O venres 18 tedes unha cita ineludible ca noite blogomilleira.

A blogoesmorga estará unha vez mais na Coruña no pub 14!, en orillamar.

Os blogues beliscos pequenos e mais apocalipse do porco decidiron unir as súas forzas cunha boa causa: a festaaa!

Non vai estar Pocholo, así que precisaremos de ti para que a noite estea completa. Contaremos ca música que pincharán algúns dos mellores djs da Galiza, que casualmente tamén fan parte do blogomillo e das nosas axendas de contactos e os que se porten ben pode que marchen con algunha sorpresiña.

Para os que ainda non coñezades o 14!, probablemente sexa un dos mellores locais de Galicia, e esa noite non haberá ningunha dúbida, será o mellor.

Se liches isto xa estaś convidado, e se cho contaron, tamén.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google