desde o meu flickr. Unha foto tirada no primeiro concerto de Projecto Mourente ca miña vella Fujfilm FinePix A303.

Está claro que eu non sempre respeto as licenzas das imaxes que poño, porén molaría moito que puxeran debaixo da foto en pequeniño, foto:ghanito.

Como eles non o din xa o digo eu e tan contentos :lol: . A ver se a vindeira...

(o de non comercial imos perdoalo tamén desta volta)

lembremos:

Chuzame! chuzame -

Estou convidado a unha festa (de disfarces) esta fin de semana e ainda non sei que vou vestir

Aceptanse suxestións e non vale iso de 'ghanito, co friki que ti és non precisas traxe'

Xa o sabemos, a coña é vestirse dun xeito distinto. Requisitos: moi barato e que leve menos de media hora preparalo.

E xa sabedes que as suxestións poden levar premio.

Chuzame! chuzame -

Según comenta no blogue a autora de http://ogrobe.blogspot.com/, desde o PP do Salnés tentan que se críe un rexistro para identificar ós autores dos blogues co seu DNI.

E deixa un enlace a La Voz de Galicia e ó seu propio blogue no que o tema queda explicado.

A miña opinión:

Procuro ser moi respetuoso co dereito á dignidade e a honra das persoas. Tamén, na medida das miñas capacidades, tento non faltar á verdade cando escribo no blogue.

Por se isto non abondara, como teño un número razoablemente pequeno de comentaristas (ainda que dea agasallos para que aumenten) podo eliminar cando é preciso os comentarios que eu entendo que son inxuriosos, calumniosos ou caparlle as ligazóns ó spam que non me fai graza (mesmo no spam hai castes).

Na miña experiencia de lector no blogomillo observo que a maioría dos blogueiros adoptan actitudes semellantes e non sería preciso ningún tipo de medida para evitar con eles ese tipo de delitos que o PP pretende evitar.

Simplemente gustamos de permanecer no anonimato ou semianonimato que proporcionan os blogues. Ós casos nos que algún blogueiro puidera violar a lei son poucos abondo como para poder denuncialos un por un se entenden que violaron a lei.

Ou habería que poñer tamén cámaras nas rúas para evitar os graffitis inxuriosos?

Se finalmente o PP consegue que se instale un Estado policial en España eu cambiarei dun servedor instalado en España a un instalado no extranxeiro, e unha vez aló non darei dado ningún para me identificar. Se entenden que cometín algún delito, que me localicen eles para denunciarme.

Porén, agardo que esa absurda iniciativa non teña futuro e que poidamos seguir opinando ca mesma responsabilidade que até o día de hoxe e sen medo a represalias mentras sigamos cumplindo a lei, como é o caso.

Chuzame! chuzame -

Non chegou con facer unha macrofesta para sacar ós blogueiros do botellón! (e mesmo do garrafón como podo dar fe polo bo mencer que me deron as copas do 14!)

Non abondou con facer que os presentes sentiran intensas emocións ó comprobar se lle tocara algo no sorteo de agasallos da festa! (ainda que ós mais deles non lles tocara nada, que aí esta a graza)

Non! Ainda hai mais!

Si, ainda que pareza incribel mantemos a mesma liña e seguimos para bingo. (lembrademe que non bote caña no café antes de escribir no blogue, que me perdo)

Besbellinha e mais eu sortearemos entre todos aqueles que (de xeito deliberado ou fortuito) comenten neste blogue ou no blogue beliscos pequenos desde hoxe e até o día 3 de febreiro inclusive. E non vou mirar moito o tema da hora, se acertades o reloxo pola hora portuguesa vale, porén non valerá se tomades como referencia Bariloche ou Sâo Paulo. Ainda que tanto ten, supoño. Todos os que non puidéchedes vir á festa xa tedes a resposta ás vosas peticións: sorteamos agasallos para todos!

O caso é que entre os que comentedes sortearemos un CD de música Creative Commons escolmado polo noso amigo common boy, dous Cd de AlDDao, e un exemplar de Proxecto Identidade o libro parido por moitos dos membros do blogomillo e que tamén ten licenza creative commons.

O caso é que todo o que sorteamos está xa na rede e ademais de balde que exercemos de comuneiros até para agasallar pero este sorteo pode ter éxito por dous motivos:

1º Todo o que é de balde encántanos, ainda que despois teñamos dor de bandullo, ollade aí para as vodas e as 'barras libres'

2º Non creo que perderades totalmente o pracer fetichista de ter os discos e sobre todo dos libros na vosa man.

Cada blogue repartirá dous agasallos (non sei ainda cales) entre os seus comentaristas e despois fara chegar por correo ou na man o premio ó afortunado. Se tedes o costume de deixar un enderezo de correo falso nos comentarios igual podíades cambiar o costume por un par de semanas, porque dese xeito xa nos poderíamos poñer contacto cos gañadores. Senon, é traballo voso o contactar con nós unha vez premiados.

Se tedes algunha dúbida deixade un comentario preguntando e así xa entrades no sorteo.

Mais nada, sorte a todos e lémonos.

Chuzame! chuzame -

O outro día, contando o que pasara na festa botei unha chea de tempo e, coma tantas veces ocorre, quedaronme cousas atrás.

Cousas que tiña pensado poñer por escrito nun primeiro momento pero esquecinas co paso do tempo que botei escribindo (mais longo do que parece cando se lee).

Ocorreme con moita frecuencia, pero neste caso, como teño o blogue da besbellinha para facer memoria vexo que esquecín agradecerlle a moita xente.

Porque a ninguén lle gusta montar algo e que non lle vaia ninguén. Tanto ten que sexa unha festa de aniversario que unha voda. Coa excepción da voda de Lolita Flores 'si me quereis a mi, marcharse. Si me quereis algo, irse!'.

Por iso quedo en débeda (destas cousas que se din e despois esquécense) con todos os que viñeron de lonxe (si, opaco, ti o que mais :P ) e tamén cos que viñeron desde mais perto e fixeron un oco no seu tempo esa noite ainda que fora só para saudar. E aqueles amigos que non fan parte do blogomillo e pensan que somos todos uns frikis (canta razón!) e con todo asistiron. Para os que me saudaron e non me decataba nun principio de quen era, xa atopei ó duende (mesmo descubrin que xa lle lera o blogue algunha vez) e non sei quen carallo era Dabinho (ainda que pode que lle fixera fotos e todo, podedes buscalo nas fotos que fixen que xa subín todas. E tamén nas de ifrit, Jan e besbellinha).
Coa de pinchas que non puideron poñer música por un ou outro motivo decatámonos do importante que é para a festa que a música sexa axeitada, ainda que quedarades con gaña de mais o certo é que o favor o faciades vós. Dobremente no caso de Uxio Ictioscopio que fixo parte dos agasallos. Coma tamén os trouxo Lucía (en agradecemento editei a wikipedia :P ).
E a xente do 14! mil grazas por acollernos, abofé que non podíamos ter escollido un local mellor para facer a festa.

E naturalmente, a besbellinha, un apoio inmellorable cando se trata de facer que a xente vaia de blogoesmorga.

Moitas grazas a todos e remato cun desexo convertido en pregunta: de hoxe nun ano?

Chuzame! chuzame -