Non chegou con facer unha macrofesta para sacar ós blogueiros do botellón! (e mesmo do garrafón como podo dar fe polo bo mencer que me deron as copas do 14!)

Non abondou con facer que os presentes sentiran intensas emocións ó comprobar se lle tocara algo no sorteo de agasallos da festa! (ainda que ós mais deles non lles tocara nada, que aí esta a graza)

Non! Ainda hai mais!

Si, ainda que pareza incribel mantemos a mesma liña e seguimos para bingo. (lembrademe que non bote caña no café antes de escribir no blogue, que me perdo)

Besbellinha e mais eu sortearemos entre todos aqueles que (de xeito deliberado ou fortuito) comenten neste blogue ou no blogue beliscos pequenos desde hoxe e até o día 3 de febreiro inclusive. E non vou mirar moito o tema da hora, se acertades o reloxo pola hora portuguesa vale, porén non valerá se tomades como referencia Bariloche ou Sâo Paulo. Ainda que tanto ten, supoño. Todos os que non puidéchedes vir á festa xa tedes a resposta ás vosas peticións: sorteamos agasallos para todos!

O caso é que entre os que comentedes sortearemos un CD de música Creative Commons escolmado polo noso amigo common boy, dous Cd de AlDDao, e un exemplar de Proxecto Identidade o libro parido por moitos dos membros do blogomillo e que tamén ten licenza creative commons.

O caso é que todo o que sorteamos está xa na rede e ademais de balde que exercemos de comuneiros até para agasallar pero este sorteo pode ter éxito por dous motivos:

1º Todo o que é de balde encántanos, ainda que despois teñamos dor de bandullo, ollade aí para as vodas e as 'barras libres'

2º Non creo que perderades totalmente o pracer fetichista de ter os discos e sobre todo dos libros na vosa man.

Cada blogue repartirá dous agasallos (non sei ainda cales) entre os seus comentaristas e despois fara chegar por correo ou na man o premio ó afortunado. Se tedes o costume de deixar un enderezo de correo falso nos comentarios igual podíades cambiar o costume por un par de semanas, porque dese xeito xa nos poderíamos poñer contacto cos gañadores. Senon, é traballo voso o contactar con nós unha vez premiados.

Se tedes algunha dúbida deixade un comentario preguntando e así xa entrades no sorteo.

Mais nada, sorte a todos e lémonos.

Chuzame! chúzame -