Tiña pensado falar o outro día das eleccións nos EUA e en España e reflexionar sobre as distintas campañas electorais.

Como semella que as primarias demócratas son unha desas finais anticipadas que ás veces enfrontan ós dous rivais mais fortes antes de chegar á final (o tempo dirá se acerto con isto ou Mr Potato gañará o asalto final)

Daquela mencionaba o video da rapaza co que por vez primeira oín falar de Obama hai xa mais de medio ano.

Para min, se gaña Obama será, igual que Kennedy foi o primeiro que tirou partido da televisión, o primeiro presidente dos EUA que aproveite a rede 2.0.

Hoxe estiven vendo as contas de twitters de Barack Obama e Hillary Clinton. É claro que as dúas contas son actualizadas polas equipas de campaña, porén a de Obama disimula mais.

osdous.jpg

E iso sen pararnos moi polo miudo, cal das dúas semella unha conta dw twitter 'de verdade'?

detalles.jpg

Como diría enjuto mojamuto, o tema do following éo todo no twitter.

Desta beira do Atlántico ainda non están moito para cousas distas. Se os debates non son debates e non hai moito programa neles (mais ben nada) xa non lles podemos pedir cousas do século XXI.

Os americanos, con todo o malo que teñen, consideran os cargos públicos coma as maxistraturas romanas. Son un servizo público que da lustre ó curriculo e o acceso á politica é moito mais aberto do que aquí.

Alí hai que ter un lote de cartos, pero non tes que formar parte do aparato do partido. E ademais pode postularte coma candidato por calquera dos partidos maioritarios e se és quen de montar unha boa campaña (para o que necesitarás cartos,  e moitos) podes chegar á xefatura do Estado.

Aquí tes que pasar moitos anos na guerra suxa interna dos partidos para ir subindo e cando chegas arriba nunca saberemos a quen lle debes os favores ti ou o teu partido.

Ao final, con todo eles van ser mais transparentes. Por iso alí a rede pode funcionar na política e aquí non.

Nos EUA, algo tan contestado polos electores e con tan pouca contraprestación coma é o do canon nunca sairía adiante. Aquí como somos parvos, si. Deixamos que mexen por nós e non dicimos que chove, dámoslle cervexa para que non paren.

Xa empezou a chegar correo electoral á miña casa. Desta volta votarei na Coruña. E porque pasou o prazo, senon votaría o mesmo ca Escolar.

Chuzame! chuzame -

Isto é publicidade. Desculpade por ser tan burdo, mais como o fago de balde igual teño desculpa.

Turuto vende o seu portatil. Un macbook 15" Intel Core Duo 1.83, RAM ampliada a 2Gb, cor branca, HD 80Gb e unidade superdrive.

El di que está moi ben coidado e eu sei que coida moito as súas cousas.

Se vos interesa véndeo por 1.000 ouros que disque é un chisco menos do que o valoran en mac2sell

o portatil está en Vigo.

Se vos interesa, ide á súa casa.

Chuzame! chuzame -

Hai un tempo tentara ver Weeds ca señora Colombo, porén non lle entrou polo ollo e no momento non vimos a serie.

Normalmente vexo televisión (chegue polo ar ou pola rede á miña casa) só con ela, polo que tampouco a vin eu só.

Outra serie á que a señora Colombo tardou en darlle unha segunda oportunidade foi The Sopranos, polo que ainda hai esperanza para ela con weeds. Eu cansei de agardar a que se decidira e vin as tres temporadas seguidas só.

Fronte a series coma 24 que repite un esquema semellante unha e outra vez agradezo que esta serie vaia evoluíndo en cada tempada conforme Nancy Botwin vai desenvolvendo a súa carreira profesional.

weeds.jpg

Se non tes a menor idea de que vai a serie eu diría que é unha mestura entre the Sopranos (a un nível mais modesto) e desperate housewives. A historia dunha viuva que decide vender maría para manter o nível económico.

E se xa coñeces a serie igual non viras estes videos de Good Morning Agrestic que Showtime e a CBS puxeron nas súas canles de youtube (en inglés sen legendar)

O primeiro

A páxina da serie está moi ben feita, ben deseñada, chea de contidos e moi web 2.0 ca intención de criar comunidade ó redor da serie, mesmo ten unha wiki.

Por certo, estou a favor da despenalización da venda e do concumo público do cannabis, porén non son consumidor habitual do mesmo :P

Chuzame! chuzame -

A señora Colombo está de baixa.

Leva xa uns días con contraccións, así que para evitar que a moruncha poida nacer antes de tempo vai deixar de traballar e acougar.

