Xa pasou un día enteiro da festa, porén haberá de pasar ainda moito mais para esquecela. Ou se cadra abondará con montar outra que sea ainda mellor.

Ollar dentro do 14! onte era coma navegar polo blogomillo facendo só visitas interesantes. Agora ven o pior de facer estas crónicas, a relación de ligazóns ós blogues da xente que aló estaba. Mais antes diso lembremos a algún dos que non estaba.

Dj Mourente xa tiña comprometida a participación, cando volveu subirlle a temperatura e debeu quedar na casa. Dj Pezunhitas quixo demostrar o ben gañado que ten o seu nome e meteu a zoca até o xeonllo pensando que a festa era o sábado 19 e non o venres 18. Como había 6 persoas previstas para poñer música non había demasiado problema. Con todo pasamos un momento de tensión cando Dj Helena dixo que igual non podía vir. Chegaría a música que traían 3 para encher o oco de 6? Ó final Helena chegou e ademais non houbo problema coa música.

E quen estaba aló para escoitar a música? Pois ademais dos catro dj: Sak, Sugar Kane, Helena e ictioscopio boa parte do blogomillo, como xa dixen: Breogán, que chegou con Jan e Marcus,

Opaco, que eu atopei na porta con Dorfun (estupendo xeito de entrar na festa),

Calidonia, que disque compartíu coche con Goretoxo, Pawley, que estaba a falar con Pereiro cando cheguei e con alguén mais (que xa me volverá a explicar outro día quen era
Alfonso Pato (un dos argallantes do festival de Cans)

Lourixe, cun amigo, Zerovacas, que aportou a molesgae (o moleskine da SGAE) reconvertido a libro de visitas (si coma os dos funerais, pero sen a cruz fora e a cambio cunha foto da mole da SGAE)

a rapaza do arco, a raiña vermella, Mario,(a estás alturas xa empezaba a compensar facer a festa en Santiago e non na Coruña) o pastor eléctrico (ao que non coñecía mais que de coñecidos comúns no LastFM), moucho branco

mourullo, ifrit(con garabata), Modesto, Alfredo,que veu representando á familia que deixou con febre na casa,

Rosa, Gustavo Harvey, Juanma, Brenlla, Lucía Aldao e supoño que estarei esquecendo a algún mais.

As xentes de corublogs estiveron representadas por Meig Crítica, Lord Max, Rosa, Nekromant,(Carmen non atopou quen lle quedara ca nena e non puido vir).

E non viñan á festa, pero tamén estiverón no 14! o cantante e o batería de nouvelle cuisine.

Ademais de todos os anteriores estivo tamén Brigantium ca súa muller, Mati, que veu cunha amiga, Nacho e mais xente que non coñecía e agora mesmo non podería repetir os seus nomes por moito que o tentara (Prometo incluir nomes e desculpas para todos os que se identifiquen :) ) coma a e Leticia, a antiga bolseira do ER.

Hoxe estou compadecendo ós redactores da páxinas en branco e negro do ¡Hola! ainda que eles non teñen que poñer ligazóns :lol:

Ó principio a xente non estaba comendo as empanadas, porque esa era a sorpresa que tiñamos gardada. Non quixemos dicirlle á xente que a tiñamos, non fora ser que viñeran mal ceados e non chegaran as 5 empanadas para todos. Ós poucos a xente foi comendo e ó final acabaron con elas, igual que coas bolachas que levamos coma unha pequena coña moi friki (igual que cear queixo de cabra no Tren antes da festa, eses vellos tags chuceiros).

Durante a festa besbe mais eu fomos repartindo unha chapas dos dous blogues que preparáramos e tamén un número para participar nun sorteo e a iso das 2 e pico (non sei moi ben a hora porque non estaba eu para moito controlala). Os premios do sorteo eran uns cd gravados por Ictioscopio con música CC e cun deseño da capa exclusivo feito por el mesmo, outros do disco de AlDDao, o novo proxecto de Lucía Aldao con Diego Delicado que ela mesmo nos trouxo na man tamén e sorteamos exemplares de Proxecto Identidade, un libro colectivo xurdido do blogomillo que ainda non está rematado e que enviaremos por correo ós afortunados.

O sorteo deixoume algo perxudicado da gorxa, porque non había micro e berrei coma un condenado para que a xente me escoitara, ademais nese momento empecei a ser consciente ós poucos de que estaban hinchandome os pes pero o efecto anestésico do alcohol fixo que para cando me decatei de todo xa estaba coxeando pola dor nas unllas. Pero iso foi xa no Velvet, de onde marchei compartindo un taxi con mourullo (ó redor das seis?)

E leo no blogue de besbe que estivemos no Patachim (se ela o di eu non o vou negar ainda que non o lembre) (acabo de ter un flash-back de verme entrar no Patachim e ver alí a Tucho o dos Tonechos e algún chuceiro cóntame que pediulle a Alfonso Pato que lles fixera unha foto con el :lol: ) antes de disgregarnos no Velvet. Moitos dos compostelanos viñeran en tren e quedaban agardando unha horiña mais para coller o tren de volta.

A festa estivo moi, moi ben, porén ainda se pode mellorar. A ver se a próxima.

Pouco a pouco irei poñendo mais fotos, pero se queredes tedes xa fotos no flickr de besbe e un post no seu blogue.

Chuzame! A Facebook A Twitter