Ademais quedou na casa dos seus pais porque alí está mais controlada polo médico.

Despois de andar un tempo preocupada porque non lle facíamos moito caso co das contraccións agora está mais calma porque xa a víu o xinecólogo e deulle a baixa e os coidados médicos que precisa.

Non ha de ser nada, porén deixoume algo intranquilo o tema. Por sorte está en boas mans.

Non ter que ir traballar e seguir cobrando non sempre é unha boa nova :(

Chuzame! chuzame -

Esta semana foi bastante boa. Ainda que no choio semella que anda todo algo parado hai perspectivas de que vaian saindo unhas cantas cousas.

E a nova estrela da semana foi que xa retornou á casa o meu PC. Despois de moitas semanas de recuperar o portatil coma unica ferramenta informática xa tiña gañas de pasar dos escasiños 512Mb de RAM de volta ós 2Gb. A diferenza nótase moito.

A reparación, ainda que estivera tanto tempo agardando, foi cousa de unha semana. O mercores da semana pasada leveino a PC Box na Coruña e onte déronmo de volta cunha placa nova. Da que se deberon facer cargo eles e non ASUS, porque a nova é unha GIGABYTE. A verdade é que foron rápidos, eficaces e agradabeis. Houbo un pequeno momento de tensión porque na tenda de Vigo non atopaban a factura, só daban cunha factura dun disco duro que eu non lles mercara na vida.

Cando xa chamaba para lembrarme da súa nai e algún outro ascendente se era preciso eles atoparan o erro e o correxiran. O disco duro era unha factura do meu irmán semita que atoparan ó pescudar só polos apelidos.

Hoxe, xa metidos en remover tripas cambieille a fonte de alimentación por unha mais potente e cun ventilador algo mais silencioso (ainda así fai un ruido do carallo).

Onte pasei varias horas instalando o Ubuntu, actualizacións e software vario, porén tiven tempo de seguir vendo a 6ª tempada de 24 ca señora Colombo (tenme cheo xa Bauer, estou canso de ver tantas veces a mesma historia repetida, xa fede).

E nada mais, a lúa chea é moi fermosa e mañá se cadra irei ó concerto de La casa azul na Coruña, desculpen pola inexistencia de ligazóns, e xa nos veremos.

Chuzame! chuzame -

Disque a uns desenvolvedores web cataláns ocorreuselles a idea de impedir o acceso con internet explorer ás súas páxinas o día 4 de marzo, o día 403. A mensaxe de erro do servedor é a 403, de aí a escolla da data. ascarida introducíu a idea no blogomillo e opaco colaborou a espallala.

Ainda que cada día é menos frecuente atopar páxinas nas que non se pode entrar se non se emprega ie ainda é o navegador mais empregado na rede. Ainda que haberá xente que o prefira con coñecemento das alternativas a grande maioría emprega o ie por descoñecemento, ou coma é no meu caso no traballo, por imposibilidade de instalar outro nun entorno empresarial que restrinxe a instalación de software ó departamento informático.

Ollade as estatísticas das últimas 500 visitas a este blogue:

navegadores.jpg

O 60% emprega ie, pero decatádevos de que o 29,6% non actualizou á última versión e segue ca 6.0 que é famosa polas súas eivas de seguridade. Comparade iso co 31,4% de usuarios que emprega Firefox 2.0 fronte o só 1,2% que quedou na versión 1.5. Os usuarios de firefox saben que actualizar a versión pode ter vantaxes, están acostumados a instalar extensións que engaden funcionalidades ó navegador desenvolvidos por calquera, non necesariamente por unha compañía.

E non pensedes que todos estes usuarios de firefox empregan Linux ou algún sistema operativo exótico.

so.jpg

O 83,6% dos meus distinguidos visitantes emprega windows en algunha das súas variantes.

Alternativa ó explorer ademais das que podedes ver nas estatísticas recoméndovos tamén o flock, derivado do mozilla igual co firefox e que está pensado para a xente que fai parte en redes sociais. Eu useino hai atrás porque inclue unha aplicación para engadir fotos ao flickr e pareceume ben xeitoso.

Querido 60% dos meus amigos, NON me veredes no 4 de marzo se persistides neses malos costumes que tedes. E ós que ademais empregades o ie 6.0 cando menos cambiade ao 7.0 porque ides ter un disgusto calquera día.

O engadido do Wordpress que vos impedirá acceder ó meu blogue foi desenvolvido por Choan e instalado polo goretoxo na Blogaliza.

Chuzame! chuzame -